A quen non lle apeteza ler Los juegos del hambre, pode optar por escoller este interesante e orixinal libro, contado desde o punto de vista dun neno autista. A ver que vos parece.
O libro O curioso incidente do can a media noite conta a historia dun neno autista entusiasmado polas matemáticas e cunha mente privilexiada para recordar cousas particulares. Este neno dende moi pequeno , pero xa con uso de razón quedou orfo de nai ou iso cría el. Un día pola maña encontrou o can da veciña morto e acercouse a el , a veciña saíu da casa e pensou que fora el quen o matara. A raíz disto comezou a investigar quen fora o asasino do can , e mentres ía atopando pistas comezou a escribir un libro, o pai cando se deu conta do que estaba facendo o seu fillo colleulle o libro e escondeullo . Unha vez que o pai estaba traballando decidiu buscar o libro , e encontrouno no armario detrás dunha caixa o lado de esas caixas atopábanse unhas cartas o seu nome , colleu unha e leuna. A carta estaba firmada pola nai , así que ao día seguinte decidiu lelas todas , e deuse conta que a súa nai estaba viva e que o seu pai lle mentira e o neno comezou a marearse e caeu a cama. Cando o pai regresou do traballo encontrouse o fillo enriba da cama con tódalas cartas abertas e confesoulle que el era o asasino do can e que a súa nai estaba viva. O neno con medo decide ir a xunta da súa nai que vivía noutra cidade e escapa da casa do pai.
O libro en si é moi entretido e unha historia que engancha e fai fácil a súa lectura . Recomendaríao aos meus compañeiros para que o lesen, xa que fai reflexionar en que tódalas persoas ás que consideramos ´rariños´por non desempeñar as mesmas funcións ca nós ao non ter as mesmas capacidades , poden conseguir o mesmo ca nós . O neno do libro fainos reflexionar sobre a importancia de superar obstáculos na nosa vida.
O libro escollido polo clube de lectura nesta ocasión foi "O curioso incidente do can á media noite" de Mark Haddon. Este libro cóntanos a historia dun rapaz autista que pese ás súas dificultades quere acceder á escola superior de matemáticas. Unha das cousas que máis me impresionou foi que é un rapaz que lle gusta moito establecer unha orde para realizar as súas tarefas e non lle gustan as aglomeracións. Outra das cousas que me chamou a atención foi a actitude da nai, xa que como non era capaz de convivir co problema do seu fillo decidiu machar e deixar toda a responsabilidade no pai. Este libro gustoume moito, ademais é moi fácil de ler, eu recomendaríallo a moitas persoas porque libros así fannos reflexionar sobre a importancia de superar ditas enfermidades.
Este trimestre a proposta do club de lectura foi "O curioso incidente do can á media noite" de Mark Haddon. Como sucedeu coa última lectura, os profesores acertaron co libro que escolleron. Esta obra preséntanos a vida de Christopher Boone, un neno de quince anos que padece o síndromo de Asperger; él mesmo relata a historia, o que fai que o lector poida introducirse nun mundo totalmente diferente ao seu, un mundo dominado polo rigor e a exactitude. Hai dúas cousas que me chamaron a atención especialmente: por unha banda, foi a capacidade que o protagonista tiña para as matemáticas,pois a pesar das limitacións que acarrexa a súa enfermidade, é capaz de desenvolver cálculos matemáticos de moita complexidade; e por outra banda, a dificultade da súa nai para sobrelevar as dificultades diarias que suceden, ela vese superada polos problemas e en lugar de enfrontarse a eles decide fuxir. Dado que se trata do seu fillo, paréceme unha actitude un tanto covarde. Recomendo a lectura desde libro.
Participar no club de lectura o trimestre pasado pareceume unha actividade interesante, polo que decidín volver. Nesta ocasión o libro proposto foi "O curioso incidente do can á media noite", de Mark Haddon. Aínda que o título non resulta moi atractivo, o interior garda unha historia realmente interesante e impactante, sobre todo porque recolle a perspectiva dun neno autista, polo que transmite a súa visión do mundo, lugar onde non é fácil ubicarse. Chama realmente a atención o metódica que é a súa vida, o fácil que lle resulta o que para a xente normal é complicado, e o insoportable que é para el realizar as tarefas máis sinxelas do día a día. Tamén a actitude dos país é chamativa; no caso do pai, que é máis tranquilo, intenta convivir co problema da mellor forma posible, procurando o mellor para o neno, sen embargo, para a nai a situación é desbordante polo que decide facerse a un lado, actitude moi egoísta, xa que o seu fillo non ten a culpa do seu problema.
Macarena Silva
ResponderEliminarO libro O curioso incidente do can a media noite conta a historia dun neno autista entusiasmado polas matemáticas e cunha mente privilexiada para recordar cousas particulares. Este neno dende moi pequeno , pero xa con uso de razón quedou orfo de nai ou iso cría el.
Un día pola maña encontrou o can da veciña morto e acercouse a el , a veciña saíu da casa e pensou que fora el quen o matara. A raíz disto comezou a investigar quen fora o asasino do can , e mentres ía atopando pistas comezou a escribir un libro, o pai cando se deu conta do que estaba facendo o seu fillo colleulle o libro e escondeullo .
Unha vez que o pai estaba traballando decidiu buscar o libro , e encontrouno no armario detrás dunha caixa o lado de esas caixas atopábanse unhas cartas o seu nome , colleu unha e leuna. A carta estaba firmada pola nai , así que ao día seguinte decidiu lelas todas , e deuse conta que a súa nai estaba viva e que o seu pai lle mentira e o neno comezou a marearse e caeu a cama.
Cando o pai regresou do traballo encontrouse o fillo enriba da cama con tódalas cartas abertas e confesoulle que el era o asasino do can e que a súa nai estaba viva.
O neno con medo decide ir a xunta da súa nai que vivía noutra cidade e escapa da casa do pai.
O libro en si é moi entretido e unha historia que engancha e fai fácil a súa lectura . Recomendaríao aos meus compañeiros para que o lesen, xa que fai reflexionar en que tódalas persoas ás que consideramos ´rariños´por non desempeñar as mesmas funcións ca nós ao non ter as mesmas capacidades , poden conseguir o mesmo ca nós .
O neno do libro fainos reflexionar sobre a importancia de superar obstáculos na nosa vida.
Ana Baz
ResponderEliminarO libro escollido polo clube de lectura nesta ocasión foi "O curioso incidente do can á media noite" de Mark Haddon. Este libro cóntanos a historia dun rapaz autista que pese ás súas dificultades quere acceder á escola superior de matemáticas. Unha das cousas que máis me impresionou foi que é un rapaz que lle gusta moito establecer unha orde para realizar as súas tarefas e non lle gustan as aglomeracións. Outra das cousas que me chamou a atención foi a actitude da nai, xa que como non era capaz de convivir co problema do seu fillo decidiu machar e deixar toda a responsabilidade no pai. Este libro gustoume moito, ademais é moi fácil de ler, eu recomendaríallo a moitas persoas porque libros así fannos reflexionar sobre a importancia de superar ditas enfermidades.
Eva Pereira
ResponderEliminarEste trimestre a proposta do club de lectura foi "O curioso incidente do can á media noite" de Mark Haddon. Como sucedeu coa última lectura, os profesores acertaron co libro que escolleron. Esta obra preséntanos a vida de Christopher Boone, un neno de quince anos que padece o síndromo de Asperger; él mesmo relata a historia, o que fai que o lector poida introducirse nun mundo totalmente diferente ao seu, un mundo dominado polo rigor e a exactitude. Hai dúas cousas que me chamaron a atención especialmente: por unha banda, foi a capacidade que o protagonista tiña para as matemáticas,pois a pesar das limitacións que acarrexa a súa enfermidade, é capaz de desenvolver cálculos matemáticos de moita complexidade; e por outra banda, a dificultade da súa nai para sobrelevar as dificultades diarias que suceden, ela vese superada polos problemas e en lugar de enfrontarse a eles decide fuxir. Dado que se trata do seu fillo, paréceme unha actitude un tanto covarde. Recomendo a lectura desde libro.
Inés Pereira
ResponderEliminarParticipar no club de lectura o trimestre pasado pareceume unha actividade interesante, polo que decidín volver. Nesta ocasión o libro proposto foi "O curioso incidente do can á media noite", de Mark Haddon. Aínda que o título non resulta moi atractivo, o interior garda unha historia realmente interesante e impactante, sobre todo porque recolle a perspectiva dun neno autista, polo que transmite a súa visión do mundo, lugar onde non é fácil ubicarse. Chama realmente a atención o metódica que é a súa vida, o fácil que lle resulta o que para a xente normal é complicado, e o insoportable que é para el realizar as tarefas máis sinxelas do día a día. Tamén a actitude dos país é chamativa; no caso do pai, que é máis tranquilo, intenta convivir co problema da mellor forma posible, procurando o mellor para o neno, sen embargo, para a nai a situación é desbordante polo que decide facerse a un lado, actitude moi egoísta, xa que o seu fillo non ten a culpa do seu problema.