Lorenzo Domínguez 2º BACH Trátase dun libro recomendable por tratarse dun reflexo do que o ser humano pode chegar a facer por rebater unha idea á que non é afín. As temibles feras salvaxes non son capaces do que si pode chegar a infrinxir o ser humano aos seus conxéneres. Pero tamén se trata dun libro non apto para persoas sensibles, ou que estean pasando por un mal momento na vida, pois dá que pensar, sobre todo de que se merece a pena loitar por algo, e en moitos colexios de Europa prohibiuse a súa lectura. En xeral pareceume un libro moi interesante, que me enganchou ata o final, e deixoume un sabor amargo na boca.
Mª Elisabet Durán Del Río 2º Bach Cando comecei a lelo xa sabía que era un libro duro ata o punto de que nalgúns países está prohibida a lectura ás persoas menores de idade. Ao acabalo, decateime de que a nada que Pierre Antón defendía non era válida; supoñamos que non se relacinaba co pai pero aínda que no libro non se menciona, el comía e durmía nesa casa pois non creo que puidese vivir nesa árbore. Ademais non creo que un pai deixe que o seu fillo se comporte así e ademais as autoridades non o permitirían. Aínda que isto si está algo reflectido no libro: non se le nada sobre como actúan ante isto o pai ou as autoridades. Tendo en conta isto, para min o libro perde a base dende a que se construíu. Outro aspecto que provoca a perda da base é que, se come e dorme na casa, como pode defender a nada o que come e a casa na que dorme lograse grazas a cadea coa que el non está de acordo. Por outra parte, considero que o realizado polos nenos débese a un xogo que dexenerou e non o puideron parar.
Paréceme unha reflexión importante esa que comentas: a da ausencia do mundo dos "maiores". Ás veces penso que convivimos (nenos e maiores) no mesmo espazo (p.ex. o instituto) pero en esferas tan distantes que parece que, REALMENTE, son mundos distintos. Quizais o que nos falta é diálogo entre nós, abrir máis as nosas mentes para camiñar xuntos este momento, este mundo, este país e esta época que nos tocou, xa que non somos tan distintos ou tan distantes como para non aprender uns dos outros. en JANNE TELLER, Nada en respuesta a Mª Elisabet Durán Del Río 2º Bach Cando comecei a lelo xa sabía que era un libro duro ata o punto de que nalgúns países está prohibida a lectura ás persoas menores de idade. Ao acabalo, decateime de que a nada que Pierre Antón defendía non era válida; supoñamos que non se relacinaba co pai pero aínda que no libro non se menciona, el comía e durmía nesa casa pois non creo que puidese vivir nesa árbore. Ademais non creo que un pai deixe que o seu fillo se comporte así e ademais as autoridades non o permitirían. Aínda que isto si está algo reflectido no libro: non se le nada sobre como actúan ante isto o pai ou as autoridades. Tendo en conta isto, para min o libro perde a base dende a que se construíu. Outro aspecto que provoca a perda da base é que, se come e dorme na casa, como pode defender a nada o que come e a casa na que dorme lograse grazas a cadea coa que el non está de acordo. Por outra parte, considero que o realizado polos nenos débese a un xogo que dexenerou e non o puideron, por ENL Primeiro de marzo.
A O libro deste trimestre do club de lectura, titulado "Nada" pareceume un bo libro. É certo que é bastante impactante e duro, máis aínda ao final cando entre todos matan ao rapaz que dalgunha forma fora o causante de todo o que fixeran os demais ao querer demostrarlle que a vida pagaba a pena. Pero aínda así gustoume. Pareceume un libro moi entretido e engancheime a el dende un primeiro momento, xa que un capítulo remataba co comezo doutro e así sucesívamente, levándome a lelo todo dun golpe. Tamén penso que se deberían animar a ler este libro máis persoas, pois reflicte todo o que o ser humano, é dicir, todos nós podemos chegar a facer por intentar rebater algo ou mesmo por intentar convencer a alguén de algo que defendemos. Conclúo con que ao final, quedei co corpo mal, pois o certo é que non esperaba un final tan forte e en certo modo desagradable.
É un libro que me pareceu moi interesante porque trata un tema que moita xente non se atreve, nin sequera a pensalo, e moito menos a falar del. Ninguén quere pensar que o seu paso pola vida vai ser en van. Todos queremos crer que a nosa vida, os nosos actos, as nosas accións serán recordadas. Iso e o que presenta o rapaz do libro. El di que estudamos para ter un bo traballo, que traballamos para poder xubilarnos, e vivir sen facer nada. Así que nada do que fagamos ten valor. Por iso me pareceu un libro moi interesante, pero non pola súa historia, senón porque non te deixa indiferente e obrígate a pensar e a repensar algunhas ideas.
Pensándoo ben, nin sequera sei que vou dicir. Sería mellor non dicir NADA. Posiblemente, esta dificultade á hora de opinar sobre o libro de Janne Teller, se deba ao feito de ter que falar do contido filosófico en si (ao meu gusto, bastante primario), e á vez das personaxes e accións que levan a cabo, dependendo da postura que defenden. O principio do libro é soberanamente aburrido, cunha presentación bastante cansada e uns personaxes demasiado infantilizados. A partir do capítulo oitavo ou noveno, a situación comeza a cambiar. Un rapaz danés convéncese de que nada ten sentido, a vida non ten sentido, e adícase a lanzar ameixas dende un ameixeiro. Pódese saber que fai que este rapaz se convirta a unha idade tan temperá nun nihilista? Probablemente (estou convencido) de que unha visión ante o mundo e a vida non veñen determinadas pola idade, pero ten que existir un transfondo, algo que impulse a este rapaz a facelo. Algo que realmente me gusta respecto a este tema son os exemplos dados por Pierre Anthon para non molestarse pola vida (a vida, morte e destrución; os achegamentos astronómicos), pero que seguen sendo primarios.
Non poño en dúbida que fose unha obra escandalosa mais, por qué temela? É posible que todos os adolescentes lectores do libro comecen a subirse a ameixeiras e a autodestruirse? Basta de censores que se amparan nunha suposta moralidade ou na exacerbada educación en valores. Pensar é moi bo, ademais dunha das poucas cousas que seguen sendo gratuitas. Non se trata de pecharse nun pensamento, xa que todo ser humano (probablemente) pase nalgún momento da súa vida por unha etapa existencialista, de dúbida; pero non se aforra nada coa inacción (referido a Pierre Anthon). Respecto aos seus compañeiros, que clase de NENOS comezan a introducirse nese círculo vicioso de autodestrución? Deben ser uns rapaces moi “especiais”. Defenden o sentido da vida... con máis motivo! Non importa que desenterres ao meu pequeno irmán, non importa perder a “inocencia”, non importa castigar a miña fe. Aquí xa entra en xogo outro factor, a relixión, as crenzas. Cristián, musulmán, demais... a vosa fe permite o que fixestes? Eles crían no sentido da vida, non poden perder aquilo que lles fai ser felices, aquilo que lle dá sentido á súa vida. Non hai que demostrar NADA, por moito significado e sufrimento que se poña. Non paga a pena chegar a facer dano ao próximo querida Sophie. Dúbida, dúbida... Pódese non estar seguro de nada, o que si está claro e que endexamais (sen contar a clarividencia da morte para moitos) se descubrirá cal é a verdadeira realidade; aproveitemos e disfrutemos do amor, da beleza, da vida...
Por último, o enrabietado final (literalmente, as últimas palabras)... deixa bastante mal sabor de boca.
Nada é un libro que trata sobre a importancia que lle damos ás cousas, o valor que supoñen para nós. Os nenos protagonistas defenden o gran significado que posúen os obxectos que son importantes para eles fronte a outro neno que se empeña en dicir que nada ten sentido porque todo vai rematar, todos imos morrer. Por iso os nenos sacrifican estas posesións, para tentar facer que o rapaz pesimista cambie de opinión. Sen embargo, as súas intencións convértense nun xogo perigoso que termina con crueldade, porque ninguén quere que o obriguen a desprenderse do que quere. O libro non me desagradou porque ten unha boa trama, sen embargo non é moi sorprendente xa que dende o principio sábese o que vai acontecer e iso provoca que non teña tanta emoción. O profesorado consideraba que deixaba un malestar ao rematar de lelo pero eu non sentín ese malestar, para min a experiencia foi a dunha lectura calquera, que non causa moita impresión porque como dixen antes, espérase todo. Por unha parte, sobre o comportamento dos nenos hai que dicir que é un tanto surrealista porque compórtanse sen moito sentido común. Alguén cun pouco de cabeza sabería que o “xogo” se estaba pasando da raia. Ademais son moi agresivos e peléxanse de seguido. Sobre o neno pesimista, Anthon, paréceme curioso ese comportamento tan negativo para un neno da súa idade. Creo que se el cre que nada ten sentido, entón para el non debería ter sentido empeñarse en dicirlle aos demais que nada ten sentido. Non quere deixar aos demais ser felices e iso demostra un certo punto de maldade. Por outra parte, Nada recordoume a un libro que lin xa fai tempo de Stephen King chamado a “Larga Marcha” e incluso a película de “La Ola”. No argumento non teñen nada que ver pero son parecidos no sentido de que xogan coa psicoloxía e os sentimentos do lector. Algunhas persoas o comparan co libro o “Señor de las moscas” pero eu aínda non lin esa obra polo que non podo opinar ao respecto. En resumo, é un libro entretido pero que non se pode considerar como unha obra espectacular que deixará unha pegada na sociedade como outras o fixeron.
O libro "Nada" de Jane Teller pareceume unha moi boa elección para o club de lectura,xa que é un libro moi reflexivo e provoca que os seus lectores fagan un repaso pola súa vida e o sentido que ten.Tamén nos fai pensar ata onde pode chegar calquera de nosoutros por defender una idea ou por demostrarlle algo a alguén,aínda que neste caso non houbo límites e cando os quixeron pór xa era demasiado tarde. Penso que todo o que fixeron foi unha loucura,porque sexa polo que sexa non se pode chegar ao límite de desenterrar unha tumba,cortar un dedo,venderse a unha mesma perdendo a "inocencia",etc.Son cousas impensables,pero neste caso todo foi una cadea á que non souberon pórlle fin,o que comezou sendo un xogo de mozos rematou sendo unha desgraza coa morte de Pierre Anthon. Ademais todo o que fixeron só acarrexou cousas negativas,xa que perderon a súa amizade e incluso una das rapazas,Sofie,chegou a tolear. É un libro que recomendo tanto a maiores coma a mozos xa que é impactante.
O libro Nada de Jane Teller impactoume moito. A historia cóntaa Agnes, unha nena do grupo de amigos que participou na historia. Todo comezou cun simple xogo de nenos, elixindo significados materiais simples, pero co paso dos nenos ese significado aumentou ata chegar a extremos como o dedo dun rapaz, a perda da `inocencia´de Sofie etc. Ó final rematou sendo unha traxedia. No transcurso da lectura tiven que deixalo de ler porque me impactou a forma e o contido da narración. Pero tamén hai que agradecer que a xente conte desde todos os puntos de vista, xa que fai que a xuventude pense nos problemas da sociedade.
O libro Nada a verdade é que non me impactou tanto como esperaba. Eu esperaba unha historia máis intensa, algo que te fixera pensar máis pero a pesar de todo gustoume. Penso que este libro dános moito que pensar e demóstranos como a vida si ten sentido e que hai moitas cousas que nos axudan a demostralo.No libro cada neno reflexiona sobre o que máis lle importa e dáo a pesar das queixas e de todo para demostrar o sentido da vida. Polo que a min sime deu motivos polos que valorala e demostroume que, se buscas e pensas, encóntrase máis dun motivo que nos dá ese sentido que necesitamos para valorala.
Persoalmente, o libro deixoume en NADA. É certo que se trata dunha obra que en ocasións che fai reflexionar sobre certos aspectos da vida, dos que moitos teriamos que replantexarnos algunas cousas, como seguir certos patróns de vida aos que nos acostumbra a sociedade, como modas ou actitudes de intentar ser máis que os demais, e que ao final non non che deixan vivir de verdade. Pero o certo é que esperaba moito máis do libro… Viña coa etiqueta de libro duro e que podía deixar una sensación de malestar ou pesimismo, pero o certo é que a min polo menos non me ocorreu, xa que as acción que levan a cabo os personaxes son, tanto menos, bastante absurdas. A isto hai que engadirlle que o libro faise moi cansino e repetitivo, sobre todo ao principio. Os sucesos fanse moi monótonos e non sorprenden. Por outra parte, a actitude dos personaxes, é canto menos extraña e sen sentido ningún. Empezando polo nihilista Pierre Anthon. Se realmente non cree en nada, que fai enriba dunha árbore lanzando ameixas e transmitíndolle aos demais o seu pensamento? Iso xa é facer algo. Se realmente a súa vida non tivera sentido o máis lóxico sería deixar atrás o mundo e por punto final a ese sin sentido. Pero ademais da súa actitude surrealista, a dos demais personaxes non se queda atrás. Persoalmente creo que o ser humano é o animal capaz de realizar os obras máis terribles, como desgraciadamente se observa case todos os días ao redor do mundo, sen embargo creo que nin o ser humano máis estúpido do planeta se encerraría nun círculo vicioso e sen sentido como o que se presenta no libro. Non pola aparente crueldade, senón como anteriormente digo, pola súa tendencia absurda. Realmente foi una obra na que tiña moitas expectativas e que me defraudou completamente.
"NADA" trátase dun libro impactante que reflexa a maneira de pensar dun adolescente que defende que a vida carece de sentido algún e pretende inculcárlle-lo seu pensamento ao resto dos seus compañeiros de escola. No libro reflíctese o comportamento humano e as consecuencias dos seus actos e pensamentos, así como as metas que son dispostos de alcanzar os personaxes co obxectivo de demostrárlle a Pier Antón que a vida ten significado e importancia. Recomendo a lectura deste libro pero só a aqueles lectores que estén dispostos a ler unha novela chea de intriga e de accións fortes, non aptas para a xente sensible.
Ismael Rivera Valverde 2º Bach A Antes de comezar a leer o libro NADA de JANNE TELLER xa me imaxinaba o que sucedería ao longo da historía. Pierre Anthon decide deixar un dia o colexio e subirse a un ciruelo porque se decata de que nada importa, de que nacemos para morrer e nese corto periodo de tempo hai que disfrutar sen facer nada. Esta situación conleva que una pandilla de amigos fagan cousas impensables para cambiar a opiniòn do seu amigo como por exemplo cando se dispoñen a desenterrar unha tumba...unha das escenas do libro que mais me impactou polo feito de que eu se fose rapaz e ainda sendo mozo non seria capaz xa que non me veria capacitado fose polo que fose, para que o seu amigo se decate de que nesta vida todavía quedan cousas con significado. O comportamento destes rapaces e algo impensable xa que a cousa comeza como un xogo e termina no que todos ou eu, polo menos pensaba. O libro resultoume increible,apasionante e sorprendente. En resumo é emocionante.
Mélodi Valverde Martíns "Nada" este é o título do libro recomendado para o club de lectura. Pareceume un libro moi impactante, xa que fala dunha historia dun neno que nada lle importa e que para el nada é importante, isto fixome pensar e reflexionar moito sobre a finalidade dos humanos neste mundo. Recoméndolle este libro as persoas que lles apeteza ver o mundo doutra perspectiva , pero se ten depresión ou ten os sentimentos a flor de pel mellor non, xa que é moi forte.
O libro "Nada" de Jane Teller, pareceume un libro moi interesante e impactante ao mesmo tempo, xa que me fixo ver como un neno cunhas iseas tan especiais e tan claras puido cambiar as de todos os seus compañeiros. O final do libro é impactante e duro e todo isto acontece por unhas ideoloxías que o neno insiste en facerlle crer os seus compañeiros que nada merece a pena, xa que nacemos para morrer, e non merece a pena gastar o tempo facendo algo que non sirve de nada.
O libro proposto polo club de lectura, Nada, pareceume un libro realmente interesante, no cal se mostra ata o punto ao que poder chegar unha persoa por defender as súas crenzas. Os rapaces da escola de Pierre Anthon comezan a mostrarlle o significado ao seu compañeiro con cousas que non teñen moita importancia, pero ao final, faise un libro un pouco difícil de ler posto que en moitas partes tes que pararte a pensar sobre o que acabas de ler, coma por exemplo na parte na que a un dos rapaces lle cortan un dedo. Aínda así, foi un libro moi entretido que non puiden parar de ler ata acabalo, e é certo que coma dixo Cruz, ao rematalo non che deixa moi bo corpo.
O libro proposto este trimestre no Club de lectura, "Nada", pareceume un libro adecuado. A pesar de que obviamente para todos, ou para a maioría dos lectores, supuxo un forte impacto. Xa que nos reflexa a capacidade dun neno, neste caso Anthon, de corromper os ideais dos seus compañeiros, ata o punto de que éstes fagan loucuras ata chegar a tolear de verdade. Basándose na defensa de que nada ten sentido. O primeiro desta obra, resultoume un pouco aburrido, pero a vez que iba avanzando, soamente quería chegar ao final, a pesar de que xa se previña o que iba acontecer. Efectivamente, o rematar este libro, necesitei un tempo para asimilar todo o que nos decia, xa que demostra que a vida sempre ten sentido, por moi mala que sea a situación na que te atopes. Dentro de todo o malo sempre existe algo bo.
Non sabería definir este libro, nin sabería dicir se me gustou ou non. É certo que a lectura, a medida que avanzaba no libro, gustábame e intrigábame máis, pero tamén é certo que os acontecementos que nel pasaban cada vez eran máis desagradables.
Os personaxes do libro tiñan un propósito, e é certo que admiro como non se traizoan a pesar das barbaridades que estaban levando a cabo. Sorprende ver como o empeño por conseguir algo conleva a sacrificios como os que no libro se describen, pero ¿ata que punto isto é así? Eu estou segura que, tratándose dun grupo numeroso como era, habería algún que antes de facer o sacrificio se botaría atrás, acusaría a outro ou simplemente o comentaría con outra persoa coa que crese ter confianza é o segredo sairía a luz.
Por outra parte, tratándose de menores ¿como pode ser que o abandono das clases por parte de Pierre Anton non trouxo consecuencias?¿Como pode ser que iso só preocupe ao grupo de protagonistas e non a algún adulto? ¿Porque apenas hai consecuencias tras sair o segredo dos rapaces a luz? ¿E o papel dos medios de comunicación?
Estas preguntas, a min, danme para pensar tanto como a frase de Pierre Anton, a súa filosofía de vida.
Se de pensar se trata, o libro é estupendo, e sen dúbida non deixa boa sensación cando rematas de lelo, e por iso creo que o final está bastante apresurado, quero dicir, comparado ao resto do libro, o final é resumido e pouco detallado.
Lorenzo Domínguez
ResponderEliminar2º BACH
Trátase dun libro recomendable por tratarse dun reflexo do que o ser humano pode chegar a facer por rebater unha idea á que non é afín. As temibles feras salvaxes non son capaces do que si pode chegar a infrinxir o ser humano aos seus conxéneres. Pero tamén se trata dun libro non apto para persoas sensibles, ou que estean pasando por un mal momento na vida, pois dá que pensar, sobre todo de que se merece a pena loitar por algo, e en moitos colexios de Europa prohibiuse a súa lectura. En xeral pareceume un libro moi interesante, que me enganchou ata o final, e deixoume un sabor amargo na boca.
Mª Elisabet Durán Del Río 2º Bach
ResponderEliminarCando comecei a lelo xa sabía que era un libro duro ata o punto de que nalgúns países está prohibida a lectura ás persoas menores de idade. Ao acabalo, decateime de que a nada que Pierre Antón defendía non era válida; supoñamos que non se relacinaba co pai pero aínda que no libro non se menciona, el comía e durmía nesa casa pois non creo que puidese vivir nesa árbore. Ademais non creo que un pai deixe que o seu fillo se comporte así e ademais as autoridades non o permitirían. Aínda que isto si está algo reflectido no libro: non se le nada sobre como actúan ante isto o pai ou as autoridades. Tendo en conta isto, para min o libro perde a base dende a que se construíu. Outro aspecto que provoca a perda da base é que, se come e dorme na casa, como pode defender a nada o que come e a casa na que dorme lograse grazas a cadea coa que el non está de acordo. Por outra parte, considero que o realizado polos nenos débese a un xogo que dexenerou e non o puideron parar.
Paréceme unha reflexión importante esa que comentas: a da ausencia do mundo dos "maiores". Ás veces penso que convivimos (nenos e maiores) no mesmo espazo (p.ex. o instituto) pero en esferas tan distantes que parece que, REALMENTE, son mundos distintos. Quizais o que nos falta é diálogo entre nós, abrir máis as nosas mentes para camiñar xuntos este momento, este mundo, este país e esta época que nos tocou, xa que non somos tan distintos ou tan distantes como para non aprender uns dos outros. en JANNE TELLER, Nada
Eliminaren respuesta a Mª Elisabet Durán Del Río 2º Bach Cando comecei a lelo xa sabía que era un libro duro ata o punto de que nalgúns países está prohibida a lectura ás persoas menores de idade. Ao acabalo, decateime de que a nada que Pierre Antón defendía non era válida; supoñamos que non se relacinaba co pai pero aínda que no libro non se menciona, el comía e durmía nesa casa pois non creo que puidese vivir nesa árbore. Ademais non creo que un pai deixe que o seu fillo se comporte así e ademais as autoridades non o permitirían. Aínda que isto si está algo reflectido no libro: non se le nada sobre como actúan ante isto o pai ou as autoridades. Tendo en conta isto, para min o libro perde a base dende a que se construíu. Outro aspecto que provoca a perda da base é que, se come e dorme na casa, como pode defender a nada o que come e a casa na que dorme lograse grazas a cadea coa que el non está de acordo. Por outra parte, considero que o realizado polos nenos débese a un xogo que dexenerou e non o puideron, por ENL Primeiro de marzo.
Ernesto Rodríguez
Andrea Pichel Rodríguez 2º Bacharelato
ResponderEliminarA O libro deste trimestre do club de lectura, titulado "Nada" pareceume un bo libro. É certo que é bastante impactante e duro, máis aínda ao final cando entre todos matan ao rapaz que dalgunha forma fora o causante de todo o que fixeran os demais ao querer demostrarlle que a vida pagaba a pena. Pero aínda así gustoume. Pareceume un libro moi entretido e engancheime a el dende un primeiro momento, xa que un capítulo remataba co comezo doutro e así sucesívamente, levándome a lelo todo dun golpe. Tamén penso que se deberían animar a ler este libro máis persoas, pois reflicte todo o que o ser humano, é dicir, todos nós podemos chegar a facer por intentar rebater algo ou mesmo por intentar convencer a alguén de algo que defendemos. Conclúo con que ao final, quedei co corpo mal, pois o certo é que non esperaba un final tan forte e en certo modo desagradable.
Javier Vidal González 2 Bach
ResponderEliminarÉ un libro que me pareceu moi interesante porque trata un tema que moita xente non se atreve, nin sequera a pensalo, e moito menos a falar del. Ninguén quere pensar que o seu paso pola vida vai ser en van. Todos queremos crer que a nosa vida, os nosos actos, as nosas accións serán recordadas. Iso e o que presenta o rapaz do libro. El di que estudamos para ter un bo traballo, que traballamos para poder xubilarnos, e vivir sen facer nada. Así que nada do que fagamos ten valor. Por iso me pareceu un libro moi interesante, pero non pola súa historia, senón porque non te deixa indiferente e obrígate a pensar e a repensar algunhas ideas.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarPensándoo ben, nin sequera sei que vou dicir. Sería mellor non dicir NADA. Posiblemente, esta dificultade á hora de opinar sobre o libro de Janne Teller, se deba ao feito de ter que falar do contido filosófico en si (ao meu gusto, bastante primario), e á vez das personaxes e accións que levan a cabo, dependendo da postura que defenden. O principio do libro é soberanamente aburrido, cunha presentación bastante cansada e uns personaxes demasiado infantilizados. A partir do capítulo oitavo ou noveno, a situación comeza a cambiar. Un rapaz danés convéncese de que nada ten sentido, a vida non ten sentido, e adícase a lanzar ameixas dende un ameixeiro. Pódese saber que fai que este rapaz se convirta a unha idade tan temperá nun nihilista? Probablemente (estou convencido) de que unha visión ante o mundo e a vida non veñen determinadas pola idade, pero ten que existir un transfondo, algo que impulse a este rapaz a facelo. Algo que realmente me gusta respecto a este tema son os exemplos dados por Pierre Anthon para non molestarse pola vida (a vida, morte e destrución; os achegamentos astronómicos), pero que seguen sendo primarios.
ResponderEliminarNon poño en dúbida que fose unha obra escandalosa mais, por qué temela? É posible que todos os adolescentes lectores do libro comecen a subirse a ameixeiras e a autodestruirse? Basta de censores que se amparan nunha suposta moralidade ou na exacerbada educación en valores. Pensar é moi bo, ademais dunha das poucas cousas que seguen sendo gratuitas. Non se trata de pecharse nun pensamento, xa que todo ser humano (probablemente) pase nalgún momento da súa vida por unha etapa existencialista, de dúbida; pero non se aforra nada coa inacción (referido a Pierre Anthon). Respecto aos seus compañeiros, que clase de NENOS comezan a introducirse nese círculo vicioso de autodestrución? Deben ser uns rapaces moi “especiais”. Defenden o sentido da vida... con máis motivo! Non importa que desenterres ao meu pequeno irmán, non importa perder a “inocencia”, non importa castigar a miña fe. Aquí xa entra en xogo outro factor, a relixión, as crenzas. Cristián, musulmán, demais... a vosa fe permite o que fixestes? Eles crían no sentido da vida, non poden perder aquilo que lles fai ser felices, aquilo que lle dá sentido á súa vida. Non hai que demostrar NADA, por moito significado e sufrimento que se poña. Non paga a pena chegar a facer dano ao próximo querida Sophie. Dúbida, dúbida... Pódese non estar seguro de nada, o que si está claro e que endexamais (sen contar a clarividencia da morte para moitos) se descubrirá cal é a verdadeira realidade; aproveitemos e disfrutemos do amor, da beleza, da vida...
Por último, o enrabietado final (literalmente, as últimas palabras)... deixa bastante mal sabor de boca.
JACOBO GONZÁLEZ 2º BACH
Eva Vernet Leyenda 2º BACH
ResponderEliminarNada é un libro que trata sobre a importancia que lle damos ás cousas, o valor que supoñen para nós. Os nenos protagonistas defenden o gran significado que posúen os obxectos que son importantes para eles fronte a outro neno que se empeña en dicir que nada ten sentido porque todo vai rematar, todos imos morrer. Por iso os nenos sacrifican estas posesións, para tentar facer que o rapaz pesimista cambie de opinión. Sen embargo, as súas intencións convértense nun xogo perigoso que termina con crueldade, porque ninguén quere que o obriguen a desprenderse do que quere.
O libro non me desagradou porque ten unha boa trama, sen embargo non é moi sorprendente xa que dende o principio sábese o que vai acontecer e iso provoca que non teña tanta emoción. O profesorado consideraba que deixaba un malestar ao rematar de lelo pero eu non sentín ese malestar, para min a experiencia foi a dunha lectura calquera, que non causa moita impresión porque como dixen antes, espérase todo.
Por unha parte, sobre o comportamento dos nenos hai que dicir que é un tanto surrealista porque compórtanse sen moito sentido común. Alguén cun pouco de cabeza sabería que o “xogo” se estaba pasando da raia. Ademais son moi agresivos e peléxanse de seguido. Sobre o neno pesimista, Anthon, paréceme curioso ese comportamento tan negativo para un neno da súa idade. Creo que se el cre que nada ten sentido, entón para el non debería ter sentido empeñarse en dicirlle aos demais que nada ten sentido. Non quere deixar aos demais ser felices e iso demostra un certo punto de maldade.
Por outra parte, Nada recordoume a un libro que lin xa fai tempo de Stephen King chamado a “Larga Marcha” e incluso a película de “La Ola”. No argumento non teñen nada que ver pero son parecidos no sentido de que xogan coa psicoloxía e os sentimentos do lector. Algunhas persoas o comparan co libro o “Señor de las moscas” pero eu aínda non lin esa obra polo que non podo opinar ao respecto.
En resumo, é un libro entretido pero que non se pode considerar como unha obra espectacular que deixará unha pegada na sociedade como outras o fixeron.
O libro "Nada" de Jane Teller pareceume unha moi boa elección para o club de lectura,xa que é un libro moi reflexivo e provoca que os seus lectores fagan un repaso pola súa vida e o sentido que ten.Tamén nos fai pensar ata onde pode chegar calquera de nosoutros por defender una idea ou por demostrarlle algo a alguén,aínda que neste caso non houbo límites e cando os quixeron pór xa era demasiado tarde. Penso que todo o que fixeron foi unha loucura,porque sexa polo que sexa non se pode chegar ao límite de desenterrar unha tumba,cortar un dedo,venderse a unha mesma perdendo a "inocencia",etc.Son cousas impensables,pero neste caso todo foi una cadea á que non souberon pórlle fin,o que comezou sendo un xogo de mozos rematou sendo unha desgraza coa morte de Pierre Anthon. Ademais todo o que fixeron só acarrexou cousas negativas,xa que perderon a súa amizade e incluso una das rapazas,Sofie,chegou a tolear. É un libro que recomendo tanto a maiores coma a mozos xa que é impactante.
ResponderEliminarYanira Pereira Ruibal 2º Bac.
O libro Nada de Jane Teller impactoume moito. A historia cóntaa Agnes, unha nena do grupo de amigos que participou na historia. Todo comezou cun simple xogo de nenos, elixindo significados materiais simples, pero co paso dos nenos ese significado aumentou ata chegar a extremos como o dedo dun rapaz, a perda da `inocencia´de Sofie etc. Ó final rematou sendo unha traxedia. No transcurso da lectura tiven que deixalo de ler porque me impactou a forma e o contido da narración.
ResponderEliminarPero tamén hai que agradecer que a xente conte desde todos os puntos de vista, xa que fai que a xuventude pense nos problemas da sociedade.
Macarena Silva Leyenda 2ºBACH
O libro Nada a verdade é que non me impactou tanto como esperaba. Eu esperaba unha historia máis intensa, algo que te fixera pensar máis pero a pesar de todo gustoume. Penso que este libro dános moito que pensar e demóstranos como a vida si ten sentido e que hai moitas cousas que nos axudan a demostralo.No libro cada neno reflexiona sobre o que máis lle importa e dáo a pesar das queixas e de todo para demostrar o sentido da vida. Polo que a min sime deu motivos polos que valorala e demostroume que, se buscas e pensas, encóntrase máis dun motivo que nos dá ese sentido que necesitamos para valorala.
ResponderEliminarDolores Martins Táboas 2º Bach
YAGO VICENTE GONZÁLEZ 2º BACH. A
ResponderEliminarPersoalmente, o libro deixoume en NADA. É certo que se trata dunha obra que en ocasións che fai reflexionar sobre certos aspectos da vida, dos que moitos teriamos que replantexarnos algunas cousas, como seguir certos patróns de vida aos que nos acostumbra a sociedade, como modas ou actitudes de intentar ser máis que os demais, e que ao final non non che deixan vivir de verdade. Pero o certo é que esperaba moito máis do libro…
Viña coa etiqueta de libro duro e que podía deixar una sensación de malestar ou pesimismo, pero o certo é que a min polo menos non me ocorreu, xa que as acción que levan a cabo os personaxes son, tanto menos, bastante absurdas. A isto hai que engadirlle que o libro faise moi cansino e repetitivo, sobre todo ao principio. Os sucesos fanse moi monótonos e non sorprenden.
Por outra parte, a actitude dos personaxes, é canto menos extraña e sen sentido ningún. Empezando polo nihilista Pierre Anthon. Se realmente non cree en nada, que fai enriba dunha árbore lanzando ameixas e transmitíndolle aos demais o seu pensamento? Iso xa é facer algo. Se realmente a súa vida non tivera sentido o máis lóxico sería deixar atrás o mundo e por punto final a ese sin sentido. Pero ademais da súa actitude surrealista, a dos demais personaxes non se queda atrás. Persoalmente creo que o ser humano é o animal capaz de realizar os obras máis terribles, como desgraciadamente se observa case todos os días ao redor do mundo, sen embargo creo que nin o ser humano máis estúpido do planeta se encerraría nun círculo vicioso e sen sentido como o que se presenta no libro. Non pola aparente crueldade, senón como anteriormente digo, pola súa tendencia absurda.
Realmente foi una obra na que tiña moitas expectativas e que me defraudou completamente.
"NADA" trátase dun libro impactante que reflexa a maneira de pensar dun adolescente que defende que a vida carece de sentido algún e pretende inculcárlle-lo seu pensamento ao resto dos seus compañeiros de escola. No libro reflíctese o comportamento humano e as consecuencias dos seus actos e pensamentos, así como as metas que son dispostos de alcanzar os personaxes co obxectivo de demostrárlle a Pier Antón que a vida ten significado e importancia.
ResponderEliminarRecomendo a lectura deste libro pero só a aqueles lectores que estén dispostos a ler unha novela chea de intriga e de accións fortes, non aptas para a xente sensible.
Víctor Fernández Pérez 2º BACH.A
Ismael Rivera Valverde 2º Bach A
ResponderEliminarAntes de comezar a leer o libro NADA de JANNE TELLER xa me imaxinaba o que sucedería ao longo da historía. Pierre Anthon decide deixar un dia o colexio e subirse a un ciruelo porque se decata de que nada importa, de que nacemos para morrer e nese corto periodo de tempo hai que disfrutar sen facer nada. Esta situación conleva que una pandilla de amigos fagan cousas impensables para cambiar a opiniòn do seu amigo como por exemplo cando se dispoñen a desenterrar unha tumba...unha das escenas do libro que mais me impactou polo feito de que eu se fose rapaz e ainda sendo mozo non seria capaz xa que non me veria capacitado fose polo que fose, para que o seu amigo se decate de que nesta vida todavía quedan cousas con significado. O comportamento destes rapaces e algo impensable xa que a cousa comeza como un xogo e termina no que todos ou eu, polo menos pensaba. O libro resultoume increible,apasionante e sorprendente. En resumo é emocionante.
Mélodi Valverde Martíns
ResponderEliminar"Nada" este é o título do libro recomendado para o club de lectura.
Pareceume un libro moi impactante, xa que fala dunha historia dun neno que nada lle importa e que para el nada é importante, isto fixome pensar e reflexionar moito sobre a finalidade dos humanos neste mundo.
Recoméndolle este libro as persoas que lles apeteza ver o mundo doutra perspectiva , pero se ten depresión ou ten os sentimentos a flor de pel mellor non, xa que é moi forte.
Jessica Leyenda da Silva
ResponderEliminarO libro "Nada" de Jane Teller, pareceume un libro moi interesante e impactante ao mesmo tempo, xa que me fixo ver como un neno cunhas iseas tan especiais e tan claras puido cambiar as de todos os seus compañeiros.
O final do libro é impactante e duro e todo isto acontece por unhas ideoloxías que o neno insiste en facerlle crer os seus compañeiros que nada merece a pena, xa que nacemos para morrer, e non merece a pena gastar o tempo facendo algo que non sirve de nada.
O libro proposto polo club de lectura, Nada, pareceume un libro realmente interesante, no cal se mostra ata o punto ao que poder chegar unha persoa por defender as súas crenzas. Os rapaces da escola de Pierre Anthon comezan a mostrarlle o significado ao seu compañeiro con cousas que non teñen moita importancia, pero ao final, faise un libro un pouco difícil de ler posto que en moitas partes tes que pararte a pensar sobre o que acabas de ler, coma por exemplo na parte na que a un dos rapaces lle cortan un dedo. Aínda así, foi un libro moi entretido que non puiden parar de ler ata acabalo, e é certo que coma dixo Cruz, ao rematalo non che deixa moi bo corpo.
ResponderEliminarClaudia Pereira González 2º BACH-A
O libro proposto este trimestre no Club de lectura, "Nada", pareceume un libro adecuado. A pesar de que obviamente para todos, ou para a maioría dos lectores, supuxo un forte impacto. Xa que nos reflexa a capacidade dun neno, neste caso Anthon, de corromper os ideais dos seus compañeiros, ata o punto de que éstes fagan loucuras ata chegar a tolear de verdade. Basándose na defensa de que nada ten sentido. O primeiro desta obra, resultoume un pouco aburrido, pero a vez que iba avanzando, soamente quería chegar ao final, a pesar de que xa se previña o que iba acontecer. Efectivamente, o rematar este libro, necesitei un tempo para asimilar todo o que nos decia, xa que demostra que a vida sempre ten sentido, por moi mala que sea a situación na que te atopes. Dentro de todo o malo sempre existe algo bo.
ResponderEliminarNon sabería definir este libro, nin sabería dicir se me gustou ou non. É certo que a lectura, a medida que avanzaba no libro, gustábame e intrigábame máis, pero tamén é certo que os acontecementos que nel pasaban cada vez eran máis desagradables.
ResponderEliminarOs personaxes do libro tiñan un propósito, e é certo que admiro como non se traizoan a pesar das barbaridades que estaban levando a cabo. Sorprende ver como o empeño por conseguir algo conleva a sacrificios como os que no libro se describen, pero ¿ata que punto isto é así? Eu estou segura que, tratándose dun grupo numeroso como era, habería algún que antes de facer o sacrificio se botaría atrás, acusaría a outro ou simplemente o comentaría con outra persoa coa que crese ter confianza é o segredo sairía a luz.
Por outra parte, tratándose de menores ¿como pode ser que o abandono das clases por parte de Pierre Anton non trouxo consecuencias?¿Como pode ser que iso só preocupe ao grupo de protagonistas e non a algún adulto? ¿Porque apenas hai consecuencias tras sair o segredo dos rapaces a luz? ¿E o papel dos medios de comunicación?
Estas preguntas, a min, danme para pensar tanto como a frase de Pierre Anton, a súa filosofía de vida.
Se de pensar se trata, o libro é estupendo, e sen dúbida non deixa boa sensación cando rematas de lelo, e por iso creo que o final está bastante apresurado, quero dicir, comparado ao resto do libro, o final é resumido e pouco detallado.
Iris Sestelo. Ciclo Animación.