27/4/12

AN ALFAYA, Vía secundaria

10 comentarios:

  1. Vía Secundaria de An Alfaya , é un libro moi interesante, unha boa elección para o club de lectura, xa que o libro é curto e a historia engancha a calquera que o lea.
    O libro comeza explicándonos a vida de un matrimonio, no que ela ten problemas co alcohol e el deixou de fumar. Parece que o home taxista de profesión ponlle a muller mais dificultades para poder deixar de beber xa que manten o minibar que ten en casa coas bebidas a man da muller.
    A historia conta como esta muller indo a traballar atropela a un can el logo ao seu dono que é un vello que tamen ia traballar. Todo o libro conta pois como ia transcorrendo a histroria que lle pasou a muller, a familia do vello e ao home da muller.
    O que maís me chocou da historia foi tanta coincidencia o final, xa que o home da muller que atropelara o vello e que logo morrera , a saida do vello do hospital e ó ser el taxista coincidiulle collelo no hospital para ir a casa e maís coincidencias.
    Pero apesar diso a historia gustoume moito , é unha historia que podelle pasar a calquera un de nos .
    Creo que foi unha boa elección e para o meu gusto , encantoume.

    Macarena Silva Leyenda 2ºBach

    ResponderEliminar
  2. O libro escollido neste terceiro trimestre para o club de lectura titulado "Vía secundaria" da autora An Alfaya, non me deixou indiferente. En primeiro lugar, podo dicir que foi un libro que me gustou e que tamén me enganchou desde un primeiro momento, pois pode que foran os títulos de cada capítulo que me incitasen a ler o que ía pasar despois. En "Vía secundaria" cóntanse varias historias distintas que nun punto determinado terminan uníndose debido a un accidente de coche. Todo comeza cando nun día chuvioso Nora vai traballar e atropella a un can e ao seu dono. Polas circunstancias mentais nas que se atopaba, decide fuxir e provoca así que Hilario o mecánico pense que foi él o causante do atropelo. A trama da obra gustoume bastante, aínda que o final pareceume un pouco fantástico pola morte de Nora, polo suicidio de Hilario ou a fuxida da filla de Anselmo, ademais de que o taxista que leva do hospital á casa a Anselmo é o propio marido de Nora. Son coincidencias que na vida real dubido moito que pasaran. Algo que tamén debo destacar é que ao final quedeime intrigada, pois gustaríame coñecer qué pasou con Anselmo.

    Andrea Pichel Rodríguez, 2º Bach A

    ResponderEliminar
  3. O libro desta vez non me agradou nada, pero non porque fose malo senón porque nos mostra a pouca falta de responsabilidade polos nosos actos. Ademais non me gustou nada esa falta de fortaleza para encarar os problemas dalgúns personaxes que incluso se suicidan. Pero débolle recoñecer que moitas das cousas que suceden non ocorren na vida cotiá como o tema dos cornos. Finalmente son impactantes as malas relacións que se atopan nel e a monotonía da vida que reflicten pero por motivos inexplicables ese día cambía radicalmente.

    Mª Elisabet Durán Del Río

    ResponderEliminar
  4. Javier Vidal

    Este libro de An Alfaya é moi entretido. Trata das casualidades da vida e de como nun curto período de tempo a túa vida pode porse do revés, esa é a historia do mecánico, que cre ter unha vida perfecta e só dúas semanas despois acaba por suicidarse. Gustoume do libro a relación entre as historias,é moi verosímil e ademais son casualidades moi curiosas. E pese a que as comparacións son odiosas, debo decir que Nada pareceume moito máis interesante pola súa mensaxe ca este libro. Via secundaria para min foi un mero entretemento

    ResponderEliminar
  5. Yanira Pereira Ruibal

    O libro "Vía Secundaria" de An Alfaya pareceume unha boa elección para o club de lectura. É un libro que provoca cavilacións sobre o destino humano, sobre como pode dar un xiro á vida dunha persoa en cuestión de pouco tempo. Neste caso, o suceso foi un atropelo a un can e o conseguinte intento de asasinato do seu amo, Anselmo, por parte de Nora,quen fuxindo rematou caendo por un terraplén e morrendo porque ninguén a salvou. Pero isto é soamente o principio, xa que a desgraza abarcou a máis xente: ao home de Nora, a repentina soidade de Hilario e ao seu suicidio(polo engano da súa muller co seu compañeiro), a Obdulia... Ademais disto, o libro está moi ben porque é curtiño e a súa lectura faise moi entretida coa narración da cadea de desgrazas xurdidas por mor dun atropelo.

    ResponderEliminar
  6. O libro escollido neste terceiro trimestre para o club de lectura titulado "Vía secundaria" da autora An Alfaya non me deixou indiferente. En primeiro lugar, podo dicir que foi un libro que me gustou e que tamén me enganchou desde un primeiro momento, pois poida que fosen os títulos de cada capítulo que me incitasen a ler o que ía pasar despois. En "Vía secundaria" cóntanse varias historias distintas que nun punto determinado terminan uníndose debido a un accidente de coche. Todo comeza cando nun día chuvioso Nora vai traballar e atropela a un can e ao seu dono. Polas circunstancias mentais nas que se atopaba, decide fuxir e provoca así que Hilario, o mecánico, pense que foi el o causante do atropelo. A trama da obra gustoume bastante, aínda que o final pareceume un pouco fantástico pola morte de Nora, polo suicidio de Hilario ou a fuxida da filla de Anselmo, ademais de que o taxista que leva do hospital á casa a Anselmo é o propio marido de Nora. Son coincidencias que na vida real sería dificil que se desen.

    ResponderEliminar
  7. Vía Secundaria de An Alfaya , é un libro moi interesante, unha boa elección para o club de lectura, xa que o libro é curto e a historia engancha a calquera que o lea. O libro comeza explicándonos a vida dun matrimonio, no que ela ten problemas co alcohol e el deixou de fumar. Parece que o home taxista de profesión ponlle a muller máis dificultades para poder deixar de beber xa que mantén o minibar que ten en casa coas bebidas a man da muller. A historia conta como esta muller indo a traballar atropela a un can el logo ao seu dono que é un vello que tamén ía traballar. Todo o libro conta pois como ía transcorrendo a historia que lle pasou á muller, a familia do vello e ao home da muller. O que máís me chocou da historia foi tanta coincidencia o final, xa que o home da muller que atropelara o vello e que logo morrera , a saída do vello do hospital e ó ser el taxista coincidiulle collelo no hospital para ir a casa e máís coincidencias. Pero apesar diso, a historia gustoume moito.

    ResponderEliminar
  8. O libro non pode estar mellor, e de ahí seguramente a súa eleción por parte do clube de lectura.
    An Alfaya, a través da súa obra, dános boa mostra de problemas que pese a que parecen ser algo normais na vida de moita xente, nalgúns casos chega ao extremo do suicidio por verse como algo que non se pode combatir nin con moita valentía. Foi o caso dalgúns dos personaxes desta obra que se viron decaídos moralmente, e foi este estado o que os levou a tal desesperación que chegaron a acabar coa súa propia vida.
    A historia é polo tanto unha degradación gradual do porvir dunha persoa que tan só ve os problemas individuais e quizáis non ve os que asolagan ao resto dos seus.
    É destacable ao longo da historia fenómenos deste tipo no que por uns motivos ou por outros, a xente se acabou quitando a vida ben para deixar de sufrir por certos problemas ou intentar evitalos nun futuro.
    Con todo, gustoume a elección deste libro, e máis nestes tempos que corren economicamente deprimidos e que fan caer a moita da poboación en depresións e cúmulos de estrés que por desgraza ao igual que no libro ás veces non rematan ben.

    ResponderEliminar
  9. Jessica Leyenda

    O libro de An Alfaya, ``Vía Secundaria´´, pareceume moi entretido aínda que non é do meu gusto literario, é un libro de relatos curtos no que a vida de todos os personaxes acaban tendo algunha relación, cada relato conta a perspectiva de cada personaxe e como vive cada un a súa vida e que influencia teñen coa súas respectivas familias.
    A historia trata dun acidente no que resulta ser culpable un home que non ten nada que ver e por culpa deste suceso ten problemas familiares e acaba coa súa propia vida, a verdadeira culpable deste acidente é unha muller alcoholica que perde a vida caendo por un terraplén sen recibir axuda de ninguén. O accidentado sobrevive ao acidente pero non pensa ser capaz de vivir en soidade xa que a súa filla abandoouno.
    O libro dalle verdadeira importancia ao destino, coma se este estivera escrito nas nosas vidas, xa que pode cambiar dun día para outro sen querelo, cando menos o esperas e aínda que penses que tes unha vida admirable.
    O libro está ben escollido para o club de lectura, non ten nada que ver co libro ``Nada´´, o único no que teñen relación, ou polo menos dende o meu punto de vista é a forma de ver a vida e o que fai realmente destino.

    ResponderEliminar
  10. Este libro en xeral gustoume moito, por como estaba disposto e organizado a historia, pero chegou un momento da obra, ao final, que xa me pareceu moi fantasioso, pois esas coincidencias, son moi raras na vida real. Tamen me gustou moito porque me fixo pensar que, cada suceso, por pequeno que sea, pode traer unhas consecuencias bastante grandes e desagradables.
    En xeral pareceme un libro moi bo para ler e recomendar, pois é un libro fácil de entender e que engancha.

    Lorenzo Dominguéz Dominguéz

    ResponderEliminar