17/4/11

Andrej Logo, Dez

7 comentarios:

  1. Cando escollín este libro e dedidín lelo, non podía imaxinar o efecto que ía ter en min, pois cada vez que remataba un relato, unha sensación coma de angustia apoderábase de min, e deixábame impactada.
    Este libro, como indica o seu título, ten dez relatos; un relato por cada un dos Dez Mandamentos da Igrexa. Todos ocorren en Nápoles e a temática xira entorno á mafia, barrios baixos e abusos sexuais. Todos e cada un deles rematan dun xeito aberto pero con moita carga tráxica, deixando ao lector que faga as súas propias conclusións, feito que penso que aumenta o impacto que provocan os relatos.
    Sería imposible para min escoller un relato de entre estes dez, pois todos son incribles. Quizais o que me impresionou un pouco máis có resto foi o relato no que se conta como unha nena de catorce anos vai abortar, pois o fillo que está esperando é do seu propio pai, que abusa de ela continuamente. Penso que foi o que máis me afectou polo feito de ser unha rapaza máis ou menos cercana á miña idade, e por tratarse dun asunto tan espeluznante coma ese, aínda que lamentablemente ocorre máis do que pensamos.
    A característica que podería salientar dos relatos que máis me gustou foi a súa verosimilitude. O autor non presenta reparos en mostrarnos como son os barrios baixos de Nápoles, ou que pasa cando chega a noite, tódalas mafias, vendedores de droga, etc. Quizais poidan parecer demasiado esaxerados, pero iso é porque non estamos acostumados a que nos abran os ollos e nos estampen na cara tan directamente as verdades que non queremos crer que existan. Andrej Logo preséntanos a crúa realidade, aínda que nos poida parecer incrible que haxa persoas que vivan nestas situacións. Recórdanos que non somos nós os únicos habitantes do Mundo e que, tanto en Nápoles como quizais aínda máis preto de nós, están a ocorrer cousas semellantes ás relatadas no libro, soamente fai falla abrir mellor os ollos e observar con atención.
    Para concluír, recomendo este libro a calquera lector, pois é unha obra amena, fácil de ler e curta, pero disposta a cambiar a perspectiva de tódolos lectores que queiran apreciala, xa sexan adultos, anciáns ou adolescentes."


    Ana Amorín Fernández, 2º BACH A

    ResponderEliminar
  2. Dez, é unha novela que relata diversas situacións que teñen lugar nos suburbios de Nápoles. Conta unha historia por cada mandamento bíblico. A maioría das historias, teñen un final aberto, excepto na última historia(por exemplo)na que un home e víctima dunha navallada e paliza, por tres amigos co fin de estes roubarlle o seu ferrari. Finalmente, este home é xefe da mafia e faise cos tres amigos polo que lle obriga a un matar o seu compañeiro senón este será morto. Reibán, acaba matando a Panzaró.
    Para min, un dos relatos que máis me gustaron foi o de Rosa, unha rapaza de catorce anos a cal está embarazada polo seu propio pai. Esta, confesase ante o cura e contalle o que lle sucede. O seu pai, e un home borracho que se aproveita dela. Rosa una noite ameaza con matalo cunhas tesoiras se non marcha da súa habitación.
    Por último outro relato que me gustou foi o de un rapaz cocaínomano que gana os cartos montando garda e o que un día lle pega unha paliza a un vello da cidade o que leva días perseguindo para facerse ca súa pensión que cobra o dez de cada mes.O vello despois de varias semanas en coidados intensivos recupérase e non da parte a policía cando se atopa outra vez no parque co rapaz que lle roubou.
    En definitiva, este libro pareceume moi interesante xa que trata temas da actualidade como os abusos sexuais, as drogas, ,afias etc... é ten un certo enganche para o lector xa que os relatos son curtos é atractivos é ten un vocabulario sinxelo.Recomendoio para todo tipo de idades.

    Andrea González Rodríguez 2º Bach B

    ResponderEliminar
  3. O libro que lín é "DEZ" de Andrej Longo. É un libro que está composto por dez relatos,e que  os seus títulos son os nomes dos dez Mandamentos. Ao principio isto resulta un pouco estraño , pero cando comezas e les os relatos dáste conta de que o título e o tema de cada relato están relacionados.
    Persoalmente o libro gustoume moito , xa que todos os relatos que conta son moi actuais e impactantes.
    O relato que máis me gustou e  impactou foi o relato número catro titulado "Honrarás o teu pai e a túa nai". Este relato gustoume porque narra a historia dunha muller que ten dous fillo e pídelle ao maior , Michele, que a mate. Mentres a nai falaba con Michele, o pequeno ,Ciro, escoitara toda a conversa, entón díxolle ao seu irmán que a mataría el e así foi. Ao día seguinte matou a súa nai asfixiándoa cun coxín. Esta historia impactoume moito xa que non entendo como podes ser capaz de matar a alguén do teu propio sangue, aínda que te atopes na peor situación do mundo.
    Outro relato que tamén me gustou moito foi o seis, titulado "Non cometerás actos impuros". Este relato narra a historia dunha nena chamada Rosa, de apenas 14 anos, que vai ela soa a un lugar en moi mal estado a abortar, debido a que o seu ¡pai! abusa sexualmente dela. Este relato paréceme tamén moi forte xa que son incapaz de entender a estas persoas, como son capaces de facer sufrir, supostamente as persoas que máis queren no mundo, como son os fillos?
    Baixo o meu punto de vista estes nenos e nenas que sofren abusos sexuais de calquera persoa, pero aínda e máis forte dos seus propios pais quedan marcados para toda a súa vida.
    En conclusión , é un libro moi entretido, sinxelo de ler e que recomendo encarecidamente.

    Nerea Pereira Ruibal

    ResponderEliminar
  4. Eu escollín ler Dez pola recomendación da profesora de que era un libro bastante entretido e fácil de ler, ademais de que tiña una temática moi boa, e estou de acordo con todo. A sinxeleza da lingua da obra , fixo que fora unha lectura totalmente agradable . A enumeración dos relatos e co título dos dez mandamentos de deus pareceume un recurso totalmente adecuado. Respecto a temática, o libro cóntanos sucesos normalmente de rapaces en Italia, que viven na violencia , na lealdade , nas lembranzas doutras épocas...Cada relato tiña a xustificación do seu titulo con accións , pero accións de carácter frustrante, o que fixo o libro con máis suspense. Cada relato pareceume unha nova historia da outra cara do mundo , que estes personaxes viviron . Recomendaría a lectura deste libro , tanto pola sinxeleza da linguaxe , como pola súa temática.

    Lucía Contreras Ortiz

    ResponderEliminar
  5. Lin algúns libros pertencentes ao club de lectura e cada un gardaba unha interesante historia, pero o libro de Dez gustoume non tanto pola historia que narraba cada un dos seus relatos, senón porque ao rematalos aportaban unha moralexa que te facía reflexionar sobre diferentes situacións da vida. O título de cada relato é o nome de cada un dos mandamentos, pero ata que rematamos o relato non atopamos a relación que hai entre este e o nomeado mandamento. O autor do libro amosa a realidade máis absoluta e nalgúns casos violentas do mundo que nos rodea. Algo que me chamou a atención do libro é que en moitos dos relatos di que algún dos personaxes levan unha especie de placa no colo e aínda agora non sei o que pode significar ou representar. Á hora de escoller un relato que máis me gustase tiveno moi claro e elixín o da nena que aborta, xa que estaba embarazada do seu pai. Non sei se foi o que máis me gustou, pero si o que me deixou máis impactada cando o rematei. Por isto penso que é o mellor, sen embargo moitos outros tamén me gustaron, aínda que o último deixoume coa intriga ao non saber con exactitude o que ocorreu no final. Unha das frases que sae ao comezo desta páxina: " Pero aos dezasete xa non podes seguir servindo cafés..." suxíreme que aínda que sexas nova/o tes que pensar ben o que vas facer da túa vida, porque o que fagas ou elixas agora pode condicionarte o resto da túa vida ou en grande medida. En fin, que o libro encantoume e o recomendaría sen ningún problema para calquera tipo de lector, xa que, cada relato é un mundo diferente.

    Lenice Hilario Gómez

    ResponderEliminar
  6. O libro proposto desta polo clube de lectura Lerias é DEZ de Andej Longo, dez relatos que coinciden cos dez mandamentos da igrexa católica e que teñen de nexo en común o ambiente e lugar, os arrabaldes de Nápoles sumido nun ambiente de opresión e violencia que trunca o destino e vidas dos personaxes e fai que se presente unha historia verdadeiramente dura e que invita a reflexión xa que non son unha mera invención se non que son o reflexo da sociedade actual, violencia, violacións, roubos e abusos entre outros. Houbo un relato que me chamou especialmente a atención, é no cal cóntase a historia dun home que non lle preocupa nada a súa vida e que para conseguir cartos decide atracar a un home vello e desvalido que non se pode defender. Malia saber quen foi e permanecer impasible ante o atraco, resultou ferido e rematou en coma no hospital. Cando espertou e iso e verdadeiramente o sorprendente volveu atopalo na rúa e mantívolle a mirada, feito que rematou por esnaquizar ao atracador xa que pensou que fuxiría co medo.
    Soños truncados, violencia, abortos forzados, roubos, Muller submisa e monotonía na vida de parella son tan só algúns dos temas que trata o libro a través das súas Dez historias. É un libro que me gustou moito e recomendaría que fose lido.

    Ángel Vidal Vidal

    ResponderEliminar
  7. O libro de Dez nárranos as duras vidas das personas que se atopan na miseria, que pertencen ós barrios baixos e que viven situacións moi duras sumidos no mundo da mafia, os abusos, o tráfico de drogas, etc. Cada un dos relatos fai referencia a cada un dos mandamentos da Igrexa e non teñen relación entre si, é dicir, cada un cóntanos unha historia diferente e que non ten que ver ca anterior,agás polo seu tema. Neste libro aparece reflexada a crúa realidade, sen ningún tipo de tabú, xa que o autor conta as cousas tal e como suceden, ainda que moitas veces sexan demasiado fortes, pero asi é a vida real destas persoas. Algúns relatos sorprendéronme máis ca outros, por exemplo a historia da moza de 14 anos (a cal é violada polo seu propio pai que abusa dela repetidas veces) que vai a un sitio en moi malas condicións para poder abortar da forma máis económica posible e alí ten que escoitar como lle rifan por ser tan "irresponsable" por manter relacións sexuais sen protección. Eu considero este relato coma un dos máis impactantes, xa que é realmente desgarrador o feito de que un pai teña a sangue tan fría como para facerlle iso a súa propia filla. Outro relato que tamén me chamou a atención é o da familia na cal o home ten que traballar nunha pizzaria lonxe da súa casa e soamente está coa súa muller e cos seus fillos unha vez a semana. O único día no que poden estar xuntos, a muller desvívese por facerlle a mellor comida posible e agradalo en todo o que el queira. O soño desta muller é que algún dia, cando gañen os cartos suficientes para poder vivir ben, vivan todos xuntos e poida ter o seu home tódolos días na casa, ainda que soamente sexa por unhas horas.
    Os demais relatos atópanse na mesma liña ca estes, todos producen unha sensación de intriga que engancha ó lector ata o final do relato,e ademais esta intriga aunmenta cando na maioría das veces o final é aberto,deixando ao lector sacar as súas propias conclusión e imaxinarse como pode acabar esa historia.
    En resumen, é un libro moi interesante, xa que trata temas que están moi presentes hoxe en dia, e cada vez por desgraza máis. Ademais é doado de ler e entretido, polo tanto ánimovos a todos a que o leades porque estou segura de que vos gustará.

    Helena Vacas Balenzategui

    ResponderEliminar