23/11/10

Almogávar sin querer

Este libro de Fernando Lalana está ambientado na época dos almogáraves, guerreiros procedentes de Cataluña e Aragón que participaron nas guerras de conquista en territorio do antigo Imperio de Bizancio contra os turcos. Tiñan fama de ser terribles e letais, esmagando a aqueles cos que loitaban, especialmente un grupo liderado por Roger de Flor. Neste contexto aparece un mozo que se resiste ao destino que lle teñen preparado por tradición: non quere ser guerreiro nin loitar en ningunha guerra. ¿Conseguirá impoñer o seu criterio e a súa ansia de liberdade? Para sabelo, teredes que ler esta novela con trasfondo histórico, que recolle tamén unha curiosa historia de amor imposible.

9/11/10

Compartindo lectura: O lobishome de Candeán

Este libro en xeral gustou por tratarse dunha lectura fluída, amena, co aliciente de estar ambientada en zonas próximas a Baiona. Aínda que o final non convenceu a varias/os lectoras/es porque se resolve demasiado rápido e hai algúns personaxes e situacións que quedan incompletas.

8/11/10

Primeira reunión do Club de Lectura Lerias

Falamos de Pel de lobo alumnas de 2º ESO e 2º Bacharelato e algúns/algunhas profes. As opinións foron diversas e non todas favorables. Lembrade que o próximo martes 9 de novembro reunímonos para intercambiar pareceres sobre O lobishome de Candeán.