7/12/14

Visita ao Culturgal

O venres 5 de decembro deprazámonos a Pontevedra para visitar o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, que se ubica no Pazo da Cultura desta cidade. Pasámolo moi ben, xa que ademais de participar en actividades que nos ofrecían nos diferentes postos da feira, tivemos una charla moi amena con Anxo Fariñas, autor de Os Megatoxos, entre outros libros.
Decatámonos de que hai moitas novidades editoriais en galego, soubemos de grupos de teatro, de monicreques,de gastronomía, vimos cerámica e artesanía e mesmo falamos pola Radio Galega e saímos nos informativos da Televisión de Galicia.
O próximo ano repetiremos a visita. Paga moito a pena!

Lembrade que o próximo xoves 18 de decembro, xusto antes das vacacións de nadal, quedamos para falar das próximas lecturas e da visita do escritor Caride Ogando ao noso instituto. Vémonos!

Retomamos as actividades do Club de Lectura

Comezamos un novo curso e xuntámonos na biblioteca para proxectar as primeiras lecturas deste 2014-15. Imos empezar con O gran reino de Eduardo Santiago e despois leremos Exogamia e Endogamia de Caride Ogando. Este autor reunirase con nós o 15 de xaneiro de 2015. Será estupendo!