9/10/16

Dous dos libros máis exitosos do 2016

Logicómix e Escarlatina, a cociñeira defunta foron quizais as lecturas que espertaron máis interese este curso. O primeiro resultoulles moi atractivo a aqueles/as que teñen especial curiosidade polas matemáticas e a lóxica e o segundo foi divertido e fácil de ler por tratar o tema da morte, escapando de tabús, e polas súas suculentas receitas culinarias.

No 2016/17 seguiremos lendo, conversando sobre libros, lendo, viaxando, lendo, coñecendo, lendo,explorando, lendo,divertíndonos, lendo...

8/10/16

Roteiro literario Padrón, Rianxo, A Pobra do Caramiñal

Lemos  algúns dos poemas de Rosalía que máis nos gustaban nos xardíns da Casa da Matanza en Padrón, visitamos a casa do Poeta de Rianxo, Manuel Antonio, despois de recitar varios dos seus poemas diante do seu busto na beiramar. Lembramos a outros dous escritores rianxeiros, Castelao e Rafael Dieste realizando a lectura dalgúns dos seus relatos e partimos rumbo á Pobra do Caramiñal para atoparnos coa obra de Valle Inclán a través das súas Sonatas no mirador da Curotiña e coñecendo o interesante Museo Valle Inclán.

Roteiro literario por Santiago


Agradable  día guiándonos por Santiago con lecturas ambientadas nesta misteriosa cidade, ademais de visitar a biblioteca Ánxel Casal e o Museo do pobo Galego. Recollemos algunhas imaxes nesta ligazón


Lendo banda deseñada

Animado intercambio de pareceres sobre a lectura que cada un escollera (Cartas de inverno, Ardalén, Café Budapest, As serpes cegas, Enrugas...) . Interesantes apreciacións de moitos expertos/as lectores de manga que participan nas actividades do Club de Lectura Lerias.
Ademais comentamos  O diario de Ana Frank, que espertou moito interese nalgúns dos membros do noso club, pero resultou unha lectura moi dificultosa e demorada para outros.
Algunhas fotos neste álbum.

Encontro co Club de lectura O niño do Brión

Falamos da lectura en formato dixital, dos nosos libros e autores/as favoritos, da lectura compartida polos dous clubs (O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas) e doutros moitos temas grazas á participación de alumnas/os e profesores do noso Club de Lectura e do Club do IES Val Miñor de Nigrán.


O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas


Como nos gustou esta lectura!,  pero o final...
Esta novela deunos pé a conversar sobre a influencia das novas tecnoloxías e das redes sociais nas nosas vidas.
O corazón de Xúpiter

Visita a Ferreira de Pantón, Ribeira Sacra, Monforte e Pazo de Tor

Esta vez visitamos as fermosas paisaxes da terra Chá, lembrando a literatura do Poeta do Courel, Uxío Novoneyra, a obra de Lois Pereiro e  a de Manuel María, ademais de coñecer o Pazo de Tor, gozando do privilexio de ser guiados por outra monfortina, a nosa compañeira do Club de Lectura, a profesora Marga.
Picando nesta ligazón pódense ver algunhas fotos.