Cando decidín ler Ardalén non pensaba na historia que me agardaba tras estas duascentas trinta e cinco follas. Unha historia que nos explica que somos o que recordamos, e que os nosos recordos poden conter odio, amor, paixón, dor... Pero o mesmo tempo os nosos recordos tamén son os recordos doutras persoas. Ardalén cóntanos como Sabela trata de recompor a súa vida en busca de recordos, recordos que lle proporcionará Fidel; un vello que ten ensoñacións e alucinacións con persoas que xa morreron. Ao final da historia Sabela consegue por medio de Fidel o que buscaba, coñece a verdade do seu avó Francisco e ata chega a imaxinar xunto a Fidel como saen as baleas do bosque co ardalén. O final do libro inspira a libre interpretación, pero penso que a idea que quere transmitir é clara: somos o que recordamos, e ninguén queda exento dos seus propios recordos, nin dos dos demais.
Ardalén é unha banda deseñada que conta a historia dunha rapaza, Sabela, que vai a un pobo de Galicia en busca de información sobre o seu avó. Unha vez alí, entra nunha taberna e pregúntalle á dona se coñece a alguén que poída saber sobre Cuba. Uns vellos dinlle que hai un home, Fidel , o náufrago (así o coñecían) que podía saber algo. Unha vez falado con Fidel varias veces , dáse conta de que hai cousas que di que non son normais , que ten un pouco de loucura nos seus pensamentos. Cando Fidel soña co avó de sabela , vai buscala e cóntallo. Fidel , que en realidade non se chamaba así , senón Antonio, salva a Sabela dun vello que intentou abusar dela e mátao. Unha vez tomada declaración e xa fóra , todo o pobo pídelle perdón a Fidel por enganalo e crearlle falsos pensamentos. Cando Fidel morre, Sabela queda coa casa del. Á volta tras uns meses a aldea , Sabela soña e aparécenselle todos os personaxes cos que Fidel soñaba.
Neste último trimestre, no club de lectura, puxeron como opción para ler e comentar o gran comic de Miguelanxo Prado titulado "Ardalén". Dende o meu punto de vista, este é un libro que lle recomendo a todos os meus compañeiros e amigos, posto que é un libro moi levadeiro,no meu caso non só e que fose levadeiro senón que non podia parar de lelo, enganchoume de tal maneira que ata no autobús lin. Presenta unha historia dunha señora de 42 anos e que está separada, non sente razón pola que vivir, e para despexar para buscar algún motivo que lle axude a seguir coa vida, decide investigar sobre o seu avó, que marchou para Cuba no tempo da guerra. Preguntou por un pobo ata que lle dixeron que a única persoa que podía axudar algo era Fidel, ou Antonio ou Toñito. Este tiña certos problemas coa memoria como consecuencia da idade. Pero tras o entusiasmo de Sabela, conseguiu recordar cousas do pasado, ata que unha noite, o avó de Sabela Francisco, visitou a Fidel e...
Ardalén de Miguelanxo Prado é o libro proposto como última lectura deste curso polo club de lectura. No meu caso particular é a primeira novela gráfica que leo, e resultoume unha forma interesante de realizar esta actividade. A diferenza das novelas comúns, reduce a posibilidade de imaxinación a hora de facerte a imaxe dos personaxes ou das paisaxes na cabeza, pero non está mal. A historia que se relata é sinxela, sen embargo resulta interesante e entretida, a min gustoume. Podería destacar, entre as cousas que me chamaron a atención, a maldade presente na personalidade dun dos homes do pobo, agora non recordo ben o nome; a perversión da súa moral faino crer que todos son da súa condición, non obstante, non é así. Recomendaría a lectura desta novela gráfica, sen dúbida.
Este trimestre como proposta do club de lectura lemos "Ardalén" de Miguelanxo Prado. Non se trata dunha novela común, senón dunha novela gráfica; eu persoalmente solo lera unha ata este momento. Gustoume e pareceume interesante esta proposta, porque é unha maneira de presentarnos ó alumnado formas diferentes de lectura. Da historia o que me chamou a atención foi a mentalidade do protagonista; ao que me refiero é que a súa loucura non lle impedía levar unha vida medianamente normal e equilibrada; aínda que estaba apartado do resto do pobo. As visitas de "kfhaluhfea" facíanlle moito ben, eran un bálsamo na súa soidade
Cando a mestra nomeou "Ardalén", decidínme a lelo porque dende sempre me gustan moito as bandas deseñadas, aínda que debo confesar de que polo feito de estar en galego non me atraía moito, xa que me custa ler neste idioma. Agora que xa o rematei, podo dicir que a pesar deste "hándicap" da lingua, é un moi bo libro que relata a historia de Sabela, unha moza que busca coñecer a historia do seu avó, a quen nunca puido coñecer, a través dun home que di chamarse Fidel, ao cal lle falla a memoria. Tamén quero dicir que, outra cousa que me encantou, son os debuxos cos que se acompaña o texto, sinxelos e complicados á vez, pois encerran a personalidade e os estados de ánimo dos personaxes en cada momento da historia. Por último, dicir que é un libro digno de ser recomendado a toda clase de lectores.
O libro que acabo de ler de Miguel Anxo Prado pareceume interesante e un tanto curioso, debido a que o home "Fidel", aínda que non era o seu nome real, vía baleas e o fondo do mar como se fose real, ademais dos seus supostos antigos amigos.Por outra parte, tamén me pareceu interesante a historia da pobre Sabela, que case non coñecía nada da hisotia do seu avó.
Miguel Anxo Prado, o escritor do libro que acabo de ler para o clube de lectura, pareceume moi ameno e curto, pero ao mesmo tempo moi completo de información.O que máis me gustou deste libro foi a trama que presentaba, posto que Sabela daba moito que sospeitar ao chegar, sen máis, a un pobo remoto e investigar sobre o seu avó. Tamén me pareceu moi estraña e complicada a historia que vivía Fidel, inventando toda unha vida paralela á súa, pero que ocorrera na realidade. Mélodi Valverde Martíns
É un libro moi interesante, do cal destacaría a visión que se fai das personaxes, podendo diferenciar claramente, dúas visións contrapostas, por un lado a boa intención da muller, e polo outro, a mala intención de parte dos habitantes do pobo, en especial o señor maior, os cales pretendían só o beneficio económico do pobre ancián "medio tolo". Na miña opinión, vese aquí o fin de gran parte da sociedade actual, centrada no diñeiro en lugar doutras cousas máis importantes.
Neste último club de lectura, o libro proposto é Ardalen, de Miguel Anxo, pareceume un libro interesante, breve e entretido, facilita moito a lectura é a imaxinación, pois ao ser unha historia grafica facilítanos a imaxe visual dos espazos e personaxes. Resúltame unha historia un tanto estraña, desde o punto de vista de que "Fidel" é un home acostumado a vivir só cos seus pensamentos, por outra parte moi desordenados, ata que recibe as visitas de Sabela, e logra recuperar todos os seus recordos, de forma continua. O autor tamén representa de forma formidable a maldade, en forma dun ancián do pobo, desesperado porque ningunha moza o quere, e intentando aproveitarse da herdanza do pobre Fidel. Na miña opinión deberian porse máis libros de este tipo, pois ao lerse facilmente lograrían ter máis adeptos a este tipo de actividades.
A última propsta do clube de lectura foi a novela gráfica Ardalén, de Miguelanxo Prado. Esta novela cóntanos como Sabela intenta saber algo máis da vida do seu avó, xa que este emigrou, como moitos outros galegos, e non regresou máis. Para saber algo máis de como fora a súa vida lonxe de Galicia, foi a un pequeno pobo. Nel atopou a Fidel, un home maior que o que contaba non sabía se realmente o vivira ou era froito da súa imaxinación; pero aínda así, atopou a información que buscaba e soubo como fora a vida do seu avó, incluso a que idade falecera. Este libro gustoume moito recomedaríallo a tódolos meus compañeiros.
A lectura de Miguel Anxo prado chamada Ardalén, é o primeiro cómic que lin en galego, a verdade é que conta unha historia doada de entender e á vez un pouco cruel, digo cruel pola forma na que tratan o ancián os homes do pobo. A única que o trata ben é o protagonista. Tamén digo que é unha lectura doada, pero cuns debuxos impresionantes que serven tamén de narración.Por exemplo o momento das baleas no ceo. Por último, dicir que conta unha historia bastante interesante e emocionante.
Como os dous trimestres anteriores, decidín ler de novo o libro proposto polo club de lectura, Centrándome no cómic, cando me dixeron que era un libro desta índole chamoume pouco a atención, xa que me parecen libros para pequenos como Astérix e Obélix, pero como non se pode xulgar nada sen coñecelo, decidín lelo. Centrándome na historia contada, chamáronme a atención principalmente dous aspectos: en primeiro lugar, a maldade e a codicia dalgunhas persoas, o caso do Vello, que só vía a ocasión de aproveitarse de Fidel, no lugar de axudarlle. En segundo lugar, o feito de perder os recordos, perder dun xeito o teu pasado ao non lograr recordalos de ningún xeito. Esa sensación pareceríame moi inquedante e frustrante. Gracias a Sabela, coseguin recordar o seu pasado e volver a ser feliz "do todo". Por último, merecen especial mención os debuxos, moi claros e expresivos. En resumo, un bo libro
Este é o primeiro libro que leo para o club de lectura, este libro pareceume un libro moi interesante ainda que que a simple vista non me chamou moito a atencion porque amin os comics non me gustan case nada.As ilustracións que neste libro se alugan son espetaculares.Ardalen que é como se chama o libro trata dunha rapaza chamada Sabela que de supeto quere saber o que lle sucedeu o seu avó xa que este emigrara como outros moitos galegos pero non chegou a voltar. Este libro pareceume bastante entretido e recomendariallo a moitos outros rapaces e compañeiros.
A proposta do club de lectura para o mes de abril é "Ardalén", esta é unha novela gráfica de Miguelanxo Prado que en principio semellase a un cómic dos que se lían sendo neno, pero isto non é así. Decidín ler "Ardalén" xa que moitos dos meus compañeiros recomendáronmo e ben que fixen en lelo.Este libro conta a historia dunha rapaza chamada Sabela que tenta saber máis do seu avó e para iso viaxou ata un pobo no que atopou a un vello que lle contou o sucedido, a única pega era se era froito da imaxinación o que lle contara ou se era verdade.Unha das cousas que máis me chamou a atención é a forma de tratar o señor, xa que salvo Sabela, a outra xente tratábao como se tratan hoxe en día aos vellos que só fan rosmar e contar historias froito da súa imaxinación. Pero todo isto cambia cando Fidel salva a Sabela dunha violación, tras este heroico acontecemento, a pobo trátao como verdadeiramente o merece e descúlpanse por dubidar das súas historias, posto que Sabela foi das poucas que o trataron con respecto dende a primeira vez, ao morrer, quedou coa casa de Fidel. Esta obra analizándoa profundamente resulta espectacular xa que non só trata o tema da emigración senón podemos apreciar como a xente trata os anciáns. Na miña opinión é unha obra doada de ler e moi entretida,con temas curiosos. Citar que é a primeira vez que lín un "cómic" en galego e creo que foi unha decisión acertada comezar con Ardalén.
David Valverde Cabaleiro
ResponderEliminarCando decidín ler Ardalén non pensaba na historia que me agardaba tras estas duascentas trinta e cinco follas. Unha historia que nos explica que somos o que recordamos, e que os nosos recordos poden conter odio, amor, paixón, dor... Pero o mesmo tempo os nosos recordos tamén son os recordos doutras persoas. Ardalén cóntanos como Sabela trata de recompor a súa vida en busca de recordos, recordos que lle proporcionará Fidel; un vello que ten ensoñacións e alucinacións con persoas que xa morreron. Ao final da historia Sabela consegue por medio de Fidel o que buscaba, coñece a verdade do seu avó Francisco e ata chega a imaxinar xunto a Fidel como saen as baleas do bosque co ardalén. O final do libro inspira a libre interpretación, pero penso que a idea que quere transmitir é clara: somos o que recordamos, e ninguén queda exento dos seus propios recordos, nin dos dos demais.
Macarena Silva Leyenda
ResponderEliminarArdalén é unha banda deseñada que conta a historia dunha rapaza, Sabela, que vai a un pobo de Galicia en busca de información sobre o seu avó. Unha vez alí, entra nunha taberna e pregúntalle á dona se coñece a alguén que poída saber sobre Cuba. Uns vellos dinlle que hai un home, Fidel , o náufrago (así o coñecían) que podía saber algo. Unha vez falado con Fidel varias veces , dáse conta de que hai cousas que di que non son normais , que ten un pouco de loucura nos seus pensamentos. Cando Fidel soña co avó de sabela , vai buscala e cóntallo. Fidel , que en realidade non se chamaba así , senón Antonio, salva a Sabela dun vello que intentou abusar dela e mátao. Unha vez tomada declaración e xa fóra , todo o pobo pídelle perdón a Fidel por enganalo e crearlle falsos pensamentos. Cando Fidel morre, Sabela queda coa casa del. Á volta tras uns meses a aldea , Sabela soña e aparécenselle todos os personaxes cos que Fidel soñaba.
Sara Crespo Caeiro
ResponderEliminarNeste último trimestre, no club de lectura, puxeron como opción para ler e comentar o gran comic de Miguelanxo Prado titulado "Ardalén". Dende o meu punto de vista, este é un libro que lle recomendo a todos os meus compañeiros e amigos, posto que é un libro moi levadeiro,no meu caso non só e que fose levadeiro senón que non podia parar de lelo, enganchoume de tal maneira que ata no autobús lin. Presenta unha historia dunha señora de 42 anos e que está separada, non sente razón pola que vivir, e para despexar para buscar algún motivo que lle axude a seguir coa vida, decide investigar sobre o seu avó, que marchou para Cuba no tempo da guerra. Preguntou por un pobo ata que lle dixeron que a única persoa que podía axudar algo era Fidel, ou Antonio ou Toñito. Este tiña certos problemas coa memoria como consecuencia da idade. Pero tras o entusiasmo de Sabela, conseguiu recordar cousas do pasado, ata que unha noite, o avó de Sabela Francisco, visitou a Fidel e...
Eva Pereira
ResponderEliminarArdalén de Miguelanxo Prado é o libro proposto como última lectura deste curso polo club de lectura. No meu caso particular é a primeira novela gráfica que leo, e resultoume unha forma interesante de realizar esta actividade. A diferenza das novelas comúns, reduce a posibilidade de imaxinación a hora de facerte a imaxe dos personaxes ou das paisaxes na cabeza, pero non está mal. A historia que se relata é sinxela, sen embargo resulta interesante e entretida, a min gustoume. Podería destacar, entre as cousas que me chamaron a atención, a maldade presente na personalidade dun dos homes do pobo, agora non recordo ben o nome; a perversión da súa moral faino crer que todos son da súa condición, non obstante, non é así. Recomendaría a lectura desta novela gráfica, sen dúbida.
Inés Pereira
ResponderEliminarEste trimestre como proposta do club de lectura lemos "Ardalén" de Miguelanxo Prado. Non se trata dunha novela común, senón dunha novela gráfica; eu persoalmente solo lera unha ata este momento. Gustoume e pareceume interesante esta proposta, porque é unha maneira de presentarnos ó alumnado formas diferentes de lectura. Da historia o que me chamou a atención foi a mentalidade do protagonista; ao que me refiero é que a súa loucura non lle impedía levar unha vida medianamente normal e equilibrada; aínda que estaba apartado do resto do pobo. As visitas de "kfhaluhfea" facíanlle moito ben, eran un bálsamo na súa soidade
María Ortega
ResponderEliminarCando a mestra nomeou "Ardalén", decidínme a lelo porque dende sempre me gustan moito as bandas deseñadas, aínda que debo confesar de que polo feito de estar en galego non me atraía moito, xa que me custa ler neste idioma. Agora que xa o rematei, podo dicir que a pesar deste "hándicap" da lingua, é un moi bo libro que relata a historia de Sabela, unha moza que busca coñecer a historia do seu avó, a quen nunca puido coñecer, a través dun home que di chamarse Fidel, ao cal lle falla a memoria. Tamén quero dicir que, outra cousa que me encantou, son os debuxos cos que se acompaña o texto, sinxelos e complicados á vez, pois encerran a personalidade e os estados de ánimo dos personaxes en cada momento da historia. Por último, dicir que é un libro digno de ser recomendado a toda clase de lectores.
Alejandro Miniño
ResponderEliminarO libro que acabo de ler de Miguel Anxo Prado pareceume interesante e un tanto curioso, debido a que o home "Fidel", aínda que non era o seu nome real, vía baleas e o fondo do mar como se fose real, ademais dos seus supostos antigos amigos.Por outra parte, tamén me pareceu interesante a historia da pobre Sabela, que case non coñecía nada da hisotia do seu avó.
Mélodi Valverde Martíns
ResponderEliminarMiguel Anxo Prado, o escritor do libro que acabo de ler para o clube de lectura, pareceume moi ameno e curto, pero ao mesmo tempo moi completo de información.O que máis me gustou deste libro foi a trama que presentaba, posto que Sabela daba moito que sospeitar ao chegar, sen máis, a un pobo remoto e investigar sobre o seu avó. Tamén me pareceu moi estraña e complicada a historia que vivía Fidel, inventando toda unha vida paralela á súa, pero que ocorrera na realidade. Mélodi Valverde Martíns
Julián Galván Mischek
ResponderEliminarÉ un libro moi interesante, do cal destacaría a visión que se fai das personaxes, podendo diferenciar claramente, dúas visións contrapostas, por un lado a boa intención da muller, e polo outro, a mala intención de parte dos habitantes do pobo, en especial o señor maior, os cales pretendían só o beneficio económico do pobre ancián "medio tolo". Na miña opinión, vese aquí o fin de gran parte da sociedade actual, centrada no diñeiro en lugar doutras cousas máis importantes.
Alexandre Gallego
ResponderEliminarNeste último club de lectura, o libro proposto é Ardalen, de Miguel Anxo, pareceume un libro interesante, breve e entretido, facilita moito a lectura é a imaxinación, pois ao ser unha historia grafica facilítanos a imaxe visual dos espazos e personaxes. Resúltame unha historia un tanto estraña, desde o punto de vista de que "Fidel" é un home acostumado a vivir só cos seus pensamentos, por outra parte moi desordenados, ata que recibe as visitas de Sabela, e logra recuperar todos os seus recordos, de forma continua. O autor tamén representa de forma formidable a maldade, en forma dun ancián do pobo, desesperado porque ningunha moza o quere, e intentando aproveitarse da herdanza do pobre Fidel. Na miña opinión deberian porse máis libros de este tipo, pois ao lerse facilmente lograrían ter máis adeptos a este tipo de actividades.
Ana Baz
ResponderEliminarA última propsta do clube de lectura foi a novela gráfica Ardalén, de Miguelanxo Prado. Esta novela cóntanos como Sabela intenta saber algo máis da vida do seu avó, xa que este emigrou, como moitos outros galegos, e non regresou máis. Para saber algo máis de como fora a súa vida lonxe de Galicia, foi a un pequeno pobo. Nel atopou a Fidel, un home maior que o que contaba non sabía se realmente o vivira ou era froito da súa imaxinación; pero aínda así, atopou a información que buscaba e soubo como fora a vida do seu avó, incluso a que idade falecera.
Este libro gustoume moito recomedaríallo a tódolos meus compañeiros.
Abraham Carneiro Carneiro
ResponderEliminarA lectura de Miguel Anxo prado chamada Ardalén, é o primeiro cómic que lin en galego, a verdade é que conta unha historia doada de entender e á vez un pouco cruel, digo cruel pola forma na que tratan o ancián os homes do pobo. A única que o trata ben é o protagonista. Tamén digo que é unha lectura doada, pero cuns debuxos impresionantes que serven tamén de narración.Por exemplo o momento das baleas no ceo. Por último, dicir que conta unha historia bastante interesante e emocionante.
Julián
ResponderEliminarComo os dous trimestres anteriores, decidín ler de novo o libro proposto polo club de lectura, Centrándome no cómic, cando me dixeron que era un libro desta índole chamoume pouco a atención, xa que me parecen libros para pequenos como Astérix e Obélix, pero como non se pode xulgar nada sen coñecelo, decidín lelo. Centrándome na historia contada, chamáronme a atención principalmente dous aspectos: en primeiro lugar, a maldade e a codicia dalgunhas persoas, o caso do Vello, que só vía a ocasión de aproveitarse de Fidel, no lugar de axudarlle. En segundo lugar, o feito de perder os recordos, perder dun xeito o teu pasado ao non lograr recordalos de ningún xeito. Esa sensación pareceríame moi inquedante e frustrante. Gracias a Sabela, coseguin recordar o seu pasado e volver a ser feliz "do todo". Por último, merecen especial mención os debuxos, moi claros e expresivos. En resumo, un bo libro
Rubén Lorenzo Vicencete
ResponderEliminarEste é o primeiro libro que leo para o club de lectura, este libro pareceume un libro moi interesante ainda que que a simple vista non me chamou moito a atencion porque amin os comics non me gustan case nada.As ilustracións que neste libro se alugan son espetaculares.Ardalen que é como se chama o libro trata dunha rapaza chamada Sabela que de supeto quere saber o que lle sucedeu o seu avó xa que este emigrara como outros moitos galegos pero non chegou a voltar.
Este libro pareceume bastante entretido e recomendariallo a moitos outros rapaces e compañeiros.
Sergio Álvarez González
ResponderEliminarA proposta do club de lectura para o mes de abril é "Ardalén", esta é unha novela gráfica de Miguelanxo Prado que en principio semellase a un cómic dos que se lían sendo neno, pero isto non é así. Decidín ler "Ardalén" xa que moitos dos meus compañeiros recomendáronmo e ben que fixen en lelo.Este libro conta a historia dunha rapaza chamada Sabela que tenta saber máis do seu avó e para iso viaxou ata un pobo no que atopou a un vello que lle contou o sucedido, a única pega era se era froito da imaxinación o que lle contara ou se era verdade.Unha das cousas que máis me chamou a atención é a forma de tratar o señor, xa que salvo Sabela, a outra xente tratábao como se tratan hoxe en día aos vellos que só fan rosmar e contar historias froito da súa imaxinación. Pero todo isto cambia cando Fidel salva a Sabela dunha violación, tras este heroico acontecemento, a pobo trátao como verdadeiramente o merece e descúlpanse por dubidar das súas historias, posto que Sabela foi das poucas que o trataron con respecto dende a primeira vez, ao morrer, quedou coa casa de Fidel. Esta obra analizándoa profundamente resulta espectacular xa que non só trata o tema da emigración senón podemos apreciar como a xente trata os anciáns. Na miña opinión é unha obra doada de ler e moi entretida,con temas curiosos. Citar que é a primeira vez que lín un "cómic" en galego e creo que foi unha decisión acertada comezar con Ardalén.