2/7/18

Grazas por compartir as vosas lecturas!

Pero o mellor do Club de Lectura do IES Primeiro de Marzo sodes todos aqueles e aquelas que estades dispostos/as a ler para aprender, para divertirvos, para compartir as vosas lecturas e pasar momentos agradables falando de libros.
                                                           GRAZAS!


















Tesouros da literatura medieval: O Pergamiño Vindel

Aproveitando a oportunidade única de contemplar o Pergamiño coas cantigas de Martín Códax , visitamos a exposición no Museo do Mar de Vigo, adentrándonos no contexto histórico no que se escribiu. Oportunidade única da que tamén gozou o noso Club de Lectura.







Vinte mil leguas de viaxe baixo os mares de Jules Verne

Boas traducións de Baía (versión adaptada marabillosamente ilustrada) e de Irindo. Un clásico cuxa lectura puidemos gozar en galego e que espertou o interese por esta novela de aventuras entre varios/as dos alumnos/as do Club.
Un estupendo colofón á lectura foi a viaxe coa cámara subacuática do Nautilus, que nos amosou e nos fixo intuír algúns dos misterios subacuáticos da Ría de Vigo e das súas bateas.




















Os Megatoxos e a batalla de Rande de Anxo Fariña.


Escollemos esta lectura, xunto con Vinte mil leguas de viaxe baixo os mares de Jules Verne,  porque nos embarcamos nun emocionante roteiro literario a bordo do Nautilus, capitaneado pola tripulación de Ocean Secrets, que nos falou da Batalla de Rande, da riqueza da Ría de Vigo e das pegadas da viaxe do propio Jules Verne por esta ría.                     Para repetir!!!
 Despois visitamos a exposición sobre Jules Verne no Museo MARCO de Vigo







1/7/18

Os nenos da varíola de María Solar.

Aproveitando a posibilidade ofertada pola editorial de asistir a unha charla científico-literaria, decidimos ler esta novela, que resultou ser un dos libros que xerou maior número de críticas positivas. A pesar de ser unha lectura con pouca acción, interesou por tratar un tema de divulgación científica descoñecido pola maioría dos lectores, a través duns personaxes moi ben construídos e contextualizados.




12/2/18

Novas propostas:Os nenos da varíola; 4 xinetes

Co pretexto de asistir a un encontro coa escritora e xornalista María Solar, decidimos ler Os nenos da varíola, ademais de 4 xinetes de Anxo Fariña, autor que visitou o noso instituto o curso pasado e do que gardamos un grato recordo.


11/2/18

Encontro literario: Héctor Cajaraville

Motivadora e amena charla co escritor Héctor Cajaraville para falar da súa novela:
 O segredo da casa de Formoso.




Volvemos reunirnos en nadal (20-12-17)



Blacksad de Juan Díaz Canales como guionista e Juanjo Garnido como debuxante ; Palabras feridas de Jordi Sierra i Fabra e A caixiña de rancores de Héctor Cajaraville foron as lecturas que nos serviron para compartir imprensións nesta ocasión.

Tamén houbo recomendacións de lecturas como Cumbres Borrascosas de Emily Brontë ou Timantti de Rebeca Stones.






Nesta ligazón podes ver máis fotos: