"Dez", coma os mandamentos, de Andrej Longo. Esta novela en forma de relatos retrata de preto as múltiples e dolorosas situacións límite que teñen lugar nun ambiente claustrofóbico dos suburbios de Nápoles. Neste ambiente contaminado pola corrupción das persoas e enfermizo reflicte en cada relato unha historia na cal as esperanzas quedan truncadas debido a persoas corruptas que engaiolan as boas persoas ou polas circunstancias amargas que marcan as vidas das persoas. Andrej Longo encárgase de mostrar a violencia, as condicións degradadas da vida, nas que o ser humano resulta somerxido e esmagado. En xeral, todos os relatos me encantaron xa que, ao final de cada un, o destino trunca as vidas dos personaxes e teñen que decidir se facer o ben, aínda que lle custe a vida ou seguir o camiño da corrupción para salvar o pescozo, aínda que teñan que ser crueis e egoístas. Recomendo que se lea este libro xa que plasma a vida na actualidade ao igual cós conflitos que se presentaron, presentan ou se presentarán. Tamén mostra as condición de vida desta época, os soños que perseguen certos personaxes, os desexos que queren lograr... Pero como a vida, non sempre sae todo como ti te esperabas e para conseguir os teus soños e desexos estas obrigado a sumerxerte nun pozo moi escuro do cal será moi difícil de saír. Debo dicir que é un dos mellores libros de relatos que lin ao longo da miña vida. Para concluír este libro de relatos encantoume por ser unha lectura entretida e sinxela na cal mostra algúns problemas cos que te podes atopar nalghún momento da túa vida.
Escollín o libro "Dez" posto que está ambientado en Nápoles, máis concretamente nos suburbios, onde a xente busca e guíase por pura supervivencia posto que as condicións de vida neses casos son deplorables. Os relatos son impactantes e deste xeito representan a vida real intentando concienciar ao lector dos problemas da vida. Para o meu gusto, o relato que máis me chamou a atención foi aquel no que unha nena queda preñada ao ser forzada polo seu pai para manter relacións sexuais e pretende abortar posto que non está capacitada para traer un ser humano ó mundo e moito menos satisfacer os coidados e necesidades que o individuo require. Na miña opinión, Andrej Longo relatou de maneira brillante os problemas da sociedade actual plasmados no libro. Recoméndolle á xente que se anime a lelo posto que está perfectamente redactado e a trama dos relatos fai que sexa interesante a súa lectura.
O libro do que vou falar titúlase Dez , recibe este nome porque contén dez capítulos cuxos títulos son os dez mandamentos . Tódolos títulos teñen relación co relatado nos capítulos. Narra situacións vividas por diferentes persoas en determinados momentos da súa vida ambientado en Nápoles en barrios pobres e marxinais. Tódalas historias relatan acontecementos tráxicos de personaxes míseros que viven historias tristes que por desgraza non son unha invención senón que realmente acontecen neste mundo. Sen dúbida, o relato que destacaría por encima de todos, que máis me impresionou , foi o que narraba a terrible situación vivida por unha cativa de tan só catorce anos que tivo que abortar posto que esa criatura fora froito dunha violación do seu propio pai, creo que me impresionou tanto porque me fixo pensar que esa historia non é inventada senón que é vivida por algunhas adolescentes . Persoalmente recomendo a lectura deste libro posto que son relatos moi curtiños pero con moita intriga e emoción.

ResponderEliminarSandra Rodríguez Blach

ResponderEliminarVíctor Fernández

ResponderEliminarMiriam Álvarez Lomba
26/04/11