5/6/11

VIDEOCONFERENCIA CO IES VAL DO TEA DE PONTEAREAS

1 comentario:

  1. A actividade que vimos de levar a cabo no club de lectura foi moi interesante nos dous aspectos, tanto a lectura do libro Makinaria de Carlos Negro coma a videoconferencia co I.E.S. Val do Tea de Ponteareas. Makinaria é un libro de poemas pouco convencional. Trata sobre adolescentes que disfrutan da velocidade, baixo os efectos do alcol e das drogas, sen teren en conta os riscos. Negro utiliza un estilo claro e directo co fin de impactar e conmover ó lector, ademáis utiliza títulos de películas e cancións para achegarse os máis novos. O libro gustoume moito por tratarse dunha poesía diferente da que estou acostumado a ler, pois é un xénero que me agrada. Recomendaríallo ós rapaces novos coma os que van ó instituto para que se concienciasen dos riscos que comporta o exceso de velocidade, a conducción sen licencia ou a súa combinación co alcol ou cpas drogas. Por outra banda hai que salientar a actividade que realizamos ó luns á tarde grazas a Luisa e as profesoras de galego, que nos permitíu intercambiar pareceres sobre diversos libros que nos gustasen. Eu decidín recomendar Da Terra Asoballada, un poemario escrito no primeiro terzo do século XX por un dos grandes das nosas letras, Ramón Cabanillas. Se cadra o único negativo foi que se tratase de alumnos do primeiro ciclo da ESO, en contraste cos de segundo ciclo, Bacharelato e ciclo superior de animación sociocultural que nos atopabamos na nosa biblioteca; isto provocou que algúns dos libros recomendados fosen inadecuados. De todas maneiras considero que foi unha actividade enriquecedora e espero que poidamos disfrutar de máis experiencias semellantes.

    Luis Vilar Fernández

    ResponderEliminar