O xoves 1 de nadal reunímonos na biblioteca para falar de O home que plantaba árbores. Das intervencións deducimos que foi unha lectura amena, doada, aparentemente sinxela, pero complexa no seu contido. Fíxonos pensar na posibilidade de que unha soa persoa poida tranformar a sociedade, neste caso mellorando o seu entorno natural de forma totalmente desinteresada, sen esperar beneficio individual a cambio.
Ao final da reunión, decidimos quedar o día seguinte no recreo para plantar landras de carballo, e así o fixemos. Foi unha experiencia breve pero moi divertida. Cada carballo que naza será a lembranza destes estupendos alumnos e alumnas no seu paso polo centro.
Con tanto entusiasmo,medrarán uns fermosos carballos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario