Lemos algúns dos poemas de Rosalía que máis nos gustaban nos xardíns da Casa da Matanza en Padrón, visitamos a casa do Poeta de Rianxo, Manuel Antonio, despois de recitar varios dos seus poemas diante do seu busto na beiramar. Lembramos a outros dous escritores rianxeiros, Castelao e Rafael Dieste realizando a lectura dalgúns dos seus relatos e partimos rumbo á Pobra do Caramiñal para atoparnos coa obra de Valle Inclán a través das súas Sonatas no mirador da Curotiña e coñecendo o interesante Museo Valle Inclán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario