JEAN GIONO, O home que plantaba árbores
Este é o primeiro libro que propomos este curso. Trátase dunha sinxela historia de amor á natureza.Unha persoa de forma totalmente altruísta consegue recuperar as fragas da súa contorna e así mellorar as condicións de vida da xente que habita ese lugar.
Andrea Santos Fernández
ResponderEliminarEste libro gustoume simplemente porque é breve,ten unha fácil comprensión e porque fala de como a soa vontade dunha persoa pode cambiar o mundo que ten ao seu arredor, e a súa vez mostra una gran sensibilidade,xa que é un canto ao desinterese e á xenerosidade,e que exalta o gran valor que hai nun acto tan sinxelo como é o feito de plantar unha árborel.
06 novembro, 2011
Yanira Pereira Ruibal
ResponderEliminarO primeiro libro que nos tocou no club de lectura titúlase "O home que plantaba árbores" de Jean Giono.Na miña opinión o libro está moi ben porque é unha historia curtiña que non se fai pesada e resulta entretida xa que a forma de contar o conto ou relato é sinxela.Pareceume unha boa elección. Ademais a historia que se conta é moi bonita e amosa que os homes podemos coidar a natureza e ser felices grazas a ela, aínda que estemos sos,como é o caso de Eleazar Bouffier.Eleazar plantou durante moito tempo moitas sementes ,ata que conseguiu que o terreo que estaba desastroso se volvese dun verde cheo de árbores e tamén que ese lugar abandonado volvese ter casiñas cos seus habitantes. Todo isto foi grazar a unha soa persoa, o que mostra a bondade dese home e o que poden conseguir os humanos por eles mesmos.
03 novembro, 2011
Mélodi Valverde Martins
ResponderEliminarO libro escollido no club de lectura foi "O home que plantaba árbores" o autor é Jean Giono. Persoalmente o libro pareceume unha boa elección, xa que é un libro moi entretido e simple, que pode entender todo o mundo. Por outro lado, a historia que se nos conta dános unha mensaxe moi significativa, primeiro móstranos que unha persoa,aínda que estea soa, pode ser feliz e non ten que depender de ninguén, segundo a xenerosidade de Eleazar Bouffier por devolverlle a vida aquel lugar no que non había nada. Finalmente quería resaltar a parte que máis me gustou do libro, que foi o final, xa que dunha simple persoa que plantaba árbores nun lugar en ruínas,saise un pobo feliz.
MªElisabet Durán Del Río
ResponderEliminarO libro que propuxeron ler esta vez pareceume sinxelo e bonito, ademais de curto. Pese á súa brevidade, pois nel vese como un home co único afán de plantar árbores durante toda a súa vida, fixo moito máis que iso sen darse conta. O que logrou foi converter un lugar molesto, triste, feo,... nunha zona fermosa para vivir. Con isto podemos deducir que, ás veces, podemos provocar consecuencias boas sen darnos conta. Persoalmente pensó que foi iso o que o autor quería transmitir a través deste libro, pois na lectura percibes a ignorancia que ten Eleazar Bouffier respecto ao que esta provocando á vez que podemos observar a paz que lle outorga iso.
O pequeno libro( pero grande á vez, debido á mensaxe que nos transmite interiormente), é sinxelo de ler é dende o meu punto de vista, adaptado para todo tipo de lector. A gran importancia que teñen os feitos que leva a cabo pouco a pouco este home que plantaba árbores, está hoxe en día máis que nunca en auxe. Cando as comunidades de montes ou os veciños tratan de reforestar o bosque, non o fan con especies foráneas, senón que ao igual que Eleazar, fano con árbores autóctonas e propias da terra. Toda esta reforestación provoca como nesta pequena historia, unha gran biodiversidade que crea unha contorna típica dun locus amoenus, na que todo se rexe pola presenza de auga. Acaso non pasa isto ao noso arredor? Dende antigamente todo aquel bosque que era talado ou ben estaba sen arboredo, era reforestado mediante viveiros ou polos propios veciños, debido á importancia das súas madeiras. Todos deberiamos coller conciencia do que este home defende, e nós, máis que ninguén.
ResponderEliminarAnxo Rodríguez Lemos
Andrea Pichel Rodríguez
ResponderEliminarO libro titulado "O home que plantaba árbores" que lemos este trimestre no club de lectura pareceume un libro sinxelo. Xa non só pola súa brevidade, senón pola sinxeleza da linguaxe e pola forma clara de contar os feitos que facilitan a comprensión da historia. Referíndome á historia contada, está marcada por ser unha historia fermosa, chea de forza, que incluso podo dicir que é simbólica. Para min este simbolismo vén marcado polo logro dun home, un home que só, sen axuda ningunha conseguiu pola súa propia vontade darlle vida a un lugar lúgubre e sen vida, no que o único habitante era el e as súas poucas ovellas. E todo o conseguiu plantando semente a semente, unha por unha. Por iso considero que este libro ademais de estar moi ben elixido polo tema que trata tendo relación co ano internacional dos bosques, paréceme unha moi boa elección ao mostrar que con que unha soa persoa que se propoña algo, pode logralo, porque xa dín que quen a segue a consegue.
Lorenzo Domínguez Domínguez
ResponderEliminarEste libro pareceume moi interesante, pois a simple vista parece un libro para cativos, pero despois da súa lectura decateime de que encerra unha tese e unhas ideas que dificilmente un cativo poderia ler. En xeral, este libro creo que quere mostrar a grandeza do ser humano, ademais de demostrar que ante unha persoa que persegue un soño, se non para non seu empeño, acabao conseguindo.
Macarena Silva Leyenda
ResponderEliminarO libro do club de lectura``o Home que plantaba árbores´´ resultoume moi fácil de ler,xa que era un conto cunha linguaxe sinxel. Gustoume moito xa que me recordaba a miña infancia, a esencia do libro,esa forma de resaltar a sensibilidade ou o ben facer dunha persoa co simple feito de plantar unha árbore.Quedei con ganas de seguir lendo xa que o relato estábaseme a facer interesante e á súa vez intrigante co que ia pasar pouco a pouco. Unha boa elección por parte do club de lectura.
Raquel García Santiago
ResponderEliminarEste ano, para comezar o club de lectura, tivemos que ler "O home que plantaba árbores" do auor Jean Giono, este libro, ainda que curtiño, é moi sinxelo para ler, e, á par de ter unha historia fermosa, transmítenos unha mensaxe contándonos a historia de Eleazar Bouffier que se dedicou ata o final a plantar, semente tras semente, ata conseguir que volvese a agua onde xa non había por culpa da tala das árbores que alí había, e conseguiuno, plantou unha morea de árbores, e iso faime preguntarme que se un so home puido conseguir a repoboación de todo un bosque,sen axuda, aínda que con ganas e ilusión, ¿Onde poderiamos chegar se cada un pon un pouco da súa parte para non destruir o medio ambiente?
Diego Cuevas
ResponderEliminarCando vin por primeira vez o libro "O home que plantaba árbores" pensei que non me ía gustar dado que semellaba ser moi infantil e breve, supoño que a maioría dos meus compañeiros pensaron o mesmo. Minutos máis tarde, cando o dei rematado sentinme enganado, nunca lera un libro que me transmitise tal sensación en tan pouco contido. Transmíteche ganas de actuar, de facer algo bo, sentes que ti tamén podes formar parte de algo moi grande dando tan só un pouco cada día, e ves como da nada pode saír vida. Ao ver o Sr. Bouffier plantar e plantar sementes nun deserto onde non había auga nin vexetación, lévate a pensar que el só nunca conseguirá nada, pero o feito de repetir esa acción todos os días durante varias décadas transforma o deserto en bosque, e o bosque crea vida onde non existía. Persoalmente encantoume o libro, penso que é un libro ideal para este ano, para todas as idades e gustos, pero sobre todo quedo coa "moralexa": Cada persoa ten a capacidade de crear.
Yago Vicente González
ResponderEliminarEste ano, o libro elixido para o Club de Lectura foi "O home que plantaba árbores" do autor Jean Giono. Este libro, a pesar da súa sinxeleza, pareceume moi interesante e entretido, cunha gran mensaxe no seu interior. Mediante á historia de Eleazar Bouffier, que semente a semente conseguiu crear un gran bosque, o libro transmítenos que unha única persoa pode conseguir a meta que se propoña se loita por conseguila. Pareceume unha gran historia de amor cara á natureza, moi apropiada para os tempos actuais, onde o estrago do planeta está a orde do día.
O aspecto externo do libro 'O home que plantaba árbores' de Jean Giono non ten nada que ver co seu contido. Este non é un libro infantil, senón que está feito para chegar a todo tipo de lectores; é unha obra magnífica. Isto non se debe só á súa sinxela lectura, senón que tamén polo seu alto contido en valores humanos e o seu afán por concienciar ao mundo da importancia, beleza e encanto da natureza, dos bosques. Eleazar Bouffier é un home que cambiou a súa vida, ou ao que lle cambiou a súa vida (tras a perda do seu fillo e a súa dona) e así atopou a felicidade, a felicidade que atopou na tranquilidade e paz do medio natural, apartado dos problemas e conflitos dos demais humanos, da guerra. Este libro móstranos tamén que non fai falla ser un alto cargo, un 'inspector de montes' ou un 'garda-inspector forestal-político-medioambiental' para poder coidar os montes e bosques, esas perlas da natureza. Eleazar fíxoo, creou unha obra propia de Deus sen a axuda de ninguén, soamente el e a súa paciencia. A súa felicidade, que atopou mediante a realización desta obra de característica magnánimas, deu lugar tamén á felicidade doutras persoas, que buscan tamén dita felicidade na paz dun lugar coma o medio rural, o bosque, a natureza á que pertencemos e da que somos fillos. Eleazar encarna esa parte de xenerosidade e admirable bondade do ser humano.
ResponderEliminarJacobo González López
Cada libro lido xera moitas opinión distintas. Esta vez “O home que plantaba árbores” tivo moito éxito entre os lectores e lectoras. Persoalmente, cando escoitei por primeira vez o título pensei “Non ten porque estar mal, quizais ata me guste”, cando vin o libro e a súa extensión os meus pensamentos tornáronse máis negativos, e pregunteime“ Este libro é moi pequeno, de veras é para a nosa idade?”, pero cando rematei a lectura encontreime nunha situación na que non tiven unha opinión nin positiva nin negativa. Nese intre quedei indiferente. Por un lado, é certo que o libro ten un contido moi simbólico, que nos indica que temos que loitar polo que queremos, que cada paso para lograr unha meta, por moi pequeno que sexa é moi significativo, pero hai moitos libros con esa clase de mensaxes, polo que deduzo que é pouco orixinal e incluso que se lle podería sacar máis partido. Por outro lado, é sinxelo de ler, só toma uns minutos e inclúe debuxos moi simpáticos. Considero que é apto para tódalas idades, pois enténdese ben é pode interpretarse sen ningunha complicación.
ResponderEliminarEva Vernet Leyenda 2º Bach B 20/11/11
Vidal González,Javier
ResponderEliminarA pesar de que "O home que plantaba árbores" é un conto breve,paréceme moi interesante,polo seu contido e a súa mensaxe(que nos fai reflexionar moito sobre o que todos lle podemos proporcionar ao mundo). É un libro apto para todas as idades , xa que na miña opinión,produce case o mesmo efecto nun neno que nun adulto. Ademais da súa bonita historia e magnífica mensaxe chamoume a atención a cronoloxía da acción do libro. Sitúase na segunda guerra mundial(antes e despois)e a pesar deste tráxico momento para a humanidade o Sr.Bouffier segue plantando árbores alleo ao mundo. Vivindo nunha burbulla,a súa burbulla,o bosque.
Alex Gallego
ResponderEliminar"O home que plantaba arbores" pareceume un libro fácil e sinxelo de ler, se so o vises por fóra pareceríache un libro para nenos pero en realidade é un libro que eu recomendaría ler a calquera persoa, pois a través do personaxe de Eleazar Bouffier quere transmitirnos a ensinanza de que unha soa persoa pode facer grandes cousas se cre cegamente no que fai e se esforza.
Flores Penedo, Matías Elías
ResponderEliminarEste libro, á aparte da facilidade de ler, gustoume moito o seu argumento xa que dá moito que pensar. Este conto trata dun home chamado Eleazar Bouffier, este personaxe dedícase a plantar árbores durante varios anos da súa vida nunha zona moi moi seca facéndoa cambiar en toda a súa vexetación. Esta historia é contada por outro home que relata o progreso dos árbores plantadas en distintos anos na zona seca que acaba converténdose nun lugar bonito con moitos árbores. O tempo no que transcorre a historia é sobre os anos posteriores e seguintes da primeira guerra mundial. Penso que o tema deste libro vén ser polas cousas que poden pasar se lle poñemos empeño a algo, sairá un bo froito do traballo feito.
Sandra Rodríguez Blach
ResponderEliminarEste libro, a través dunha estrutura e lingua sinxelas expresa un tema moi complexo. O tema tratado é a capacidade do ser humano que, con persistencia, coraxe e forza de vontade, consegue todas as súas metas a pesar dos problemas que se atopa polo camiño. Tamén ensina o importancia da vexetación que actualmente esta moi menos prezada, xa que na a actualidade as plantas serven unicamente de decoración ou para facer papel, mobles... Pero este libro móstranos un novo punto de vista como que a vexetación inflúe no desenvolvemento dos pobos ou cidades, no hidrografía... O libro gustoume, pero a miña primeira impresión pola escaseza de follas e pola portada foi que este libro estaba destinado a nenos pequenos, non obstante, cando comecei a ler deime conta de que estaba dirixido para todos os públicos, maioritariamente os mozos de entre 15 e 19 anos, capaces de entender o libro e de cambiar o noso punto de vista con respecto á natureza.
Este libro sorprendeume dado que aparenta ser un libro para nenos pequenos,pero penso que calquera persoa que o lea sorprenderase coa historia que conta. É breve e sinxelo o que máis me gustou foi como Eleazar pasou toda unha vida para conseguir crear algo tan fermoso.
ResponderEliminarDavid Rodríguez Pérez
"O home que plantaba árbores", a pesar de ser curto e de ser moi sinxelo de entender, conta unha gran historia. Esta historia demostra que unha soa persoa, se se esforza, pode facer moito para mellorar a sociedade. É o caso de Eleazar Bouffier que grazas o seu interese por mellorar o seu entorno, plantaba sementes,que co paso do tempo cambiaron por completo aquel lugar e incluso aos seus habitantes.
ResponderEliminarPor Arancha Rodríguez González
Víctor Fernández Pérez
ResponderEliminarO libro "O home que plantaba árbores" semella un libro para nenos debido á súa escaseza de follas e as numerosas ilustracións no seu interior, pero é para tódolos públicos posto que ensina unha moralexa aplicable ás nosas vidas. Narra a aventura de Eleazar Bouffier que, tras perder ao seu fillo e a súa esposa, decide levar a cabo un proceso de plantación de árbores co fin de axudar a natureza, mediante esta plantación masiva o autor intenta persuadir ao lector concienciándoo de que nesta vida calquera cousa é posible se lle pos interese. Os temas deste libro son o amor pola natureza e a coraxe do protagonista por facer do mundo un lugar mellor para vivir.
Claudia Pereira González
ResponderEliminarO libro do club de lectura, "O home que plantaba árbores" pareceume un libro moi sinxelo de ler, pero aínda así é un libro que transmite unha mensaxe que fai reflexionar sobre o xeito no que algunhas persoas coidan a natureza, ou proponse alcanzar unhas metas que tras moito esforzo conséguenas independentemente do que estea a acontecer no mundo, xa que Eleazar, o protagonista do libro, a pesar de estar vivindo durante unha guerra mundial, conseguiu plantar un bosque onde antes había unha zona morta e isto facíao sentirse ben consigo mesmo, polo tanto, como aprendizaxe desta historia podemos dicir que todo esforzo conleva unha recompensa.
Por outra banda, este libro ensínanos que a calidade dun libro non se pode cualificar segundo o seu tamaño, senón segundo o seu contido, xa que as reaccións da xente que vía o libro, maioritariamente era pensar que era para nenos pequenos, pero unha vez rematado de ler, descobres que estabas equivocado xa que dentro contén unha gran historia que pode facer reflexionar a unha persoa de calquera idade.
O libro "O home que plantaba árbores",aínda que é curto e ten poucas follas, é moi fermoso,porque amosa o que fai o home por un descoñecido e a fortaleza que ten para todos os dias pórse a plantar 100 landras polo monte.
ResponderEliminarDavid Estévez Carneiro, 2ºA ESO
"O home que plantaba árbores "
ResponderEliminarSheila Ferreira González 2ºA:
Este libro pareceume moi bonito pola forma na que nos explica como un home xa de idade tivo o valor de plantar árbores nunha zona moi seca, a pesar de que sabía que a maioría das súas landras non ían seguir adiante pola sequía daquelas terras. Pero despois de tanto esforzo transformou unha paisaxe seca e deshabitada nunha paisaxe verde e habitada .
É un libro para tódalas idades xa que é moi breve e fácil de entender e conta unha grande historia, o que fai reflexionar ó lector sobre como se pode conseguir unha fermosa paixase.
"O home que plantaba árbores" é moi sinxelo e entretido.A parte que máis me gustou foi cando os leñadores miraron o home que estaba plantando árbores e non quixeron dicirllo a ninguén para que non parasen o seu proxecto.A mensaxe que nos dá o libro é que temos que coidar a natureza. Eu recoméndo para todos os nenos e nenas lectores.
ResponderEliminarMiriam 2ºA
O libro foi moi entretido porque conta o que un só home puido facer só sen axuda de ninguén e sen ningunha tecnoloxía máis que un caxato.
ResponderEliminarO libro quedoume escaso.Recomendo ler este libro.
Alba Giráldez Rodríguez
O libro que tivemos que ler foi "O home que plantaba árbores".Este libro conta a historia dun home xa maior que plantaba árbores.O que me gustou foi que o home non o facía por obriga senón porque pensaba que a terra estaba a morrer e decidiu remediar esa situación.Un tempo despois ese lugar converteuse nunha vila fermosa e toda a xente que vivía alí debíalle en parte a súa felicidade a Elzeard Bouffer. Este home morreu en 1947 nun hospicio de Banon.
ResponderEliminarLaura 2ºA
O libro "O home que plantaba árores" pareceume que estaba ben feito, ben relatado, pero aínda así moi sinxelo. Para o meu gusto unha das dúas cousas que non me gustaron do libro é que o final é moi triste, pero aínda así estivo moi ben, volvería lelo.Recoméndoo.
ResponderEliminarEmma Misa Vilar.
Gustoume porque é curto e fácil de ler e ademais tamén porque o señor maior vivía nunha casa como rural de campo e tiña un desexo que era plantar árbores e tamén quería cambiar o mundo do seu arredor.
ResponderEliminarJavi Prado Álvarez.
Este libro gustoume porque é moi fácil de ler,fala dun home que vivía nunha casa de campo,un home que se dedicaba a plantar árbores para que o futuro sexa mellor.
ResponderEliminarGustoume moito.
Alejandro Acuña Marcote.
O autor deste conto amósanos o amor pola natureza. Un home, de adiantada idade, vive nunha casa no medio das montañas. Vive só, coas súas ovellas e o seu can. A súa maior afección está sendo a de plantar árbores. Este, co seu traballo e a súa constancia, consegue transformar a seca paisaxe nun monte verde e agradable cheo de carballos e outras variedades de árbores. Un viaxeiro, que valora moito o seu traballo, é o encargado de amosarnos esta bonita historia " O home que plantaba árbores".
ResponderEliminarCarmen Portela 2ºA
Cando vin o libro de ¨O home que plantaba árbores¨por primeira vez,pensei que sería un libro que non me ía gustar,xa que tiña tan só corenta páxinas.Empezei a lelo e realmente gustoume.Reflexionei: tan só unha persoa pode facer moito,se hai ganas.Tamén que a natureza hai que cuidala;e que gazas a Eleazar Bouffier dunha aldea abandonada fíxose unha vila con persoas felices.
ResponderEliminarLaura Vargas Pérez.
E un libro moi divertido e moi entretido!
ResponderEliminarO home botou a andar ata topar cun velliño que vivía soíño nunha casiña un tanto aburrida.
O vello morreu pero o home seguiu plantando árbores sen parar como facía o velliño.
Marco Trigo Camesella 2ºESO A
O home que plantabas árbores, a pesar de ser un libro moi curto, é moi interesante xa que nos ensina o valor da natureza na terra e que unha soa persoa é capaz de conseguir o que se propoña. A parte que máis me gustou foi cando o viaxeiro chegou ás terras e estaban cultivadas. Sandra Rodríquez González.
ResponderEliminarEste libro pareceume moi sinxelo xa que é moi breve e está adaptado a todas as idades. Gustoume porque nos ensina que aínda hai persoas que coidan da natureza por gusto e non por obriga. Actualmente non coidamos demasiado a natureza e "O home que plantaba árbores" é un bo libro para empezar a coidala un pouquiño máis. O libro trata dun home que planta landras nun terreo moi seco onde non vivía ninguén e que grazas a el ese lugar converteuse nun sitio fermoso e verde onde habitaban moitas persoas.Isto demostra que non sempre facemos as cousas para a noso propio beneficio senón para o beneficio de todos
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste libro pareceume moi sinxelo, xa que é moi breve e está adaptado a todas as idades. Gustoume porque nos ensina que aínda hai persoas que coidan da natureza por gusto e non por obriga. Actualmente non coidamos demasiado a natureza e "O home que plantaba árbores" é un bo libro para empezar a coidala un pouquiño máis. O libro trata dun home que planta landras nun terreo moi seco onde non vivía ninguén e que, grazas a el, ese lugar converteuse nun sitio fermoso e verde onde habitaban moitas persoas. Isto demostra que non sempre facemos as cousas para o noso propio beneficio senón para o beneficio de todos.
ResponderEliminarPaula López Valverde 2º ESO A
Este libro:''O home que plantaba árbores'' do escritor Jean Giono, resultoume de fácil comprensión. Esta historia fálanos dun home chamado Eleazar Bouffier que se atopa so pola perda da súa muller e do seu fillo nun lugar sen vida. Este home foi capaz de conseguir a felicidade coa simple acción de plantar árbores nese lugar baleiro. Grazas a el ese lugar converteuse nun lugar habitable e rodeado de árbores que el plantara no seu día.
ResponderEliminarAnxo González Rodríguez
O libro do club de lectura "O home que plantaba árbores" pareceume un libro moi sinxelo de ler e comprender, que ao mesmo tempo me pareceu moi interesante,porque demostra que hai moita xente que quere a natureza. Eleazar Bouffier despois de que o seu fillo e a súa muller que morresen, decidiu plantar árbores para axudar a natureza. A min gustoume moito.
ResponderEliminarElísabeth Campos Dorna