8/2/12

ALLY CONDIE, Juntos

¿Un mundo perfecto ou perfectamente imperfecto?

2 comentarios:

  1. Raquel García Santiago 2 Bach

    A diferenza da maioría dos meus compañeiros, eu escollín ler a primeira parte desta triloxía,"Juntos". A simple vista pode parecer moi extendo, pero debo recoñecer que engancha e é de linguaxe sinxelo.
    O argumento fala dun mundo totalmente controlado, onde todo é decidido polos funcionarios, incluso da persoa da que te debes namorar ou a idade a que debes morrer...
    Conta así a historia dunha rapaza que segue as normas, pero que debido a un "fallo" acaba por namorarse dunha persoa que non lle é correspondida, a pesar de gustarlle a que tiña asignada.
    Fala tamén do grandísimo control dese mundo, só podía haber os cen mellores cadros, as cen millores poesías.. ningunga máis, e non se podían crear máis.
    Penso que é un libro moi interesante, que te fai recapacitar sobre a liberdade que nós temos para decidir as cousas.

    ResponderEliminar
  2. O libro "Juntos" pareceume un libro moi bo e entretido pois relátanos a historia de Cassia, unha rapaza que vive nun mundo totalmente programado no que todo son obrigas e prohibicións e no que as persoas non poden decidir sobre ningún aspecto da súa vida porque obrigan ata a casar con unha determinada persoa ou quedar solteiro. No caso da protagonista, emparellárona co seu mellor amigo Xander pero na ficha apareceu a foto de Ky, un aberrante do que se foi namorando pouco a pouco ata o punto de ter unha pequena aventura con el. Cassia é un exemplo de muller loitadora e que sabe facer fronte ás imposicións que lle fan, demostrando así que é capaz de arriscar moito para conseguir cousas tan insignificantes como ler un poema, pero que para ela son tan importantes que é o que dan sentido á súa vida.
    Este libro pareceume moi apropiado para o club de lectura, xa que engancha moito e é moi sinxelo de ler, ademais de que dá pé a debate polos temas tratados como poden ser as imposicións.

    Belén Garbín Rodríguez 2º Bach

    ResponderEliminar