22/12/10

Reunión Club de Lectura: Almogávar sin querer

Este libro resultou ameno e serviunos para saber algo máis dos almogáraves, que eran mercenarios ao servizo da coroa de Aragón que participaron nas loitas contra os turcos no antigo Imperio de Bizancio.
Na reunión non eramos moitas/os porque estivemos moi liados cos exames da primeira avaliación e non houbo demasiado tempo dispoñible para a lectura,  pero si foron interesantes os comentarios sobre a estrutura do libro, como é importante entendela para interpretar ben o que se conta. Salientouse tamén o acerto da ambientación,  que reflectía claramente as diferenzas sociais existentes na Idade Media, un pobre almogávar como o protagonista,Garcés, non podía aspirar ao amor dunha nobre nin sequera a saber ler ou escribir . Aparecen oficios e outros aspectos da vida cotiá que conseguen trasladarnos ao século XIV. Unha boa lectura en definitiva.