22/12/10
Reunión Club de Lectura: Almogávar sin querer
Na reunión non eramos moitas/os porque estivemos moi liados cos exames da primeira avaliación e non houbo demasiado tempo dispoñible para a lectura, pero si foron interesantes os comentarios sobre a estrutura do libro, como é importante entendela para interpretar ben o que se conta. Salientouse tamén o acerto da ambientación, que reflectía claramente as diferenzas sociais existentes na Idade Media, un pobre almogávar como o protagonista,Garcés, non podía aspirar ao amor dunha nobre nin sequera a saber ler ou escribir . Aparecen oficios e outros aspectos da vida cotiá que conseguen trasladarnos ao século XIV. Unha boa lectura en definitiva.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Pareceume un libro moi entretido, que conta un historia de amor que lle dá moita emoción, e anima a seguir lendo ata coñecer o final da relación entre os rapaces que a protagonizan. Gústame tamén a mestura que fai o autor ó empregar trazos moi históricos, con información moi precisa e situando o espazo e o tempo na Idade Media, en lugares moi concretos, o que dá moita veracidade e o utilizar tamén caracteres misteriosos arredor do irmán Gabriel, que vai guiar un pouco e encauzar a relación entre os protagonistas, Garcés e Viola, en dous momentos moi relevantes na novela. Paréceme unha obra moi respectuosa coa historia, xa que se reflicte á perfección a sociedade e a forma de vida da época. A estrutura destaca por facer da novela, unha obra moi interesante, xa que amosa novas formas de ler e coñecer os libros. Eu animo a todos aqueles que queiran pasar un bo momento a ler esta novela, que mestura amor e guerra, ricos e pobres, historia e fantasía, paixón e dúbidas..., a escoller este libro de Fernando Lalana porque, sen dúbida, vanse entreter na súa lectura.
ResponderEliminarMarta Samoelle Nieto
Reunión Club de Lectura: Almogávar sin querer , 24/12/10
Lenice Hilario Gómez
ResponderEliminarO libro está baseado nunha historia de amor que se remonta á época medieval cando existían almogávares(guerreiros), príncipes, baróns... Os protagonistas son Garcés(un guerreiro almogávar que apenas sabía ler e escribir) e Viola(logo herdaría o título de baronesa de seu pai) quen aínda que pertencían a diferentes clases na sociedade, amábanse dende o primeiro momento en que se coñeceron. O pai de Viola non soportaba a Garcés, pensaba que este era pouca cousa para a súa filla Viola, e este viuse na obriga de abandonar a súa terra porque, se non fuxía, o pai mandaríao matar. Aínda separados, Viola e Garcés seguían en contacto e amábanse cada vez máis. Finalmente, cando Garcés regresa á súa terra natal, despois de loitar en numerosas guerras, volve con moitos logros e títulos que acaba rexeitando polo amor de Viola. Pareceume moi amena e entretida a lectura desta historia porque, ademais de que é rápida de ler, engánchaste facilmente á trama que se trata nela. Tamén me gustou a maneira en como fai a descrición e a narración de tódolos feitos acontecidos, xa que se che fai moi doado a hora de imaxinarte o que está a ocorrer nese intre. Por outro lado, aconsellaría e animaría a ler esta historia xa que no club de lectura ninguén deu unha mala valoración sobre este libro e a min persoalmente gustoume bastante.