12/10/10

NOVO CURSO: NOVOS HORIZONTES E LECTURAS

Retomamos as actividades do Club de lectura Lerias propoñéndovos que escollades calquera destes dous libros: O lobishome de Candeán de Paula Carballeira ou Pel de lobo de Xosé Miranda.

Os dous tratan o tema do lobishome ou da muller-lobo, temática de longa tradición da cultura popular galega. A escolla ten que ver coa proximidade do mes de novembro, do Samaín, do día de defuntos e co outono que crea unha atmosfera propicia aos temas de misterio e mesmo para a lectura de relatos de medo.

23 comentarios:

  1. Eu lin o libro "Pel de lobo". Pareceume un libro moi sinxelo de ler e ademais entretido. Dende o comezo a temática céntrase na captura de lobos, xa que o pai do protagonista dedícase a cazar estes animais.
    Noutro pobo de Galicia,están a pasar moito medo e piden a este home e ó seu fillo que acudan onda eles e que axuden a acabar con dous animais que están a matar xente e animais, ademais de atemorizalos a todos.
    Estes acceden, pero non é tan sinxelo como semellaba. Ó chegar, decátanse de que os veciños pensan que aqueles lobos non son correntes, senón que semellan actuar como persoas, xa que ademais da intelixencia que amosaban ter, son moito máis grandes que un lobo común.
    Despois, desencadéase unha trama de misterio mentres segue a caza das feras, onde a atención se centra en quen son os lobishomes que asustan o pobo.
    Como temáticas secundarias, no meu punto de vista resaltan as diferentes ideoloxias dos membros da familia do fidalgo e a relación do protagonista coas súas dúas fillas.
     
    Animo a todos aqueles/as que lles apeteza pasar un bo anaco a ler este libro de Xóse Miranda, que ademais de entreter, introduce a todos aqueles que o len no misterio,onde están presentes maleficios, tradicións, lendas... que por costume rodean a cultura galega.
     
    Marta Samoelle Nieto 2ºBACH. 20/10/10

    ResponderEliminar
  2. Lenice Esther Hilario Gómez O libro que eu lin foi " O Lobishome de Candeán". Ao principio do libro atopeino máis interesante e intrigante que ao rematalo. O libro comeza dicindo que unha rapaza está na discoteca coa súa mellor amiga Silvia e despois marcha ao monte cun rapaz que lle chamara moito a atención dende que o coñecera. Esa noite facía moito frío e aínda máis polo medio do monte, entón Elvira di que mellor volve á discoteca porque xa tiña ganas de marchar. Ao dicir isto, o rapaz (o lobishome) ameazouna e atacouna cunha puñalada no estómago e despois comeulle as tripas salvaxemente. Cando a rapaza non chegaba á casa, a súa nai preocupouse moito e a partir de aí empeza a busca da rapaza, formáronse brigadas para atopala nas que o pai de Silvia(Bieito)decidira ser ell quen as coordinasee. Pero estas brigadas desfixéronse porque non conseguiran nin unha simple pista, aínda que todos xa sospeitaran de que o asasino non era unha persoa; senón un ser " místico". Ao final entre o policía que levaba o caso( Manuel) e Balbina( unha veciña) concluíron o caso e detiveron ao culpable que xa matara máis dunha persoa e aquí está o final que non me gusta, nin entendo como de repente sabían quen era o asasino. Dicir tamén que Celia, a nai de Elvira tivo dende entón un forte rancor cara a Silvia debido a que o día da discoteca esta tiña que levar a Silvia á casa. Recomendo que o lean as persoas que lles guste os libros de intriga e policíacos, aínda que o final ao igual ca min haxa a posibilidade de que non o entendan.

    11:31 Lenice Esther Hilario Gómez

      

    ResponderEliminar
  3. O libro que lin foi o "Lobishome de Candeán". Pareceume un libro moi sinxelo de ler xa que ten un vocabulario de fácil comprensión, e uns capítulos moi curtos. Recomendo este libro para tod@s @s rapac@s xa que é unha historia moi intrigante,que non podes deixar de ler porque queres saber o que pasa no seguinte capítulo. O personaxe que máis me gustou foi Balvina (a señora do pano negro) xa que é a que axuda a Manuel a investigar para poder coller o lobishome. O final do libro pensei que ía terminar con algo interesante,pero non foi así polo que levei unha decepción.
    Andrea González Rodríguez 11:27
      

    ResponderEliminar
  4. O libro O lobishome de Candeán intenta expresar unha das lendas máis coñecidas da nosa cultura como é a dos lobishomes. Neste caso conta a historia que sucede en Candeán. Unha noite unha rapaza chamada Elvira foi asasinada e apareceu cun corte na barriga e coas vísceras de fóra, todos pensaban que fora un lobo. Pero o policía do pobo, axudado doutra muller, estaban convencidos de que fora un lobishome. A historia desenvólvese con máis sucesos e ataques do lobo ata que o policía dá con el. Resulta ser un rapaz chamado Xosé Carlos Avelleira López. Este rapaz resulta ter un trastorno o que lle fai comportarse como un lobo pero non o é. Toni un dos rapaces que aparecen na historia ao final fai unha reflexión de que el é o sétimo fillo dunha familia e non é un lobo como conta a lenda. Penso que fai ao final esta reflexión para que nos demos conta de que as lendas son soamente iso.
    O libro gustoume, ademais de que é sinxelo, o feito de que a historia se desenvolva polos arredores dálle un atractivo de interese para lelo.

    Rubén Castrillón Símil
         

    ResponderEliminar
  5. O libro que lin foi "O lobishome de candeán". Na miña opinión foi un libro que non me gustou moito, ao principio pensei que sería unha obra moi entretida posto que empeza de forma moi intrigante pero , a medida que avanza a historia, vaise facendo menos interesante ata que chega o final, un final que non esperaba posto que carece de intriga e emoción. Penso que merecería un final máis intenso e orixinal. Como conclusión, este libro é doado de ler e fácil de entender pero non o recomendo posto que non ten un argumento moi interesante.

    Miriam Álvarez Lomba

    ResponderEliminar
  6. O libro que eu lin foi "o lobishome de Candeán". Persoalmente recomendo a lectura deste libro a todas as persoas que non o teñan lido, xa que é un libro moi doado e lese en moi pouco tempo. Ademais é un libro interesante e entretido, xa que é unha historia de misterio sobre o lobishome que vive en Candeán, que cando ten fame se achega ata á vila e ataca os mozos e mozas que viven nela. Neste caso foi Elvira a que tivo mala sorte ao ser atacada polo lobo. A historia tamén se fai interesante debido a que ten lugar en zonas próximas a nós, que coñecemos.
    Un aspecto que me chamou a atención foi a actitude da nai de Elvira, a súa reacción despois da morte da súa filla e a actitude que mostra cara a Silvia, queréndoa facer culpable de que esa noite a súa filla non volvese a casa. Hai partes que non entendín do todo ben, pero en xeral o libro gustoume.

    Helena Vacas Balenzategui

    ResponderEliminar
  7. "O lobishome de Candeán" trata dun tema algo descoñecido para min pero que me resulta moi interesante: a existencia de homes lobo. Este libro fixome pensar en se poderían ou non haber homes lobo na realidade. Ademais emprega realidades próximas a nós como Baredo, a desaparición de Águeda...que fai que poidamos percibir a historia máis preto.
    A personaxe que máis me chamou a atención foi a nai de Elvira xa que non entendo a súa maneira de actuar despois da morte da filla. O que máis me gustou do libro foi que me fixo pensar no inocentes que podemos ser as rapazas que marfchamos con calquera aínda que sexa un descoñecido. O que menos me gustou da historia foi o final xa que o lobishome é un rapaz con nome e apelidos que non sae no resto do libro. Ademais non cheguei a comprender como o policía sabía que fora ese rapaz o culpable.
    Recoméndolle este libro a calquera persoa que teña un mínimo de tempo libre e ganas de vivir unha historia intrigante.

    Joana Vilas Leyenda

    ResponderEliminar
  8. O libro que eu lin foi "O lobishome de Candeán". A miña opinión sobre este libro é boa, xa que a quen lle gusten as novelas de intriga e terror, é un libro moi recomendable, xa que ten unha trama moi moi interesante, o que provoca que te enganches á lectura. O único que non me gustou do libro foi a estrutura que seguía, porque non utilizaba unha orde moi común á hora de escribir. Poño por exemplo cando o policía é empuxado polo lobo cara ao barranco, isto non se sabe ata tres capítulos despois, é o único en contra que teño que dicir do libro.
    Ademais, ao suceder a trama nun lugar tan preto de onde vivo, coma un dos rapaces que sae na obra é do meu pobo, por iso aporta máis valor á lectura e interésame máis. Por iso llo recomendaría a calquera lector que lle guste este xénero.

    Ismael Durán

    ResponderEliminar
  9. O libro " O lobishome de Candeán", a primeira razón pola que o escollín foi xa o título. Espertoume moita intriga. Na miña opinión,o libro é ademais de moi interesante ,moi entretido e te suxire unha trama moi intensa.Tes ganas de lelo, de non deixar para o final a historia. Tamén eu teño en conta que no libro aparecen lugares próximos ao noso pobo como é Baredo, e quede cunha referencia, a desaparicion dunha rapaza en Baiona, Agueda.. Logo é interesqante o contexto onde se desenvolveu a trama, vese reflectido o que realmente é así, que ninguén sabe da vida de ninguén. Tamén que as rapaza son novas coma nós e que, por suposto, fan cousas que nós facemos.
    A parte familiar que ten o libro, tamén a vexo crible na realidade. E, por último, eu comentaría esa visión dunha parte imaxinaria que mestura coa realidade, pois é que realmente nese pobo existía o lobishome.

    Lucía Contreras Ortiz

    ResponderEliminar
  10. O libro "O lobishome de Candeán" é un libro moi entretido de ler xa que narra os sucesos que pasan en Candeán a partir dun asasinato producido por un lobishome. O relato deste libro atópase involucrado nunha atmósfera de misterio xa que non se sabe quen é o lobishome e obrígate a ler máis e máis ata averigualo. Por outra parte, gustoume que nomease zonas próximas de onde vivimos como por exemplo a desaparición de Águeda en Baiona ou a nai dos nenos estranxeiros amigos que era de Baredo. En conclusión, é un libro moi doado de ler pola súa facilidade de comprensión e o misterio que nos achega a lenda do lobishome na cultura galega.

    Pablo de Villalobos

    ResponderEliminar
  11. O libro que lin foi "O lobishome de Candeán".A miña opinión sobre este libro non é moi boa debido a que non me gustou a estrutura que segue a novela(con capítulos contados por diferentes personaxes) coma se nos estivese contando a historia por partes, o que fai que sexa unha lectura lenta, moi lenta, na que non hai ningunha "sorpresa" nin nada que te incite a seguir lendo, polo menos na miña opinión. A lectura deste libro, persoalmente, non me aportou nada porque emprega un vocabulario moi simple e a historia non ten moita “chicha”.
    A parte que "máis" me chamou a atención foi o ben que a autora é capaz de mostrarnos o comportamento dun pobo pequeno doído pola perda dun ser querido. E a obsesión coa que a nai de Elvira vía a Silvia como culpable da morte da súa filla porque ao fin é ao cabo era esta a encargada de "devolverlle" a súa filla sa e salva. Na miña opinión e en conclusión, este é un libro simplemente para pasar un momento entretido, sen máis.

    Lucio Penedo Pereira

    ResponderEliminar
  12. O libro que eu lin foi "O lobishome de Candeán". Resultoume un libro moi doado de ler e moi entretido, pois é unha historia de misterio que te envolve dende a primeira páxina ata a última, manténdote coa intriga de quen pode ser o Lobishome que ataca ós mozos e mozas de Candeán. Aínda que é unha historia fantástica, o feito de tratar do lobishome, unha figura tan coñecida da nosa cultura galega, fai que o relato pareza realista e incluso che pensar se nalgún monte dos arredores haberá algunha criatura similar. Neste libro tamén se fai referencia á Santa Compaña, outra das figuras características en Galicia. Nesta atmosfera de misterio non é de estrañar que o lector chegue incluso a sentir medo, pois a escritora utiliza un vocabulario que chega a todo o mundo, moi fácil de entender e que pode chegar a provocar este tipo de sensacións. Unha das cousas que máis me gustou do libro foi a maneira de enlazar estas figuras fantásticas coa realidade, facendo referencia á desaparicións de mozas que, en realidade, ocorreron, asociándoas coa presenza do lobishome ( por exemplo, noméase a desaparición de Águeda preto de Baiona ). En conclusión, pareceume un libro moi especial, xa que aínda que é un relato fantástico, logra sumerxirte na historia, vivíndoa coma se fose real. A nosa cultura está chea de lendas e personaxes fantásticos que non debemos esquecer, e menos se imos algún día sós polo monte, non vaia ser que ande algún lobishome preto!

    Ana Amorín Fernández

    ResponderEliminar
  13. O libro que lin foi " o lobishome de candeán" . Na miña opinión o libro estivo moi ben.
    Pareceume unha historia moi intrigante e á vez moi sinxela de ler. Non tiña un vocabulario moi difícil e por isto foi tan fácil de entender. É un libro que o pode ler calquera adolescente xa que a súa temática é doada. O libro gustoume de principio a fin, xa que en todas as páxinas conta algo interesante. Pero o que máis me gustou sen dúbida foi o momento no que o policía vai falar con Balbina e esta cóntalle todo o que sabe. A personaxe de Balbina pareceume moi interesante, pois é unha muller misteriosa que garda numerosos segredos. O que menos me gustou foi no enterro de Elvira, cando ao chegar Silvia todos a evitan, pois cúlpana de non ter levado a rapariga ata a súa casa aquela noite na que morreu. En conclusión, o libro gustoume, pois é entretido e lese con facilidade.

    Nerea Pereira Ruibal

    ResponderEliminar
  14. O libro que lin foi "O lobishome de Candeán", é de fácil lectura, aínda que non me gustaron algúns detalles da historia, por exemplo, a maneira que conta o libro parece que che vai dando pistas sobre quen é o lobishome que matou a Elvira, pero en realidade non che di máis que o que che di no comezo, o aspecto físico do rapaz, e explícache o comportamento do rapaz, xustifica as accións, xa que nos di implicitamente mediante os diálogos entre personaxes que o rapaz ten unha enfermidade mental, e que pensaba que era un lobishome. O final pareceume incompleto xa que, de repente, xa se sabe quen é o asasino de Elvira, pasando de que os veciños se xuntaran para atopar ó lobishome a ir a policía directamente á casa do rapaz en busca del coa certeza de que era el o lobishome. De todas maneiras é un libro entretido, que che fai darte conta do perigoso que é o mundo na realidade, o que se sente coa perda dun ser querido (por parte da nai), a culpabilidade que senten os que eran responsábeis en certo modo desa persoa (por parte de Silvia), ou o trauma que pode chegar a ter toda a xente do teu arredor.
    No meu criterio non é un libro que sexa moi recomendable ler, pero tampouco é unha mala lectura, o que me pareceu a min que estragou o libro foi o final.

    Laura Pena Santana

    ResponderEliminar
  15. Xeila Raposo Rodríguez

    Pel de lobo é un libro que aconsello para ler. Os motivos, ademais de ser entretido, o seu vocabulario non é difícil, e o tema do libro chama a atención, como narra a lenda do lobo da xente, da maldición, e do misterio diso. No libro tes de todo: amor, emoción, acción, misterio, medo, é dicir, é un libro moi completo, no que podes apreciar diversos trazos, para distintos gustos. Persoalmente, gustoume moito, e animo a xente a lelo, pois creo que lles vai gustar, pola súa dinámica, e porque é un libro, que capítulo tras capítulo te engancha, é dicir, non podes parar de sacar a vista del. Necesitas saber o que pasará no seguinte episodio, déixate coa intriga e coas ganas de lelo todo, de saber ese misterio do lobishome que provoca o pánico nas comarcas, de saber quen é. Ademais, podémolo orientar nun espazo e tempo concretos, pois no libro fai referencia a época do agrarismo ( séc. XIX - XX ).

    ResponderEliminar
  16. Luis Vilar Fernández

    "O lobishome de Candeán" é, na miña opinión, un libro moi recomendable por diversos motivos. O primeiro deles é a propia historia, que trata dun lobishome que actúa na parroquia viguesa de Candeán, comeza co asasinato dunha rapaza nova, Elvira por parte do monstro, e, a partir dese feito inicial desenvólvese a trama que remata coa detención de Xosé Carlos Abelleira López, o lobishome. O achegamento de datos reais (como a localización) ou realistas (como os personaxes)dálle á historia unha certa verosimilitude impropia dun conto de criaturas fantásticas. Ademais, o estilo engancha ó lector dende o primeiro momento, debido a que está dividido en capítulos curtos nos que presenta o punto de vista de cada un dos personaxes, desta forma hai un personaxe principal en cada capítulo, e ás veces tamén hai un antagonista diferente do lobishome (que incluso ten capítulo de seu) como por exemplo Bieito. Tamén cabe destacar a presenza duns versos de Álvaro de Campos ( heterónimo de Fernando Pessoa), xa que se trata dun dos mellores poetas da literatura portuguesa

    ResponderEliminar
  17. O libro que eu lin é Pel de lobo. Este, relata a historia dun home cazador, Fulxencio Nóvoa , e o seu fillo, que , son chamados para que maten a uns lobos de dimensiónns xigantescas, que ninguén máis na vila do Incio e capaz de matar. Ao chegar a dito pobo, atopan un pobo atemorizado polos lobos que xa comeron un rabaño de ovellas e a unha pastora de por alí. Ana, unha das fillas do dono da casa na que dormen os dous cazadores, introduce o concepto da posibilidade de que non sexan lobos senón lobishomes, que aínda que ao principio é desestimada esa idea, logo vaise tomar en consideración.Despois do fracaso de Fulxencio e Xosé móntase unha montaría coa Garda Civil e homes e mulleres armados con machadas, galletas, escopetas e toda clase de armas. Móntanse cebos, trampas e demais estratexias para cazar a todos os lobos posibles. Á mañá seguinte obsérvanse as presas,son 6 ou 7 pero ningún é dos importantes, dos que verdadeiramente buscaban. O lobo branco tenta atacar a un home, amanece e descóbrese que é Aurora, como tamén se descobre máis adiante que o lobo negro que resulta ser Ana. Estas son lobishomes por unha maldición que lles fixo o pai inconscientemente. Unha vez que os lobos son derrotados remata a historia na que Aurora e Xosé casan e morren o resto dos personaxes. Ana, sendo unha loba. Persoalmente é o tipo de libro que nunca escollería para ler xa que busco libros que me aporten algo, que repercutan en min, libros que creen un antes e un despois. Verdadeiramente é acertada a elección deste libro se che gusta o misterio, as historias de lobos e as obras nas que se crea un certo ambiente místico. E propicio para ler neste tempo de Samaín e longos días de inverno. xa que entre outras, ten un léxico comprensible e realízase unha lectura moi rápida e fluída.

    Ángel Vidal 2º Bach B

    ResponderEliminar
  18. Sandra Rodríguez Blach

    O libro "O labishome de Candeán" é moi fácil de ler e é bastante interesante porque narra a historia dun rapaz que está enfermo e é carnívoro. A historia comeza co asasinato de Elvira e a raíz de aí observamos os pensamentos dos personaxes ao longo do conto. Pero non recomendo ler este libro porque omite cousas importantes coma por exemplo como consiguiu averiguar Manuel,
    o policía, a identidade do lobo e no final aparece un personaxe coñecido como O camiñante que Toni o confunde por un instante co pai de Silvia, Bieito. Para o meu gusto non explica con detalles cousas importantes como as características da enfermidade que padece o lobo, a historia do Camiñante o por que a relaciona ao final da lectura. Aínda que sexa fácil de entender hai cousas que non me quedaron moi claras. Por estas razóns non recomendo o libro e porque se non che gustan os libros de misterio cun toque de terror, aconsélloche que non o leas.

    ResponderEliminar
  19. Bibiana Aballe Rodriguez 2ºA Bacharelato

    "O lobishome de Candeán" narra a historia de Elvira, unha rapaza que un día sae dunha discoteca cun home que a leva ao monte e alí a mata. Silvia, unha amiga dela que a tiña que levar a casa, marchou pensando que ela voltaría có home có que se fóra. Ao día seguinte a atoparon morta e Celia, a nai de Elvira, quedou con rencor cara Silvia porque non a trouxera para casa de volta. A policía pensou que fóra un lobo e comezou a buscalo mentres que os veciños fixeron brigadas para atopalo. Pronto cesaron na súa busqueda xa que non o atopaban. Nese intre aparece Balbina, unha muller misteriosa que axuda á policia a atopar ao lobishome, ao que meten en prisión. Ao rematar a historia, na miña opinión, Celia, sorríe porque os pasos que escoita detrás dela son os da morte e é feliz porque vai reencontrarse coa súa filla.

    A mellor parte do libro é a do principio xa que ten misterio e intriga pero despois vaise facendo máis pausado e demasiado descriptivo coas personaxes o que fai a lectura cansada.

    Recomendo este libro a todas as persoas que lle gusten as novelas de misterio e descriptivas

    ResponderEliminar
  20. Silvia Rodíguez Giráldez

    Na miña opinión O lobishome de Candeán foi un libro moi entretido, fácil e rápido de ler. A historia ocorre en lugares sinxelos de imaxinar e aínda que na súa maioría é ficción, é moi fácil pensar que ocorreu ou pode ocorrer en realidade. Ao principio comeza xa repentinamente cun asasinato é máis adiante vai desencadeando a historia mentres en cada capítulo describe un personaxe distinto. Tamén me chamou a atención como a unha persoa cunha enfermidade psicoloxica (o lobishome) poden deixala sen a atención que require e sen vixiar que tome a sua medicación. O que non me gustou como a algúns dos meus compañeiros foi o final tan repentino no que non se aclaran moitas ideas.
    A min este libro gustoume bastante e recomendaríallo a todo o mundo, xa que é de fácil comprensión e entretido.

    ResponderEliminar
  21. Alazne Goce Freire

    Non sabería exactamente como definir este libro, é moi entretido iso nos se pode negar, ler unha páxina obrígate a ler a seguinte intentando descubrín en todo momento quen é o lobishome e porque fai o que fai. Creo que é neste punto no que comezan as decepcións, xa que todo o mundo imaxina a medida que vai lendo o libro quen podería ser o lobishome, e finalmente resulta ser un personaxe pouco coñecido do que dificilmente coñecemos o nome. É un libro con gran número de personaxes, isto pode parecer positivo, aínda que o libro é tan curto que os personaxes aparecen pouco caracterizados e quizais por ese motivo non consigamos entendelos como nos gustaría. Hai personaxes que teñen unha gran importancia na historia e que esta clara cal é a súa función. Sen embargo hai outros dos que non chegamos a comprender a súa misión ou función na obra. O libro comeza moi forte, cun asasinato no que se describen todos os detalles, como apareceu o corpo como a mataron... sen embargo a medida que o libro avanza perde forza e moitos datos importantes, como por exemplo a investigación policial se perden polo camiño. O libro deixa un final aberto á posible existencia de lobishomes, aínda que tamén deixa outra posibilidade aberta relacionada cunha enfermidade. Creo que o que máis me gustou do libro é o ben feitas que na miña opinión están as descricións dos lugares e das accións. Polo tanto se o que buscas é un libro curto entretido e fácil de ler sen unha trama complexa este é o teu libro, xa que o entretido que é compensa os pequenos erros que se poderían mellorar

    ResponderEliminar
  22. Lucía Contreras Ortiz

    Eu lin "Pel de lobo" , é un libro moi sinxelo de ler, que o les en pouco tempo. O que máis me gustou do libro foi a trama que hai para conseguir atopar os lobos, e despois coma descobre quen son. As Aventuras dos cazadores son moi interesantes e con intriga do que pode suceder, se poden ser atacados, coller diferentes camiños, tamén me pareceu interesante como reflicten a vida nese momento e a característica dun pobo de lobos e sobre todo a intelixencia con que actúan os lobos, por exemplo cando o conduciron de novo ao pobo que formaban paredes para que non desviase o camiño. Tamén o tema é un pouco temoroso, pois as mortes, a miseria e as perdas fan o libro un pouco tráxico. Ao final deduce quen eran os lobos, un era branco que era Aurora, a filla do señor do pobo, e o lobo negro era Ana, a irmá de Aurora, que era máis pequena. O momento onde a descobre é moi bonito cunha descrición de todo o que é converterse en lobishome. Ao final,o protagonista que conta toda a historia en primeira persoa con referencias ao lector de forma directa, casa con Aurora e quedan a vivir nese pobo, e o lobo negro, é dicir, Ana , marcha unha noite convertida en lobo, cando a el lle dixeron que ía estudar a Madrid e nunca máis souberon dela. O seu pai, que era un cazador de prestixio, fíxose moi relixioso e non volveu cazar. Tamén destacaría o seu can Bal, que o acompañou en toda a viaxe e no final ten un papel de traizoeiro, bótalle os ouriños enriba para atraer aos lobos e tivo que matalo.
    En definitiva, gustoume moito o libro, pola historia que conta en xeral, pola intriga que ten para saber e descubrir os lobos e que, por último, eran as persoas que menos esperabas, unhas persoas próximas ao pobo e que grazas a el xa non teñen esa maldición que tan mal fixo aos pobos e a elas, que pagaron a culpa de ser mulleres tendo esa maldición imposta polo seu pai.

    ResponderEliminar
  23. Diego Cuevas Ferreira

    O Lobishome de Candean pareceume un libro moi interesante e con moita intriga dende o primeiro momento ata o final, á parte os libros de misterio, crimes e policíacos son o meus favoritos. A forma de contar o libro que ten o autor pareceume moi boa, xa que cando se produce o crime despois de saír da discoteca foi a parte na que máis enganchado quedei, depois a investigación acerca do lobishome en certos momentos pareceume que non tiña sentido posto que eu non lle encotraba un argumento. Tamén me incitaba a ler o feito de que a obra se desenvolva aquí cerca de Baiona. A autora é moi explícita durante o asasinato, contándonos como o lobishome se transforma e degolla a muller. En xeral pareceume un libro bastante interesante, con momentos de moita tensión e sobretodo chamoume a atención a forma de escribir da autora, por ese motivo o libro non me desgustou en ningún momento e recoméndollo aos lectores apaixonados das novelas policíacas e de misterio.

    ResponderEliminar