20/5/09

Novela negra



A última proposta deste curso é a novela negra. Podes elixir entre a novela de Domingo Villar A praia dos afogados ou algún dos títulos de Mary Higgins Clark.

20/4/09

The curious incident of the dog in the night-time



Este libro do escritor Mark Haddon é a nova proposta para o club de lectura. Non te asustes, o libro foi escrito en inglés e se te ves con forzas podes lelo no seu idioma orixinal, senón non hai problema, podes elixir entre a traducción ao galego ou ao castelán.
Non esquezas deixar o teu comentario sobre o libro aquí no blog, e participar na reunión do club de lectura.

¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA!

26/2/09

FINIS MUNDI

Xa tes na biblioteca exemplares do novo libro do club de lectura, agora é o turno da Literatura castelá e a proposta é Finis Mundi de Laura Gallego.
Esperamos que vos guste.
Non esquezas deixar o teu comentario sobre o libro e participar na reunión do club de lectura.
¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA!

23/1/09

A CABEZA DE MEDUSA

O Club de Lectura comeza con este libro da escritora Marilar Aleixandre co que acadou o premio Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008.
¿A que medusa fai referencia o título?. Medusa é unha personaxe da mitoloxía grega de aspecto bastante terrorífico: na cabeza crecíanlle serpes en vez de pelo; e, se miraba directamente a alguén aos ollos, inmediatamente o deixaba petrificado. Non deixes de ler a información que sobre este mito aparece na páxina Apuntes de mitología e ver as súas diferentes representacións na arte que aparecen na mesma páxina.
Pasa axiña pola biblioteca e colle o teu exemplar.

Lembra que a reunión para falar do libro é o xoves 19 de febreiro, no segundo recreo. A cita é por suposto, na biblioteca.
Non esquezas deixar o teu comentario sobre o libro.

¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA!