8/11/17

2017-18 Primeira reunión

Iniciamos as actividades do Club de Lectura Lerias este curso e propoñemos como primeiras lecturas:

JORDI SIERRA I FABRA, As palabras feridas
HÉCTOR CAJARAVILLE, A caixiña dos rancores
CANALES E GUARNIDO, Blacksad (banda deseñada)

https://photos.app.goo.gl/hyT7tR1pD5JqpHaJ3


























X Xornadas dos Clubs de Lectura

Rematamos o curso coa xuntanza de clubs de lectura de toda Galicia, que se celebrou en Santiago. Un digno colofón a este intenso curso cheo de lecturas compartidas. Alí estiveron, ademais dos membros de clubs de lectura, un bo número de escritoras e escritores galegos e doutras procedencias, que dirixiron obradoiros relacionados coa poesía, narrativa, teatro, banda deseñada, guión cinematográfico e outros ámbitos culturais.
Sen dúbida, unha experiencia divertida e proveitosa, que agardamos poder repetir.

7/11/17

Roteiro literario de Ramón Cabanillas e Valle Inclán

As terras do Salnés servíronnos de escenario para ler algúns dos textos de Valle Inclán e de Ramón Cabanillas. Visitamos a Illa de Arousa, Cambados e Vilanova seguindo o percorrido literario e vital destes autores.
Imaxes para a lembranza
.https://photos.app.goo.gl/9da2hKsPRR6