Nesta ocasión as lecturas propostas son dúas magníficas historias en banda deseñada: Maus e Café Budapest. A primeira achéganos a crúa realidade que viviron os xudeus na Alemaña nazi con personaxes moi ben construídos, que conseguen que a historia nos absorba. A segunda está ambientada nos inicios do conflito palestino-israelí e dá unha visión sinxela dunha situación tan enmarañada e complexa.
Manteremos unha vídeo-conferencia co autor de Café Budapest Alfonso Zapico en datas próximas, así que vos animamos a que leades o libro e participedes na charla. Seguro que resulta interesante.
Ana Amorín Fernández
ResponderEliminarO libro de banda deseñada que eu lín foi Café Budapest. Probablemente todo o que poida dicir deste relato en banda deseñada non sexa nin a mínima parte do que é en realidade este libro. Pareceume unha das mellores obras que lín. Aínda que presenta unhas imaxes sinxelas e incluso poderían considerarse infantís, o contido que teñen é tan expresivo que pode chegar a poñer os pelos de punta. Ademais, o autor non pon ningún reparo en explicar as cousas tal e como foron, sen tapar nada, polo que xorden viñetas tan impresionantes coma as da guerra cando os ingleses abandonan Xerusalén. A parte do libro que máis me impactou foi cando a nai do protagonista está a piques de morrer e relata como cando ó chegar a Auschwiz separárona do marido, e como logo ela rogándolle aos nazis que os deixasen estar xuntos, comeu carne de porco, enganada por estes, pois en realidade era o seu propio marido. Penso que é unha obra de gran actualidade que explica moi ben e dunha forma sinxela o enorme conflito que hai en Palestina, sobre todo en Xerusalén, dende que se aprobou pola ONU a Partición para entregarlles algo dese territorio aos xudeus. Mostra dunha maneira moi clara coma estes e os musulmáns, ao fin e o cabo, non son máis ca monicreques nas mans doutros, que deciden sobre o seu futuro, aínda que non se dan conta, e cúlpanse uns aos outros, ocasionando conflitos e guerras. O libro ten un carácter crítico e tamén educativo, sobre todo no final, que non deixa indiferente a ninguén: o tío do protagonista e este, falando de como seguramente nun par de anos todo o conflito en Xerusalén estaría resolto; e para rematar, unha imaxe do café que alí tiñan, no ano 2008, totalmente derrubado, sinal de que aínda non acabaron os problemas... Realmente recomendo este libro a calquera persoa, pois aínda que é en banda deseñada non é un libro exclusivo para a nxente nova. Penso que a xente de tódalas idades pode lelo, pois ten un gran contido histórico e moral, sobre todo o conflito de relixións que se presenta. Ademais, é moi entretido, fácil de ler e ameno, perfecto para calquera tarde libre que non sabes que facer.
O libro que eu lin foi Café Budapest. Pareceume moi entretido, é moi doado de ler e entender grazas aos debuxos e o vocabulario sinxelo que emprega o autor. A personaxe que máis me gustou foi o protagonista, Yechezkel, xa que viviu nuns tempos moi difíciles pero a pesar diso el continuou loitando polo que quería, ao igual có seu tío Yosef. Gustoume o feito de que o Café de Yosef acollera a persoas de tódalas relixións sen ningún tipo de prexuízo, incluso cando as cousas se puxeron peores en Xerusalén. Tamén me impresionou o momento da morte da nai do protagonista, cando conta a súa experiencia en Auschwiz. Recomendo este libro pois é un relato que poden ler tanto a xente nova coma os adultos, xa que trata un tema de gran actualidade e con moito dramatismo e verosimilitude.
ResponderEliminarNerea Pereira Ruibal
Café Budapest foi o libro de banda deseñada que eu lin. Para min, este foi un dos mellores libros que levo lido de banda deseñada, xa que é moi entretido e trata temas que están sucendendo na actualidade, ademais o autor fai unha mestura de temas: amor( o protagonista Chaskel e a repartidora de froita Yaiza) guerra, tristeza... O que máis me conmoveu desta obra foi cando Spintza (cando está apunto de morrer) conta como os nazis a torturaron a ela e o seu home, primeiro matándoo a el, e despois enganárona a ela dicíndolle que soltarían o seu home só se ela comía carne de porco, que ao final era a do seu propio home. Esta parte pareceume moi arrepiante.
ResponderEliminarOs personaxes que máis me gustaron foron Chaskel, Yosef e Karola xa que se portaron moi ben acollendo na súa casa o seu sobriño máis a Sprintza, cando non estaban pasando por un bo momento e Yaiza, a moza de Chaskel, coa que remata tendo unha filla. Por último, recomendo este libro a todos moz@s, xa que é moi sinxelo de ler, ten un vocabulario de fácil comprensión, e algunhas viñetas moi simpáticas.
Andrea González Rodríguez
Lin Café Budapest porque me gustan as bandas deseñadas, pero teño que dicir que nunca antes lera unha tan impactante como esta. Primeiro quero dicir que nesta obra demóstrase o gran traballo realizado polo autor, tanto a nivel de deseño ( as viñetas ) como a nivel de información sobre o contexto histórico. Persoalmente, a historia non me gustou debido a que é moi sinxela e lineal, todo predicible, pero o motivo polo que eu o recomendo é porque o autor expresa con gran sinxeleza e normalidade, unha situación, o conflito armado de xerusalén que aínda segue nos nosos días. o autor fai que calquera persoa poida entender, dunha maneira moi sinxela, como foron os comezos dese conflito. Á parte da boa contextualización histórica levada a cabo polo autor, outro bo punto de visión é o pequeno carácter "filosófico" que ten, con isto refírome aos prexuízos que se reflicten no libro, os que fan que se rompan as relacións de amistade como as dos amigos de diferentes culturas que se reunían no café Budapest. Tamén nos expresa a necesidade das persoas por "clasificarse" nun grupo, como no final do libro cando tío e sobriño debaten que se son ateos, comunistas, anárquicos... sen eles mesmos sabelo sequera.
ResponderEliminarEn conclusión, é un bo libro que recomendo, pero claro recomendo ler entre liñas porque deste libro pódese sacar algo máis que o que é a historia en si.
Lucio Penedo
Alazne Goce Freire
ResponderEliminarCafé Budapest narra de forma amena e entretida a historia de Chakel, un rapaz xudeu que vive coa súa nai en Budapest, pero que para fuxir dos problemas nos que está inmerso o país deciden viaxar a Palestina para vivir co tío Yosef (irmán da nai de Chaskel) Yosef ten un café chamado Budapest no que se reúnen persoas de diferentes relixións e conviven en harmonia. No momento no que se aproba a división territorial en Palestina comezan os problemas e a violencia no país. O libro narra algúns episodios relacionados con atentados, ameazas ou como os veciños que antes se levaban ben e mesmo tomaban o café xuntos se retiran o saúdo.
Penso que para ser unha banda deseñada que adoita caracterizarse pola súa brevidade, Café Budapest está moi ben estruturado, consegue manter a atención do lector en todo momento e sorprende en moitas das súas partes. Algunhas das cousas que nel se narran son bastante duras, pero conseguen moi ben o seu obxectivo de ambientarnos, e conseguir que imaxinemos en todo momento como pode ser o conflito de Palestina.
Na miña opinión é un libro recomendable tanto para persoas acostumadas a ler banda deseñada como para os que non adoitan ler este tipo de libros como pode ser por exemplo o meu caso, entre outras cousas porque o tema é na miña opinión innovador, ademais de ser moi actual, e moi sinxelo e rápido de ler.
O libro de banda deseñada que eu lin foi Café Budapest. Pareceume un libro moi entretido, pero sobre todo rápido de ler. O tema que trata o libro é moi actual, xa que fala sobre o conflito en Xerusalén entre árabes e xudeus. Ademais penso que o autor realizou un grande traballo para a documentación e exactitud á hora de nomear e desenvolver o contexto histórico no que se desenvolven os feitos. Por outro lado, penso que a diferenza entre a imaxe que tiña o Café Budapest no principio e no final reflicte moito as consecuencias dunha dura loita na que na miña opinión non hai gañadores, senón vencidos. Se nos fixamos ben no romance de Yaiza (árabe) e Chaskel ( xudeu) vemos como esta loita non ten sentido, debido a que estes mostran que independentemente da diferenza entre a relixión, crenzas ou costumes poden chegar a convivir e levarse ben tanto árabes como xudeus sen ter que matarse por ver quen é máis forte ou quen merece o lugar onde viven.
ResponderEliminarFinalmente dicir que o libro está moi ben para saber un pouco máis sobre esta loita que nos prexudica de diferente maneira a todos e aconsellaría que se sacase algo de tempo para lelo.
Lenice Esther Hilario Gómez
Eu lin o libro Café Budapest e a verdade é que foi o primeiro libro de banda deseñada que lin na miña vida, e resultoume moito máis agradable de ler do que a priori pensaba deste xénero, xa que os debuxos, contextualizan todo moi ben, e non se fai tan pesado, como nalgunhas obras as descricións detalladas que ambientan a historia. O argumento pareceume moi entretido, xa que se amosa o conflito que se está vivir dende hai moito tempo entre xudeus e musulmáns, e ó ser unha situación da actualidade, resulta moi interesante. Gustoume como o autor amosa a evolución da situación, como nun principio, nesa terra vivían persoas moi diferentes, de diferentes relixións, ideoloxías, costumes, en definitiva, de diversas culturas sen ningún tipo de prexuízo nin problema, ata que a nova repartición do terreo, causou un xiro de cento oitenta graos e terminou coa tolerancia existente, cambiando por completo a situación. Gustoume moito como o tío do protagonista, a pesares de estar ameazado, mantense na súa idea de non intervir na guerra. Ademais, é moi interesante analizar as diferentes vías polas que optan os personaxes cando comeza a guerra, cando algúns deciden marchar, defender un país que non é o seu, pondo en perigo a súa vida... . Resultoume moi chamativa a historia da nai de Yechezkel, que explica o comportamento desta durante todo o libro, ó amosar a crueldade dunha situación como a que lle tocou vivir, así como a de moitos inocentes que pasan por situacións terribles. A pesar de todas as discrepancias da historia, gústame o papel que desempeña o amor nesta historia, onde vence tódolos prexuízos, ó rematar un xudeu cunha moza árabe, formando unha familia, así como os seus tíos, onde ela hai moitos anos, renuncia á súa vida e deixa a un lado as clases socias, para rematar cun traballador da fábrica do seu pai. En definitiva, recomendo a todo o mundo que o lea porque é unha obra moi entretida, comprensible e interesante para todos,co que ademais de pasar un bo anaco, podes coñecer un pouco máis deste conflito en Xerusalén e reflexionar sobre todo o que iso trae consigo.
ResponderEliminarMarta Samoelle Nieto
Luis Vilar Fernández
ResponderEliminarCafé Budapest é unha novela gráfica ambientada nas Hungría e Palestina de despois da Segunda Guerra Mundial e narra a historia de Yechezkel Damjanich, un violinista xudeu que malvive coa súa nai en Budapest ata que recibe a resposta a unha carta que el mesmo enviara ó seu tío Yosef, que rexenta o Café Budapest en Xerusalén. Inmediatamente, Yechezkel decide emigrar a Palestina para vivir co seu tío, malia que a súa nai non semella moi entusiasmada, debido á mala relación que ten co seu irmán Yosef.
En maio de 1947, nai e fillo chegan á Palestina, que por aquel tempo era unha colonia dirixida polos británicos na que musulmáns e xudeus conviven sen problemas. Logo descubrirán con abraio que o Café Budapest é un prospero negocio que reborda de vida, onde se dan cita personaxes moi dispares como Benjamin Waldstein, un periodista; algúns arabes como Omar; xudeus como a familia Rosenfeld e ingleses coma o profesor Chapel ou o Sarxento Scholes; ademais tamén coñeceránn a Karola, a dona de Yosef.
Non obstante, Shprintza, a nai de Yechezkel, permanecerá deitada, sen saír da súa habitación por mor da súa doenza e a súa xenreira cara ao seu irmán. Yechezkel, pola contra, introducirase rápido no círculo social do Café, sobre todo cando coñeza a Yaiza, unha rapaza musulmá que subministra froita ao Café coa que comezará unha relación sentimental.
A vida irá transcorrendo con tranquilidade ata que todo cambie o 19 de novembro de 1947, cando a ONU aproba un plan de partición de Palestina en dous estados, un musulmán e outro xudeu, Israel. A partir de entón desátase a violencia entre grupos radicais e pertúrbase tamén a convivencia entre árabes e xudeus nas rúas.
O tío Yosef é reclamado por varios grupos de xudeus para participar na loita contra os Palestinos, porque no pasado fora un importante líder sindical anarquista, pero el rexéitaas ao non entender o conflito. Durante esta época morre a nai de Yechezkel, perdoando antes ó seu irmán e narrando unha arrepiante historia ocorrida no campo de concentración no que estivera durante a Segunda Guerra Mundial. Pouco a pouco o Café irá quedando sen suministros e tamén sen clientela, Omar marcha ó Cairo e Waldstein morre nun atentado contra a sé do seu xornal, o Palestine Gazzette. Por outra banda, Yaiza queda embarazada de Yechezkel, pero Palestina xa non é un bo lugar para criar un fillo, e menos se se trata dun fillo de pai xudeu e nai musulmá.
Coa retirada dos ingleses de Palestina, Yechezkel e Yosef deciden volver a Hungría, e alí crean o Café Palestine, rexentado por ambos. En Budapest nacerá a filla de Yechezkel, á que chamarán Shprintza, como a súa nai.
Agora Yechezkel pode por fin vivir tranquilo e criar unha familia ó lado de Yaiza, Yosef e Karola.
Escollín para ler a historia de Café Budapest. Pareceume un libro bastante fácil de ler, apenas tardei unha hora , e ademais divertido. A historia de Café Budapest móstranos a historia de zonas en guerra dunha forma diferente, o mellor é plasmalo con imaxes, para a miña opinión foi a forma máis fácil de mostrar os sentimentos dos personaxes e ademais sitúanse nun lugar concreto en cada acto. Tamén destacar que paralelamente existe o tema das diferencias socias, pero que a pesar disto existe unha historia de amor , a de Chaskel e Yaiza que aínda que un é xudeu e ela musulmá, levan o seu amor ata o final e conségueno . Tamén me pareceu moi interesante a historia que ao final se revela coa historia de nai de Chaskel e o seu tío Yosef. En definitiva, recomendo ler este libro a todas as persoas porque, aínda que non lles guste a lectura, a banda deseñada é unha forma moi sinxela de aprender a lingua e historias, coma a de Café Budapest.
ResponderEliminarLucía Contreras Ortiz
Xeila Raposo Rodríguez
ResponderEliminarO libro que lin foi " Café Budapest ". A verdade é que xamais lera un libro de banda deseñada, non é que me chamaran moito a atención, pero agora teño unha grande curiosidade por eles. Este libro faite estremecer, consegue trasladarte a tódalas situacións relatadas, a alegría de Palestina cando lle dan a nova do Reparto, o medo deles mesmos no conflito que se estaba a producir naquel intre. Aínda que o autor non utilice unha lingua moi complicada, senón máis ben todo o contrario, consegue que non queiras deixar de ler o que vai acontecer, fai que manteñas a vista fixada ao libro esperando que ocorra algo impactante nalgún momento. Debo dicir, que persoalmente non me gustan especialmente os libros que tratan de Historia ou similitudes, mais este é distinto a tódolos que lin, posto que non relata a historia dunha forma monótona e aburrida, senón todo o contrario, dálle énfase a tódo o que di, e os debuxos contribúen a iso, e aínda que non son unhas obras de arte, son precisos, e ao mesmo tempo simpáticos. Unha das cousas que máis me gustou foi a relación entre o violinista e a repartidora , el xudeu e ela árabe, que a pesar de tódalas prohibicións, seguiron adiante coa súa relación. Pero sen dúbida o máis estremecedor do libro é cando a nai do violinista conta o paradeiro do seu defunto marido, deume unha sensación de dor incrible, para min iso foi o máis impactante.
Sen dúbida ningunha, encantoume "Café Budapest" , sobre todo pola súa sinxeleza de ler, e polo seu ton pícaro e humorístico ás veces. Recomendo a todo o mundo que o lea, non se vai arrepentir, ademais lese nun plis.
Sandra Rodriguez Blach
ResponderEliminarComo xa sabemos o autor de “Café Budapest” é Alfonso Zapico, a través deste debuxante podemos coñecer a historia dun mozo violinista xudeu que vive coa súa nai na Budapest do ano 1947. Un día recibe unha carta do seu tío Yosef, que vive en Xerusalén convitidándoos a mudarse alí con el, debido ao que o protagonista non encontra traballo en Budapest. Ao principio, súa nai aborrece o seu irmán, tío de Yechezkel sen que este saiba o porqué. En Palestina, na cal se producen problemas políticos, o seu tío posúe un café coñecido como “Café Budapest” no cal conviven varias relixións e opinións políticas. Neste café, co paso das accións políticas tomadas polas persoas poderosas de todo o mundo, pódese observar a barbarie e os conflitos entre as diferenzas culturais e políticas que encarnan diferentes personaxes. O tema que trata principalmente é o conflito árabe-israelí no cal o autor presenta unha nova perspectiva. A acción do cómic desenvólvese días antes e despois da independencia de Israel, que estaba baixo a tutela de Inglaterra. “Café Budapest” é un lugar onde se mesteuran, charlan, ámanse e discuten as nacionalidades e relixións que conviven en Xerusalén nesa época, e alí o protagonista, Yechezkel ou Chaskel encontra unha familia e o amor … ata que as grandes potencias internacionais deciden darlle a independencia que os habitantes de dita cidade piden. Outro tema importante en destacar é o amor que xorde entre Chaskel e Yaiza, unha moza árabe. E a unión que xorde grazas á música entre o violín de Chaskel e do violonchelo do doutor árabe Hassan. Tamén é necesario destacar a impactante historia que conta a nai de Chaskel ao borde da morte, pola cal nos dá a coñecer o punto de insensibilidade e humanidade aos que os nazis sometían aos xudeos. Alfonso Zapico logrou a través de viñetas que reflicten unha historia sinxela e moi fácil de ler implicarnos nunha historia chea de sentimentos e reflexións sobre a guerra, a condición humana, a relixión…
Finalmente quero recomendar esta lectura por varios motivos: un é unha historia sinxela e moi fácil de ler pero á vez expresa sentimentos e conflitos moi próximos e importantes na nosa vida cotiá. En segundo lugar, é un cómic no cal os debuxos chegan ao borde da caricatura pero que á súa vez combinan o dramatismo que atravesaron algúns personaxes como a nai de Chaskel ou o doutor árabe Hassan.
Lois Vilar
ResponderEliminarCafé Budapest é unha novela gráfica ambientada nas Hungría e Palestina de despois da Segunda Guerra Mundial e narra a historia de Yechezkel Damjanich, un violinista xudeu que malvive coa súa nai en Budapest ata que recibe a resposta a unha carta que el mesmo enviara ó seu tío Yosef, que rexenta o Café Budapest en Xerusalén. Inmediatamente, Yechezkel decide emigrar a Palestina para vivir co seu tío, malia que a súa nai non semella moi entusiasmada, debido á mala relación que ten co seu irmán Yosef. En maio de 1947, nai e fillo chegan á Palestina, que por aquel tempo era unha colonia dirixida polos británicos na que musulmáns e xudeus conviven sen problemas. Logo descubrirán con abraio que o Café Budapest é un próspero negocio que rebosa de vida, onde se dan cita personaxes moi dispares como Benjamin Waldstein, un periodista; algúns árabes como Omar; xudeus como a familia Rosenfeld e ingleses coma o profesor Chapel ou o Sarxento Scholes; ademais tamén coñeran a Karola, a dona de Yosef . Non obstante, Shprintza, a nai de Yechezkel, permanecerá deitada, sen saír da súa habitación por mor da súa doenza e a súa xenreira cara ao seu irmán. Yechezkel, pola contra, introducirase pronto no círculo social do Café, sobre todo cando coñeza a Yaiza, unha rapaza musulmá que suministra froita ó Café coa que comezará unha relación sentimental. A vida irá transcorrendo con tranquilidade ata que todo cambie o 19 de novembro de 1947, cando a ONU aproba un plan de partición de Palestina en dous estados, un musulmán e outro xudeu, Israel. A partir de entón desátase a violencia entre grupos radicais e pertúrbase tamén a convivencia entre árabes e xudeus nas rúas. O tío Yosef é reclamado por varios grupos de xudeus para participar na loita contra os Palestinos, porque no pasado fora un importante líder sindical anarquista, pero el rexéitaas ó non entender o conflito. Durante esta época morre a nai de Yechezkel, perdoando antes ó seu irmán e narrando unha espeluznante histo- ria ocorrida no campo de concentración no que estivera durante a Segunda Guerra Mundial. Pouco a pouco o Café irá quedando sen suministros e tamén sen clientela, Omar marcha ó Cairo e Waldstein morre nun atentado contra a sé do seu xornal, o Palestine Gazzette. Por outra banda, Yaiza queda embarazada de Yechezkel, pero Palestina xa non é un bo lugar para criar un fillo, e menos se se trata dun fillo de pai xudeu e nai musulmá. Coa retirada dos ingleses de Palestina, Yechezkel e Yosef deciden volver a Hungría, e alí crean o Café Palestine, rexentado por ambos. En Budapest nacerá a filla de Yechezkel, á que chamarán Shprintza, como a súa nai. Agora Yechezkel pode por fin vivir tranquilo e criar unha familia ó lado de Yaiza, Yosef e Karola. Recomendaría a lectura do libro porque nos ilustra sobre a convivencia de xudeus e palestinos durante os primeiros anos, como xurdiu o conflito, a radicalización que sufriron ámbas posturas e o papel británico. Son temas que a miúdo descoñecemos malia saber do eterno enfrontamento palestino-israelí.
Laura Pena Santana
ResponderEliminarLin Café Budapest, gustoume bastante máis que Maus xa que é de máis fácil lectura, lese de corrido e é moi entretido. Conta a historia dun mozo violinista xudeu que vai vivir coa súa nai a Palestina á casa do seu tío. Tiñan bastantes problemas políticos e a historia mostra esa situación, as dificultades de vida nesa época e as diferenzas culturais, tamén conta unha historia de amor entre o protagonista e unha rapaza musulmá onde destacamos estas diferenzas. É un libro moi interesante que te engancha dende o primeiro momento ata o final, moi entretido e de moi fácil lectura, recoméndoo a quen queira pasar uns bos momentos.
Laura Pena Santana
ResponderEliminarMaus conta a historia do nacismo, de todo o que tiveron que vivir os xudeus, e en concreto a historia dun supervivente. Na banda deseñada o autor representa os personaxes das diferentes procedencias como animais, por exemplo os ratos son os xudeus, os gatos os nazis, os porcos eran os polacos, os cans os americanos, os sapos eran os franceses, e con esta técnica podías diferenciar máis ou menos de que lado estaba cada un, aínda que en determinado momento cando os protagonistas se fan pasar por persoas doutra nacionalidade é algo confuso seguir a historia. Gustoume bastante, é interesante e entretido.
Unha historia de amor prohibida nun lugar inhóspito, unha relación establecida a través dun camión de reparto de viandas, musicas celestiais interpretadas polo protagonista nun próspero café como nexo de unión dunha historia de relacións familiares enfrontadas nun ambiente de crueza e represión, debido principalmente ao conflicto árabe-israelí mesturado con relixións enfrontadas e ienimizades ideolóxicas. Todos estes factores conviven nunha animada e crua obra de banda deseñada que leva por título “Café Budapest”. Tras unha complexa documentación sobre os feitos que se manifesta na verosimilitude de lugares e accións, así coma moitas horas de traballo: entintado e encadres, Alfonso Zapico logra compoñer unha interesante obra cun destinatario heteroxéneo, é dicir sexa cal for a túa clase social, nivel de estudos ou mesmo os teus intereses, pode ser lida e disfrutada ata chegar no fin da composición, a pensar en certas cuestións de tipo ideolóxico e filosófico que versan sobre o comportamento humano e as relacións internacionais que teñen vixencia na actualidade. Recomendo activamente a súa lectura e a posterior reflexión a través de viñetas monocromáticas e de gran expresión e simbolismo.
ResponderEliminarÁngel Vidal Vidal
O libro que eu decidín ler foi o cómic Café Budapest. Pareceume un libro moi interesante xa que trata un tema histórico e axuda a ter, aínda que sexa, uns pequenos coñecementos sobre o que pasou. Este cómic conta a historia dun violinista que vai a Palestina onde o seu tío ten o café Budapest pero xorde un conflito e finalmente teñen que marchar a Budapest onde o tío abre o café Palestina.
ResponderEliminarO libro de Zapico gustoume moito porque ten unhas imaxes moi ilustrativas e ademais é rápido de ler.
Joana Vilas Leyenda
O libro que eu lin foi " Café Budapest ". Gustoume este libro porque nos conta episodios históricos, pero dunha maneira entretida, polo tanto aprendes ó mesmo tempo que disfrutas coa lectura, non coma noutros libros que cos temas de historia fanse pesados e inacabables. Nesta historia destaco o espírito de loita do protagonista e da súa nai que, tras sobrevivir a Segunda Guerra Mundial, foxen de Hungría na procura dunha vida mellor, á busca da felicidade. Non sei por que, pero este libro recordoume un pouco á película de "El Pianista", tanto polo feito de que o protagonista sexa un músico que sobreviviu a unha guerra como pola caricatura de Yechezkel que me recorda a Adrien Brody. O libro en si gustoume, pero revolveume o estómago a parte na que a nai conta o sucedido con seu defunto marido. Por outra banda, este feito xunto coa loita entre os xudeus e musulmáns que manteñen dende hai máis de seis décadas, demóstranos o absurda que pode chegar a ser a raza humana. Un feito que tamén me chamou a atención foi que no Café Budapest se reunisen persoas de todas as relixións a pesar de todos os conflitos morais existentes. Recomendo a lectura deste libro xa que é un libro moi sinxelo, que se le en moi pouco tempo e ademais é entretido e divertido, un libro no que a historia que se conta ten un papel moi importante, pero as imaxes tamén teñen un papel fundamental xa que te axudan a meterte máis na lectura.
ResponderEliminarHelena Vacas Balenzategui
Debe ser a segunda ou terceira vez que leo un libro de banda deseñada, pero sen dúbida pareceume moito mellor que todos os outros que non conteñen imaxes. Gustoume moito Café Budapest, xa que o autor mediante as imaxes e o texto faiche percibir moi ben todo o que quere expresar. Chamoume moito a atención Chaskel, un xudeu e violinista no medio dun conflito, tal e como Adrian Brody na película "El Pianista". O libro comeza cando Chaskel e a nai deciden ir a Palestina posto que alí esta o tío de Chaskel, Yosef. Unha vez chegan a Palestina dánse conta do que estaba sucedendo alí cos xudeus, musulmáns e ingleses. Tras a partición de Xerusalén desenvólvese a guerra. Paralelamente a esta, a nai de Chaskel decide contar que a ten tan mal, a piques de morrer, conta entón que os nazis a enganaron e por erro comeu a carne do seu marido, pensando que era carne de porco. Finalmente a nai de Chaskel morre e Yosef decide cerrar o Café e volver con Chaskel, Karola (muller de Yosef) e Yaiza (noiva de Chaskel, coa que ten unha filla) a Budapest. Alí é onde remata o libro, cunha conversa entre Yosef e Chaskel.
ResponderEliminarEste libro pareceume moi interesante e sinxelo de ler, así que o recomendo encarecidamente a todo aquel ao que lle gusten os libros de banda deseñada.
Diego Cuevas
Gloria Rodríguez Penedo
ResponderEliminar"Café Budapest" é un libro que narra o conflito entre palestinos e israelís. Ademais tamén se centra nunha historia de amor que pese a tódalas dificultades sae adiante, esta é a historia de Yechezkel, un xudeu, e Yaiza, musulmá. Tamén podemos observar como dende que tivo lugar o conflito a tolerancia que había nun principio entre tódalas culturas desapareceu. A parte que máis me impactou foi o momento no que a nai de Yechezkel estaba a piques de morrer, contando como fora a súa vida durante a Segunda Guerra Mundial. Recomendo a lectura deste libro xa que a min particularmente gustoume moito porque conta unha historia que é entretida e na que o autor expresa o acontecido dunha maneira que calquera pode chegar a coñecer, aínda que sexa un pouco, a historia deste conflito.
Miriam Álvarez Lomba
ResponderEliminarO libro que lin titulado “Café Budapest” gustoume moito porque foi moi sinxelo de ler e entretido . Mestura temas de amor, guerra , ideoloxía e crenzas relixiosas nunha historia sinxela pero con partes tristes como a historia de Shprintza e outras máis alegres como a historia de amor que xorde nun momento tan delicado e tenso en Palestina entre dúas persoas de relixións diferentes Yaiza (árabe) e Chaskel ( xudeu). Aínda que o autor deste libro utilice unha linguaxe moi sinxela consegue unha mestura entre a lingua e as imaxes que fan que a narración fose máis viva e intensa e que te impliques na historia como se a vivises en primeira persoa e por iso, cando empezas a lectura, tes que seguir e non parar porque a intriga non cho permite. Na miña opinión foi un libro que lin sen ningún problema e que recomendaría xa que me encantou.
Lenice Hilario
ResponderEliminarO libro de banda deseñada que eu lin foi " Maus". É un libro que en xeral me gustou moito, ademais era ao igual que o de "Café Budapest" un libro de léxico sinxelo. Por outro lado, fala dun tema histórico coma é o holocaustro dos xudeus por parte dos alemáns. Xa estudaramos este tema en historia, pero en certo modo o libro valeume para comprender mellor algunhas cousas. Outro motivo polo que me gustou moito foi porque a historia era contada por unha persoa que viviu na súa propia carne o que foi unha guerra tan sanguenta e deste xeito víase realmente o que pasou sen que sexa contado desde o punto de vista dun historiador, senón por unha persoa que o vivíu.
En resume, o libro gustoume moito e recomendaríao sen ningún problema.
Decidín ler como libro voluntario o cómic Maus. Chamoume a atención porque me contaran que as personaxes eran animais. Pareceume unha maneira interesante de contar outra historia sobre o holocausto, ademais, é un cómic autobiográfico e chamoume a atención a maneira na que o escritor conta os acontecementos que lle sucederon aos seus pais. Na banda deseñada, o autor sempre que se cita co seu pai céntrase só no relato que quere realizar a través das anécdotas do seu parente e este, ademais de contarlle o que quere o seu fillo, dille os problemas que ten: que a súa nova muller só o quere polos cartos, que necesita axuda coa casa e os seus problemas de saúde. Tamén lle conta o que fai no seu tempo libre e Art, o autor, non quere escoitar as cousas actuais do seu pai. Nunha das ocasións nas que quedan para falar, o pai cóntalle que a súa primeira muller, a nai de Art, escribía uns diarios e, a partir dese momento, o único que lle preocupa ao fillo é atopar eses diarios da súa nai. Ó final do comic, o pai morre e o autor arrepíntese da forma que o tratara e transmítenos a súa dor a través dos seus debuxos. O cómic Maus gustoume máis do que esperaba xa que, ademais de contar uns acontecementos históricos, o autor expresa os seus sentimentos. Recomendaría este libro a calquera que queira coñecer un pouco o que sucedeu durante o holocausto nazi ou simplemente que teña tempo e lle apeteza ler unha banda deseñada entretida.
ResponderEliminarJoana Vilas Leyenda
Maus conta as historias de Vladek, quen sobreviviu o holocausto e a Auschwitz. Relata a perspectiva de Vladek sobre a 2ª Guerra Mundial e a persecución e o exterminio a que foron sometidos os xudeus en Polonia. Á súa vez narra as complexas relacións entre pais e fillos, no que o propio autor é un personaxe máis no libro, a quen o seu pai lle vai narrando as dolorosas experiencias que tivo na vida. Dende o meu punto de vista este libro ten un certo carácter de aprendizaxe tras o trauma que marcou a máis dunha xeración. Unha das cousas que me chamou a atención foi que o autor reflicyte os personaxes en forma de animais. Por último penso que este cómic é atrapante e conmovedor porque non podes deixar de ler.
ResponderEliminarAndrea González Rodríguez
Maus cóntanos a ascensión do réxime nazi dende o punto de vista dun xudeu (un dos poucos que conseguiu sobrevivir ó holocausto) e tamén nos conta as relacións entre un pai e un fillo, a maneira na que o fillo intenta entrar no mundo do pai, un pai completamente diferente a el cun mundo persoal e un pasado moi duros. O fillo trata de facer un libro sobre o holocausto grazas a moitas conversas co seu pai, nas que o pai lle conta todo o que sufriron os xudeus e os polacos nos campos de concentración nazi. O pai,Vladek, é un supervivinte que vai escorregando entre moitos problemas que lle toca vivir.Chamoume a atención a forma que empregou o autor para describir as diferentes procedencias, é dicir, utilizar distintos animais para determinar as distintas razas (os xudeus eran ratos, os nazis gatos, os polacos porcos…). Gustoume este cómic porque a pesar de falar de feitos desgarradores, onde unha vida non importaba nada e menos que nada, o autor sabe facernos sorrir nalgúns breves momentos (por exemplo coa tacañería do pai que se fai case enfermiza, pero tamén é entendible pola vida que levou). En xeral o libro gustoume e recoméndoo. A lectura é moi amena e móstranos ata onde podemos chegar os humanos.
ResponderEliminarHelena Vacas Balenzategui
O libro que escollín para ler foi Café Budapest, unha novela a través da banda deseñada que nos introduce nos tempos da Segunda Guerra Mundial en dous lugares diferentes como son Hungría e Palestina. O protagonista Yechezkel é un violinista de orixe palestina e xudeu de relixión que mantén un amor con Yaiza, unha rapaza árabe. Esta relación non é considerada positiva ao principio debido aos seus enfrontamentos relixiosos pero a medida que transcorre a novela, os dous namorados deixan latente o seu amor sen que ninguén llelo impida. O escritor emprega unha lingua sinxela para lograr chegar a tódolos públicos e consegue implicarte na historia como se foses ti a quen lle sucedeu. Non recordo ter lido unha novela de banda deseñada que me fixese reencarnar ao protagonista tanto coma esta.
ResponderEliminarVíctor Fernández
O libro que lin foi Café Budapest, este é un libro que trata sobre a continuación dun tema histórico, como é a 2º GM, que tanto interese captou da sociedade e historiadores. Este é o primeiro cómic que leo e é interesante ver como escribe o autor co relación coas imaxes e como, mediante estas, transmite unha acción e un linguaxe dinámico que nos engancha á obra e nos impide deixar de lela esperando a que suceda algo. Por outra parte, trata sobre un tema radical, aínda durante a nosa época, que é a relixión e as atrocidades que se cometen por culpa desta.A linguaxe utilizada nesta obra e moi sinxela e non recorre a un vocabulario moi amplo, senón todo o contrario, e por isto, pola boa ilustración que ten, polo interese social que se dá nunha época conflitiva da historia, é un libro recomendado de ler.
ResponderEliminarPablo de Villalobos Herrero
Brian González Valverde
ResponderEliminarO libro que lin foi Café Budapest. É a primeira vez que leo banda deseñada xa que nunca me chamou moito a atención, pero, aínda así, pareceume un libro moi entretido e moi fácil de ler debido ás viñetas e ó léxico sinxelo que utiliza o autor. A historia comeza con Chaskel e a súa nai en Palestina, alí atópanse cunha mala situación e coa creación de Xerusalén desenvólvese a guerra. Finalmente e despois de varios acontecementos, a nai de Chaskel morre e o seu tío decide cerrar o bar para volver a Budapest. Recoméndolle este libro a todo aquel que lle guste a banda deseñada, xa que é moi entretido e lese moi rápido, ademais de que a historia é interesante.
Café Budapest e un libro que narra o conflito de Israel. Este libro pareceume unha gran obra polo seu carácter reflexivo no cal nos fai mirar a vida dende dúas perspectivas. A historia xorde cando un xudeu Chaskel viaxa coa súa nai a Israel onde o seu tío ten un café. Traballando no café coñece a súa namorada,de orixe palestino, yaiza. Desátase a guerra entre os palestinos e os xudeus polo control de Israel tras a marcha dos ingleses. Prodúcense acontecementos sanguentos e bestas, neste ambiente chaskel, yaiza, e o seu tío deciden voltar para Bucarest.
ResponderEliminarIsmael Durán Quintas
O día 14 de febreiro, tivemos a oportunidade de ter unha videoconferencia con Alfonso Zapico, debuxante de libros de banda deseñada como Café Budapest entre outros.
ResponderEliminarA videoconferencia, pareceume moi interesante, xa que Zapico contounos cousas amenas e interesantes como por exemplo os pasos que el realiza para a creación das súas obras ou a obra que está debuxando actualmente, que en breve poderemos disfrutar dela no mercado. Ademais tivemos a oportunidade de preguntarlle moitas cousas, as cales ía contestando despacio e sen liarse moito a hora de responder.
En resumo, estivo moi ben agás o final que non nos poidemos despedir del por fallos da tecnoloxía...