Club de Lectura Lerias: Imaxes que paga a pena lembrar do 2014
Ao longo do 2014 reunímonos en varias ocasións para falar das nosas lecturas e organizar as saídas do Club.
Non o pasamos nada mal!
Fomos á illa de San Simón despois de ler Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz, reunímonos para falar dun clásico da literatura brasileira, A miña planta de laranxa lima e visitamos Lugo, guiados pola nosa lectura de Contos de medo no museo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario