16/5/13

Primeira reunión Cartas de inverno

A próxima será en Nigrán o 3 de xuño. Compartiremos xantar e falaremos de libros co Club de Lectura O niño do Brión.

2/5/13

Miguelanxo Prado, Ardalén

Novela gráfica: Cartas de inverno




Se xa liches o clásico de Agustín Fdez Paz, compara o teu punto de vista co de Antonio Seijas e goza dos debuxos deste xenial artista. Se aínda non liches a novela, os debuxos faranche compaña nesta misteriosa historia.

21/1/13

O curioso incidente do can a medianoite

A quen non lle apeteza ler Los juegos del hambre, pode optar por escoller este interesante e orixinal libro, contado desde o punto de vista dun neno autista. A ver que vos parece.

Los juegos del hambre

Nesta ocasión imos ler esta triloxía, a petición de moitas e moitos de vós.
A maioría empezaremos polo 1º libro, Los juegos del hambre. Pero varios/as lerán o segundo libro, En llamas e o terceiro, Sinsajo. Mesmo hai varios membros do club que xa leron os tres.
Esta lectura é axil e entretida, aínda que presenta un mundo inhumano, cruel e unhas relacións entre as persoas que nos darán moito que falar na reunión de posta en común da lectura, que vai ter o atractivo especial de que a imos realizar conxuntamente co club de lectura O niño do Brión do IES Val Miñor de Nigrán.