7/11/17

Roteiro literario de Ramón Cabanillas e Valle Inclán

As terras do Salnés servíronnos de escenario para ler algúns dos textos de Valle Inclán e de Ramón Cabanillas. Visitamos a Illa de Arousa, Cambados e Vilanova seguindo o percorrido literario e vital destes autores.
Imaxes para a lembranza
.https://photos.app.goo.gl/9da2hKsPRR6































Tamén nos acompañou Iria Misa

A escritora Iria Misa falounos do proceso de creación literaria e de cal é o camiño que segue unha obra ata que chega a publicarse. Animounos a ser incansables lectores e lectoras para poder chegar a escribir.
A súa novela Xa non estou aquí é un deses libros que incita a seguir lendo.

Algunhas fotos do evento














.

Falando de libros e literatura con Ledicia Costas

Enxeñosa, próxima e divertida. Un pracer compartir lecturas con Ledicia Costas.
Aquí tedes algunhas  fotos da visita.





















2016-17 : Lecturas, roteiros literarios, charlas con autoras...e moitas vivencias compartidas










Traballamos moito preparando as visitas de Ledicia Costas e Iria Misa, pero pagou a pena!
Jules Verne e as mulleres planta; Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas e Xa non estou aquí de Iria Misa espertaron o noso interese e foron lecturas realmente amenas. Libros moi recomendables.
Recollemos algunhas imaxes das nosas reunións. Para velas pica nesta ligazón

https://photos.app.goo.gl/0laJTG9YL9B422ek1