25/10/12

Dez

6 comentarios:

  1. Inés Pereira Bugarín

    Cando decidín ler Dez, pareceume que podía estar interesante e resultar entretido, e agora, despois de lelo, considero que foi moi acertada a miña elección, pois sen dúbida é un bo libro. Andrej Longo plasma a través de dez relatos curtos, cada un titulado cun mandamento, as experiencias reais duns personaxes que viviron nos suburbios italianos. Estes teñen que enfrontarse ás adversidades que nos presenta a vida co paso dos anos. Todos son relatos impactantes, que motivan a seguir lendo e a facernos reflexionar sobre o afortunados que somos sen darnos de conta. Chamoume a atención especialmente, entre outros, o relato que narra como un rapaz, o cal é admirado por todos pola súa voz, é capaz de chegar ata extremos inimaxinables para conseguir os seus obxectivos. El considera que domina a situación e, en calquera momento, poderá dar marcha atrás, pero a realidade non é esa, e vese somerxido, finalmente, nun mundo do que devece por saír.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Decidín ler o libro "Dez" de Andrej Longo porque a profesora nos dixo que estaba moi entretido e interesante, e a verdade non me decepcionou. Esta novela en forma de relatos retrata de preto as múltiples e dolorosas situacións límite que viven numerosos personaxes e que teñen lugar nos suburbios de Nápoles. Todas as historias son impactantes, pero a que máis me chamou a atención foi a dunha rapaza de catorce anos que estaba embarazada do seu propio pai e tivo que conseguir os cartos suficientes para poder abortar nun lugar onde as condicións hixiénicas non eran as idóneas.

    Ana Baz Álvarez en Dez

    ResponderEliminar

  4. Eva Pereira

    Animeime á lectura de Dez, obra de Andrej Longo, porque me pareceu un libro cunha temática interesante... E non estaba enganada, cada un dos dez relatos que forman o libro narra a historia dun adolescente diferente que tivo a mala sorte de nacer nos suburbios de Nápoles; cada un dos protagonistas ten que superar a dura vida que lle impuxo o destino, e que chega ata nos dunha maneira sinxela e impactante. Co remate de cada relato, atopábame ante un novo momento de desacougo, ao darme conta de que para algunhas persoas a vida resulta moito máis dura do que a miña cabeza pode imaxinar; esa sensación fíxome analizar o meu presente, de maneira que, desde entón, valoro o que teño, moito máis do que o valoraba. Entre os capítulos, quedoume verdadeiramente marcado o da moza que, con tan só 14 anos, viuse obrigada a abortar, sen o apoio moral de ninguén, ao sufrir unha violación por parte do seu pai. Por máis que penso, non son capaz de crer que exista xente capaz de facer tal atrocidade.

    ResponderEliminar
  5. David Valverde

    Cando decidín entrar no club de lectura penso que foi unha boa idea xa que este libro, Dez, achéganos unha visión do mundo que se vive nos suburbios de Nápoles. O libro consta de dez capítulos curtos, un por cada mandamento, nos que o autor tenta transmitirnos como é a vida nestes suburbios; uns lugares que non están exentos de violencia e nos que a as normas de convivencia entre os seres humanos quedaron desterradas xa fai tempo. Os protagonistas teñen que loitar día a día co paso do tempo nestes suburbios e, ademais, son xente nova polo que o espazo para a esperanza é escaso. Quero resaltar destes dez relatos o primeiro, titulado "Amarás a Deus sobre todas as cousas", no que un rapaz novo que sae de festa coa súa moza conta como son as relacións entre as persoas nestes arrabaldes, e como se supón que hai un xefe que traballas para el, e que cando queres escapar xa non podes, xa é demasiado tarde e se o intentas, sabes que acabarás morto.

    ResponderEliminar
  6. Eu vinme animado a ler este libro porque según o que a profesora nos comentou e algún compañeiro me comentou estaba bastante ben. Este é o primeiro libro que leo de Andrej Longo e non me defraudou xa que estas historias que el nos comenta están bastante ben. As historias reprodúcense nos suburbios italianos especialmente nos de Nápoles.Trata temas variados pero case todos teñen un trazo tráxico, o capítulo que mais me chamou a atención foi no que se fala dunha rapaza que foi violada polo seu pai, e esta rapaza tivo que conseguir os cartos para poder abortar.Parece mentira pero estes casos aínda se dan na actualidade. Anímate e lee DEZ.

    Rubén Lorenzo Vicente

    ResponderEliminar