22/12/10
Reunión Club de Lectura: Almogávar sin querer
Na reunión non eramos moitas/os porque estivemos moi liados cos exames da primeira avaliación e non houbo demasiado tempo dispoñible para a lectura, pero si foron interesantes os comentarios sobre a estrutura do libro, como é importante entendela para interpretar ben o que se conta. Salientouse tamén o acerto da ambientación, que reflectía claramente as diferenzas sociais existentes na Idade Media, un pobre almogávar como o protagonista,Garcés, non podía aspirar ao amor dunha nobre nin sequera a saber ler ou escribir . Aparecen oficios e outros aspectos da vida cotiá que conseguen trasladarnos ao século XIV. Unha boa lectura en definitiva.
23/11/10
Almogávar sin querer
Este libro de Fernando Lalana está ambientado na época dos almogáraves, guerreiros procedentes de Cataluña e Aragón que participaron nas guerras de conquista en territorio do antigo Imperio de Bizancio contra os turcos. Tiñan fama de ser terribles e letais, esmagando a aqueles cos que loitaban, especialmente un grupo liderado por Roger de Flor. Neste contexto aparece un mozo que se resiste ao destino que lle teñen preparado por tradición: non quere ser guerreiro nin loitar en ningunha guerra. ¿Conseguirá impoñer o seu criterio e a súa ansia de liberdade? Para sabelo, teredes que ler esta novela con trasfondo histórico, que recolle tamén unha curiosa historia de amor imposible.
9/11/10
Compartindo lectura: O lobishome de Candeán
Este libro en xeral gustou por tratarse dunha lectura fluída, amena, co aliciente de estar ambientada en zonas próximas a Baiona. Aínda que o final non convenceu a varias/os lectoras/es porque se resolve demasiado rápido e hai algúns personaxes e situacións que quedan incompletas.
12/10/10
NOVO CURSO: NOVOS HORIZONTES E LECTURAS
Retomamos as actividades do Club de lectura Lerias propoñéndovos que escollades calquera destes dous libros: O lobishome de Candeán de Paula Carballeira ou Pel de lobo de Xosé Miranda.
Os dous tratan o tema do lobishome ou da muller-lobo, temática de longa tradición da cultura popular galega. A escolla ten que ver coa proximidade do mes de novembro, do Samaín, do día de defuntos e co outono que crea unha atmosfera propicia aos temas de misterio e mesmo para a lectura de relatos de medo.
13/5/10
O diario vermello de Carlota e de Flanagan
Estaredes un pouco extrañados por ver dous libros, pero si, a proposta que vos facemos e dobre e un pouco sexista: O diario vermello de Carlota para as rapazas e O diario vermello de Flanagan para os rapaces.
Agora que ti podes elixilos como queiras e incluso ler os dous.
Esperamos que vos gusten e vos resulten de interese.
Xa contaredes.
21/4/10
El asesinato del profesor de matemáticas
21/3/10
Tomás, buscador de la verdad
Videoconferencia
O próximo xoves 25 de marzo teremos a nosa primeira videoconferencia. Terá lugar na bibiblioteca e contaremos con Mª Cristina González Piñeiro, tradutora do libro Seda de Alessandro Baricco. Con ela falaremos do proceso de tradución dun libro e por suposto de Seda.
11/1/10
SEDA, Alessandro Baricco
Ola a tod@s e feliz 2010!
O club de lectura ponse en marcha. A lectura que te propoñemos é SEDA do escritor italiano Alessandro Baricco. Pasa pola biblioteca, colle o teu exemplar e a disfrutar.
Podes deixar os teus comentarios segundo vaias lendo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)