Este libro do escritor Mark Haddon é a nova proposta para o club de lectura. Non te asustes, o libro foi escrito en inglés e se te ves con forzas podes lelo no seu idioma orixinal, senón non hai problema, podes elixir entre a traducción ao galego ou ao castelán.
Non esquezas deixar o teu comentario sobre o libro aquí no blog, e participar na reunión do club de lectura.
¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA!
Aida Valverde Cabaleiro 2º Bach
ResponderEliminarO libro "O curioso incidente do can á media noite" é moi entretido para ler, ademais de sinxelo e cun ton de humor e misterio que enreda e anima a calquera a lelo.
A historia empeza coa investigación por parte do protagonista, Christopher, da morte de Wellington, o can da súa veciña; e ao longo da cal descubrirá algúns segredos familiares que o seu pai lle escondera.
Christopher é un rapaz distinto ós demais.É un neno algo autista, que ten unha intelixencia privilexiada (sobre todo para as matemáticas) e certas peculiaridades na súa vida; como é o feito de que non lle guste a cor amarela e a marrón porque lle dan mala sorte, que sexa moi escrupuloso, que non lle gusten os lugares onde hai moita xente nin o contacto físico, etc.Ademais o rapaz ten como mascota unha rata chamada Toby, que leva a todas partes; e só ten unha amiga na escola, Siobhan.
El vive co seu pai, quen mantén unha valiosa paciencia co seu fillo e sácao de tódolos líos nos que se mete; pero cando Christopher descobre ó asasino de Wellington e que o seu pai lle mentiu sobre a súa nai, decide coller un tren e marchar a vivir a Londres con ela, e empezar así unha nova vida.
O libro, en xeral, é orixinal e distinto a tódolos demais, tanto á hora de ler como na súa estrutura e debuxos(emoticóns); como é no caso dos capítulos, que están numerados seguindo os números primos. Recoméndoo a todo aquel que queira algo fácil, divertido e distinto de ler.
Beatriz González Pérez 2º A Bach
ResponderEliminarEu recomendaría esta lectura porque me parece verdadeiramente interesante e ademais trata un tema que non é moi habitual na nosa literatura . Conta a historia dun neno que ten problemas para relacionarse porque sofre autismo . A pesares dese problema Christofer , que é como se chama o neno , leva a cabo unha investigación para saber quen foi o asasino de Wellington , o can da súa veciña a señora Shears . A raíz desa investigación descobre aspectos da súa propia vida que ignoraba e incluso chega a rexeitar o seu pai por mentirlle acerca da súa nai , que non estaba morta coma seu pai dicía senón que vivía en Londres con Roger , tras fuxir da casa por non aturar a situación familiar . Tamén lle oculta nun principio que foi el quen matou a Wellington , pero máis tarde acaba confesando . Ante o temor que sente Christofer do seu pai , foxe a Londres só , sen máis compaña que a da súa rata Toby para vivir coa súa nai . Coa chegada de Christother a situación da súa nai cambia radicalmente e volve a Francia con Christofer , onde se instalan nunha habitación alugada . O libro mostra como unha persoa con discapacidades psicolóxicas é capaz de aprobar un exame de matemáticas de bacharelato e mesmo chegar a Londres superando moitos obstáculos .
É unha lectura que recomendo encarecidamente, principalmente polo tema que trata e a perspectiva dende a que o trata, posto que as dificultades moitas veces se superan se algo se desexa con moita forza .
Paula Fernández Acevedo.
ResponderEliminarEste libro está narrado por Christopher, un neno de 15 anos, este sofre autismo aínda que non aparece explícito no libro. É moi intelixente nas matemáticas e ciencias, vai a unha escola especial aínda que a el non lle gusta chamarlle así. O neno non entende o comportamento das persoas, ten medo ós lugares que non coñece, odia as cores marrón e amarela e encántalle o vermello.
Christopher vivía co seu pai xa que segundo o seu pai, a súa nai morrera.
Un día encontra o can da veciña morto, decide investigar que foi o que pasou e as anotacións ponas nun libro, este encóntrao seu pai e escóndello. Un día, en busca do libro, atopa unhas cartas da súa nai co que confirma que non estaba morta e fala co seu pai e dille que el matou o can da veciña. O rapaz marcha en busca da súa nai. Despois preséntase a un exame de acceso a bacharelato,vai vivir coa súa nai e entra na universidade.
Este libro recoméndoo, gustoume moito, foime moi doado de ler.
Monse Soliño Martínez club de lectura
ResponderEliminarO libro gustoume moito porque é totalmente diferente ós libros que teño lido tanto no tema coma os personaxes, a distribución dos capítulos, pero sobre todo as imaxes porque dinamizan a lectura.
É diferente ós outros libros porque non te podes identificar co protagonista xa que é especial polo que sempre sorprenden as súas reaccións violentas.
O libro comeza introducindo o asasinato do can da veciña e logo pasa a relación entre os protagonista e os seus pais. O neno pensa que a súa nai está morta polo que vive co seu pai. Cando comeza a investigación sobre o can, o lector pódese anticipar varios sucesos antes de que o neno os entenda.
O que máis me gustou do libro é que son sorprendentes as reaccións do neno: tanto se pon a chorar como a berrar ou ameaza alguén coa súa navalla ou dándolle un golpe. Ademais é moi inocente,intelixente a pesar de ser especial e consegue os seus propósitos con esforzo.
O que non me gustou e que algúns capítulos fanse algo pesados porque se reitera.
MARCO FERRETE FERREIRA (2ºB BACH.)
ResponderEliminarNa miña opinión trátase dun libro moi interesante xa que nos fala dun neno que é autista, aínda que o autor non o exprese directamente no libro, e sen embargo fai alusións a que está nun colexio especial que nos fan comprender que realmente o é.
Realmente a investigación sobre quen matou ó can é un tema secundario xa que é grazas a iso polo que sabe que a súa nai segue con vida (e considero a busca desta como algo máis importante).
Este neno a min sorprendeume moito, porque é un rapaz que non lle gusta ter trato coa xente e asústase con facilidade ate se alguén lle fala pola rúa e máis aínda se o chegan a tocar (e quen o toque corre o risco de levar un golpe ou un navallazo) pero vese no libro como o neno é capaz de enfrontarse ós seus propios medos por conseguir o seu propio obxectivo.
Ademais creo que habería que destacar a tremenda intelixencia do mozo, que aínda sendo autista ten unha mente privilexiada, ás veces resolvendo problemas matemáticos presentados no libro que a min me custou o meu tempo chegar a comprender. O neno tamén utiliza a lóxica para escribir algúns temas nos que fala da mente e chega ás súas propias conclusións.
En conclusión, pareceume un libro moi ameno, de lectura sinxela e cun vocabulario nada complexo e que podería comprender todo o mundo.
Denisse Estévez González 2º Bach. A
ResponderEliminarÉ un libro que me chamou moito a atención. Lino non tanto polo que me atraese o argumento, senón porque era o recomendado polo club de lectura. Pero a verdade e que me sorprendeu e gustoume moito. O principio do libro pareceume gracioso e divertido pero canto máis vas lendo, dáste conta de que non só é o simpático que é, senón que transmite outra mensaxe diferente. Gustoume tamén porque agora entendo máis ás persoas que teñen autismo e iso paréceme moi interesante. É un libro diferente a calquera outro e recomendaríallo a todo o mundo xa que ademais é moi entretido e moi divertido. Cristopher, que é o protagonista, é o que sofre autismo e ten un comportamento totalmente diferente ó que nos coñecemos, e actuacións que véndoas dende seus propios ollos resultan completamente correctas e do máis normais. Considero o libro como un moi bo libro e léndoo non se vai perder o tempo xa que ademais de ler, aprendes.
Iria Cortés Fernández
ResponderEliminarPareceume un libro moi entretido e moi fácil de ler, xa que dende o principio colles a historia e non podes para de ler.
O neno,Christopher Boone, ten certos problemas de comportamento, por exemplo non pode estar nun lugar con moita xente, non o poden tocar fortemente...pero é unha persoa como outra calquera con sentimentos.
Acusano de matar ao can dunha veciña. Wellington, pero el non o fixo e tenta averiguar quen foi, pero o seu pai non o deixa(ó final descóbrese que foi o pai o asasino)A súa nai morreu(iso dille o pai) pero a verdade é que se foi cun veciño o señor Shears e o rapaz, ó sabelo, foina buscar porque xa non confía no pai.
Christopher é moi bo en matemáticas polo que vai presentarse ó exame de bacharelato aínda que está nunha escola especial, porque el quere estudar matemáticas e física.
É unha historia moi entretida dende o punto de vista do rapaz xa que é a profesora quen lle manda escribir todo.
A calquera que lle gusten as historias recomendaríalle o libro xa que é moi entretido e moi divertido.
José Fernández Fernández
ResponderEliminarO libro proposto para comentar gustoume moito pola súa orixinalidade e sobre todo polo personaxe principal da historia. O relato cóntase como un asasinato sen resolver dun can aforcado que era moi amigo do protagonista Christofer, un neno cun problema de autismo pero que é feliz e é moi bo nas matemáticas, tanto que a base destas resolve o misterio con moita lóxica. O personaxe do pai tamén é moi interesante xa que se descobre que el é o asasino, por que tíñalle celos do can da dona da que estaba namorado, ademais finxe que a súa muller morre e engana ó fillo xa que aínda vivía.
É un libro que che fai pensar sobre as persoas con problemas especiais e no que se demostra que poden facer moitas cousas e non deben de limitarse e poden facer labores sociais e ata sacar o bacharelato. É un libro estupendo e, aínda que é longo, é moi fácil de ler.
JESÚS PILARTE VILAR 2º Bach
ResponderEliminarA min este libro pareceume moi interesante.Foi un dos libros que lin en galego que máis me gustaron.É moi interesante e non é un deses libros que comezas a ler e abúrrente, senón que cada páxina que les engánchate. O personaxe de Cristopher é un neno de 15 anos de idade...que é o que fai que o libro sexa así de interesante. Hai escenas que me chamaron moito a atención como cando se descobre que o pai non lle conta o das cartas que lle envía a súa nai, como o pai lle di a cristoper que foi el quen matou o can (wellintong).
Eu recomendo este libro, parece moi longo, pero facilmente o podes ler nun día porque é moi ameno. E ademais, cando empezas, non podes parar.Tamén me pareceu un pouco mal o que lle fixera a nai, que marchara con outro para Londres. E tampouco me pareceu ben que o pas non lle dixera nada disto e que o enganase dicindo que morrera a causa dun infarto.
Eva Pérez Costas 2º Bach
ResponderEliminaro libro gustoume moito, é un libro moi misterioso e entretido. Recoméndollo a calquera persoa de calquera idade.
o que non me gustou do libro foron todas as descricións que facía o protagonista, como que me agoniaba un pouco que explicase todo con tantos datos e repetira tanto as cousas.
o libro en si gustoume, sobre toda a historia, que parece que vai sobre un can e, en verdade, detrás hai outra historia moito máis interesante.
Personaxes:
-Pai: non me gustou que por rabia á súa muller matara o can da señora, cando ela non tiña culpa de nada de que fora o seu home o que marchase coa nai do protagonista. Algo que tampouco me gustou do pai foi que lle ocultase que a súa nai non morrera e que estaba en Londres co seu veciño.
-A dona do can:deume moita pena,xa que, ademai de aturar que o seu home marchara coa veciña, o home da veciña mátalle o can,e ela pensa que foi o fillo.
-Protagonista: era un rapaz moi raro e peculiar, eu penso que era autista.
Eva Fernández Seijo
ResponderEliminarO libro é interesante e é de moi fácil comprensión. É narrado polo protagonista, Christopher, un rapaz que é acusado por matar o can da señora Shears(Wellington). O rapaz esta seguro de que el non o asasinou e quere resolver o misterio da morte de Wellington. Comeza a averiguar e a interrogar os veciños na procura dalgunha pista. Christopher non é un rapaz común, ten moitas manias e unha gran paixón polas matemáticas e a lóxica que a aplica para intentar resolver este caso.
Ao final averigua máis cousas das que tiña pensadas. Averiguou que a súa nai non estaba morta como lle dixera o seu pai. A súa nai marchou co marido da señora shears, co que mantiña unha relación sentimental, averiguou que o que matara ao can fora o seu pai. Despois destes sucesos vai buscar a súa nai.
O tema do libro é algo raro pero é bastante entretido.
Mónica Portela Táboas 2º Bach
ResponderEliminarRecomendo este libro para a lectura porque á parte de ser sinxelo, encerra unha historia entretida e interesante.
A historia comeza co descubrimento dun rapaz, Cristopher,con problemas para relacionarse, da morte dun can. O rapaz comeza unha investigación que irá redactando nun diario, no transcurso da mesma descobre por casualidade que a súa nai que morrera tempo atrás, enganaba ó seu pai co seu veciño. O pai, cando le isto no diario, decide arrebatarllo e cando Cris está na procura do seu diario descobre unhas cartas da súa nai dirixidas a el e posteriores á súa morte.
A parte, na miña opinión, máis interesante do relato comeza aquí, cando ante a desconfianza de Cristopher cara ó seu pai que o tivera enganado, este decide fuxir onda a súa nai. Así a pesar dos seus problemas de autismo logra superar todos os obstáculos que se atopa na viaxe a Londres e chegar onda ela.
Un feliz final resolve o relato, o que fai que este sexa máis agradable.
A única parte do relato que modificaría serían os motivos que levan á nai a abandonar ó neno, causado pola impotencia ante o comportamento do rapaz, así como a relación co pai, e a súa aventura co seu veciño.
En resume, animo a todo o mundo a que lea este libro
Montserrat Misa Durán 2º Bacharelato.
ResponderEliminarO libro "O curioso incidente do can á media noite" paréceme unha boa lectura xa que o protagonista é tamén o narrador e conta a historia dende o seu punto de vista, un punto de vista dun neno autista polo que fai continuas evasións do tema central para contar outros sucesos da súa vida.
A parte para min máis interesante é cando Christopher descobre as cartas de Nai. Esta morrera dun ataque ó corazón, tal e como llo contara o Pai. Aquí o neno descobre que o seu pai levábao enganando moito tempo despois de que acordasen que dicir mentiras era malo.
Aínda que a historia me gustou, creo que a técnica de escritura é algo complexa porque se producen demasiadas repeticións de palabras nunha mesma frase.Tamén porque escapa do tema central facendo explicacións matemáticas complexas, algo que non ten nada que ver coa trama.
O que parecía a historia dun asasinato converteuse no descubrimento da súa verdadeira vida.
Iago Carneiro Hermida 2º Bach
ResponderEliminarEu recomendo a lectura desta novela xa que é moi interesante e tamén moi fácil de ler. O meu personaxe favorito é Christopher xa que é un mozo de quince anos que padece autismo. Este personaxe encantoume xa que é moi listo e actúa de forma inesperada durante toda a novela chegando incluso a pegarlle a un policía e aos seus própios pais. Persoalmente o momento máis interesante da novela foi cando Christopher que é o protagonista da novela descubre que a súa nai non estaba morta e que en realidade quen matou a Wellinton(o can da veciña) foi o seu pai. Despois de enterarse deste suceso Christopher escapa da súa casa en Swidon e colle o metro para ir vivir coa súa nai en Londres, xa que non quería vivir máis con seu pai por mentirlle e por matar a Wellinton. O que máis me impresionou da novela foi que o protagonista é un mozo moi intelixente e con tan só quince anos estase preparando para realizar o exame de acceso a bachiller, sendo un tema constante durante toda a novela. En conclusión eu recomendo a lectura deste libro xa que me pareceu moi entretido debido as investigacións e aventuras do pequeno Christopher.
Eva Vernet 3ºB
ResponderEliminarA min o libro en xeral gustoume, e creo que fun capaz de comprender as veces o comportamento de Cristopher.
Pero pareceume mal que o pai lle ocultase que a sua nai aínda estaba viva, aínda que cando Cristopher marchou el só a Londres, debeulle de doer moito, pola preocupación e a impotencia.
Unha cousa que tampouco me gustou moito foi que o señor Shears deixara ó final a nai.
O que mais me gustou do libro e que che mostra como pensan os nenos co síndrome de Asperger e a maneira en que hai que tratalos, pero ninguén pode entrar na súa mente polo tanto,so podemos intuir o que pensan.
Pero a min, pareceume extraño e esaxerado que por matar o pai un can, Cristopher pense que o vai matar a el.
Tamén é raro que non lle gusten as cousas amarelas e marróns, e a súa organización diaria ( cando vaio o colexio e ve pasar 4 ou 5 coches vermellos vai ter un dia bo, pero malo se son amarelos).Outra cousa, e que cando fala coa veciña, e esta vaille buscar unhas galletas, el marche sen avisar.Aínda que Cris ten ese problema e fose moi intelixente, non me gustou que pensara que os demais nenos fosen inferiores a el.
O libro foi moi breve e entretido, pero desviávase moito do tema, aínda que contiña datos interesantes sobre a galaxia e as matemáticas.
A min gustoume, recomendolle a calquera persoa que quera pasar unha tarde entretida!!!