2/7/18

Grazas por compartir as vosas lecturas!

Pero o mellor do Club de Lectura do IES Primeiro de Marzo sodes todos aqueles e aquelas que estades dispostos/as a ler para aprender, para divertirvos, para compartir as vosas lecturas e pasar momentos agradables falando de libros.
                                                           GRAZAS!


















Tesouros da literatura medieval: O Pergamiño Vindel

Aproveitando a oportunidade única de contemplar o Pergamiño coas cantigas de Martín Códax , visitamos a exposición no Museo do Mar de Vigo, adentrándonos no contexto histórico no que se escribiu. Oportunidade única da que tamén gozou o noso Club de Lectura.







Vinte mil leguas de viaxe baixo os mares de Jules Verne

Boas traducións de Baía (versión adaptada marabillosamente ilustrada) e de Irindo. Un clásico cuxa lectura puidemos gozar en galego e que espertou o interese por esta novela de aventuras entre varios/as dos alumnos/as do Club.
Un estupendo colofón á lectura foi a viaxe coa cámara subacuática do Nautilus, que nos amosou e nos fixo intuír algúns dos misterios subacuáticos da Ría de Vigo e das súas bateas.




















Os Megatoxos e a batalla de Rande de Anxo Fariña.


Escollemos esta lectura, xunto con Vinte mil leguas de viaxe baixo os mares de Jules Verne,  porque nos embarcamos nun emocionante roteiro literario a bordo do Nautilus, capitaneado pola tripulación de Ocean Secrets, que nos falou da Batalla de Rande, da riqueza da Ría de Vigo e das pegadas da viaxe do propio Jules Verne por esta ría.                     Para repetir!!!
 Despois visitamos a exposición sobre Jules Verne no Museo MARCO de Vigo







1/7/18

Os nenos da varíola de María Solar.

Aproveitando a posibilidade ofertada pola editorial de asistir a unha charla científico-literaria, decidimos ler esta novela, que resultou ser un dos libros que xerou maior número de críticas positivas. A pesar de ser unha lectura con pouca acción, interesou por tratar un tema de divulgación científica descoñecido pola maioría dos lectores, a través duns personaxes moi ben construídos e contextualizados.