1/5/11

MAKINARIA

O luns imos falar de libros cos compañeiros e compañeiras do club de lectura do IES Val do Tea de Pontareas a través dunha videoconferencia.

3 comentarios:

  1. Este luns estivemos falando co IES Val do Tea de Ponteareas dende a biblioteca do noso instituto. Acudimos á reunión todos aqueles que lemos o libro Makinaria, de Carlos Negro. Makinaria pareceume un libro moi sinxelo, rápido de ler e de entender, penso que é un libro que poden ler os nenos e nenas de todas as idades porque a historia, que está escrita en pequenos capítulos, está relacionada moi ben coa actualidade, todo este mundo que hoxe existe das carreiras ilegais, nas que participan rapaces de tan curta idade, incluso algúns que non teñen o permiso de conducir e que participan da mesma maneira, estes ademais soen conducir baixo os efectos do alcohol ou dalgunha droga. A historia que Carlos Negro escribe trata sobre un rapaz de 19 anos, que participa en moitas carreiras ilegais e que normalmente conduce baixo os efectos das drogas. O escritor utiliza unha linguaxe relacionada co mundo dos coches e que en ocasións resulta un pouco bruta. Un día correndo cheo de adrenalina e coas drogas correndo polo seu sangue ten un accidente e morre. Ao final os capítulos son máis tristes e tenros debido á mencionada morte. Gustaríame destacar dúas cousas deste libro, a primeira é o capítulo titulado "Autopsia" que foi o que máis me gustou, e a segunda, son os títulos que Carlos Negro puxo aos relatos que están relacionados con xogos, películas, cancións etc. Á parte de Makinaria, como xa dixen ao principio, o luns asistimos á charla co instituto de Ponteareas, na que a través de novas tecnoloxías como as videochamadas do programa Skype puidemos intercambiar mutuamente os nosos gustos pola lectura, o que me pareceu moi interesante. Chamoume moito a atención que leran tantos libros, xa que parecían rapaces de 1º ou 2º da ESO, por exemplo, non me esperaba que tiveran lido a novela policíaca "A praia dos afogados", e neste sentido quedei moi abraido. En resumo, gustoume moito tanto o libro de Carlos Negro, que o recomendo a todos os alumnos do centro, como a charla cos rapaces de Ponteareas. Gustaríame que tivésemos máis charlas deste tipo, parécenme moi interesantes.

    Diego Cuevas - 2 Bach

    ResponderEliminar
  2. O luns 2 de maio os alumnos do IES Primeiro de Marzo organizamos, grazas ao labor das profes de galego e da encargada da biblioteca biblioteca, unha videoconferencia co instituto IES Val do Tea de Ponteareas.
    Foi unha experiencia moi boa, xa que primeiro, quedamos todos xantar no colexio, cousa que foi moi entretida. Despois, tras chegar as profes, comezamos a organizar a videoconferencia. Cada un elixiu un libro que lle gustou e recomendouno aos alumnos do instituto de Ponteareas. A miña elección foi o libro "Dez" de Andrej Logo, pois foi un dos libros que lin en toda a miña vida que máis me impactou.
    Algo que me sorprendeu moito foi que os nenos cos que fixemos a videoconferencia eran un pouco máis pequenos ca nós, concretamente de 1º da ESO. Aínda que me sorprendeu moito máis observar como sendo tan pequenos xa leran moitos libros, facendo numerosas intervencións e recomendacións . Ademais, moitas veces das que saía falar algún dos meus compañeiros eles levantaban a man para indicar que ese libro xa o leran tamén, coma o da Praia dos Afogados, que é dunha complexidade bastante considerable para rapaces coma eles.
    Alegroume moito observar tanto pola súa parte como pola nosa moita participación na videoconferencia, sen deixar de falar durante toda unha hora.
    A segunda parte deste exercicio era ler un libro chamado "Makinaria" de Carlos Negro e comentalo brevemente na páxina web no clube. Pois ben, "Makinaria" é un libro de poemas que me sorprendeu moito. Aínda que eu non adoito ler poesía, xa que non é un xénero que me guste moito, decidín atreverme con este, xa que a miña profe de galego recomendoumo e advertiume que era moi novidoso é inusual. Efectivamente, tiña razón, pois lendo os poemas de "Makinaria" quedei bastante abraiada. Non son poemas convencionais, senón que é poesía que fala de temas actuais, de hoxe en día. O tema principal basicamente son os adolescentes ós que lles encanta a velocidade, os coches, as carreiras...e como esas afeccións soen acabar mal, ben no hospital ou ben, se é máis grave, nun cemiterio.
    Chocoume a frialdade e a capacidade de chegar ó interior das persoas dos poemas, que ás veces só precisaban dunha palabra por verso, para que o lector comprendese e sentise o que o escritor quixo transmitir. Por todo isto, recomendo que se lea este poemario, xa que calquera persoa que o faga vai encontrarse cun libro que non espera e que seguramente, non esquecerá.
     
     
    Ana Amorín Fernández  

    ResponderEliminar
  3. Sobre Makinaria , o libro de Carlos Negro o luns 2 de maio do 2011 realizamos un intercambio de opinións e ademais tamén sobre libros que recomendariamos para a lectura co colexio de Val do Tea, foi unha gran experiencia. O libro de Makinaria foi un libre que me gustou moito debido principalmente a dous motivos,o curto e rápido que é de ler que en segundo de bacharelato necesitas o tempo, e ademais que os relatos eran impactantes como o de Autopista no cal Carlos Negro fai unha recreación dunha noite de festa na cal o condutor corre moito sáese da calzada e morre. Tamén me gustou outro capitulo que foi To fast to furious, no cal se parece moito a unha serie de películas. Na miña opinión é un libro moi interesante e entretido que recomendaría a todo o mundo, ademais non necesitas de moito tempo para lelo así que iso non supora unha escusa.

    Ismael Durán Quintas

    ResponderEliminar