23/1/09

A CABEZA DE MEDUSA

O Club de Lectura comeza con este libro da escritora Marilar Aleixandre co que acadou o premio Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008.
¿A que medusa fai referencia o título?. Medusa é unha personaxe da mitoloxía grega de aspecto bastante terrorífico: na cabeza crecíanlle serpes en vez de pelo; e, se miraba directamente a alguén aos ollos, inmediatamente o deixaba petrificado. Non deixes de ler a información que sobre este mito aparece na páxina Apuntes de mitología e ver as súas diferentes representacións na arte que aparecen na mesma páxina.
Pasa axiña pola biblioteca e colle o teu exemplar.

Lembra que a reunión para falar do libro é o xoves 19 de febreiro, no segundo recreo. A cita é por suposto, na biblioteca.
Non esquezas deixar o teu comentario sobre o libro.

¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA!

15 comentarios:

  1. Libro interesante polo novidoso e actual do tema, de áxil lectura.
    Especialmente atractivas e ben seleccionadas as variadas citas introdutorias dos diferentes capítulos, que recollen a mentalidade machista e culpabilizadora da muller desde a literatura clásica, pasando pola biblia ata extractos de sentencias xudiciais recentes.
    En definitiva, un tema tan exasperante como a violencia exercida contra a muller a través da metáfora literaria da cabeza de Medusa á que pouca xente se atreve a ver de fronte.
    Cruz Domínguez, Galego

    ResponderEliminar
  2. Rubén Goce Rodríguez 4ºPDC
    A min gustoume o libro porque é actual, pero non me gustaron os temas das violacións:as dúas rapazas que violaron no monte ao saír do festival,o poema de Pondal,e tamén o tema de Medusa, que era unha rapaza que estaba nun templo en Minerva. O que lle pasou foi que como era moi fermosa,Minerva castigouna póndolle no cabelo serpes, a cara branca e non só iso se non que tamén a castigou con que non podía mirar aos homes porque senón quedaban de pedra.
    Eu creo que está moi ben ler o libro porque desta maneira vives a situación na que estaban as rapazas.No libro Mauricio metérase con Sofía e houbo un consello escolar porque a insultou e ao final expulsárono 3 días.Outro caso é o do noivo de Jessica que lle pegara a ela.
    Ao final do libro o caso de Sofía e Lupe volveuse a denunciar,pero viviron unha situación moi desagradable porque os seus compañeiros da clase metíanse con elas.A Jessica o seu padrastro violouna aos 12 anos.
    Todo o libro está relacionado coa violación.

    ResponderEliminar
  3. Daniel Martínez Fernández 4PDC

    O libro gustoume xa que é un libro que consegue enganchar dende o principio.

    A historia que conta é moi triste e dura. Todo empeza nunha festa de disfraces na que dÚas amigas non teñen como volver á casa xa que os taxis estaban ocupados.Dous rapaces universitarios ofrécense a levalas e elas, aínda que dubidan, aceptan.os rapaces parecía que estaban bebidos e nun momento do traxecto desvíanse polo monte,onde frean o coche e empezan a acosalas.As duas rapazas son violadas.Conseguen contactar cos pais e cóntanlles todo.Os pais dunha delas, Sofía, decide denunciar.os pais de Lupe non están moi seguros pero denuncian tamén.Fanlle recoñecementos médicos,declaran ante a policía.No instituto enteranse do ocorrido e os profesores e alumnos intentan que non lles afecte nada ás rapazas.Unha das rapàzas pasando polo corredor observa que, cando pasa ao lado dun alumno, dáse a volta e cuspe.Tamén ven a esta rapaz saíndo do baño das rapazas onde aparecen pintadas dicindo:" Lupe e Sofía putas",e un compañeiro de clase deste rapaz di que o escoitou dicindo que se foran violadas sería por algo.Este rapaz chamado Mauricio foi expulsado unha semana, moi pouco tempo.Lupe ante a presion retira a denuncia, pero sofía segue pese aos sobornos do pai dun dos violadores.Ao non aceptar os sobornos, estes alegan que foron consentidas.Lupe ao decatarse disto, decide volver a denunciar.Esta historia esta baseada no mito de Medusa unha muller da mitoloxía que foi violada e castigada.

    ResponderEliminar
  4. Sara Refojos Fernández 4ºPDC

    Gustoume o libro porque é moi interesante, pero por outro lado non me gustou porque trata de dúas violacions.
    O menos que me gustou da historia foi cando a nai dun chaval que violou a Sofía quería chegar a un acordo: que lle daba diñeiro para que a sua filla estudase nas mellores universidades se retiraba a denuncia. Pero a nai, como tiña que ser, non aceptou porque quería xustiza.
    O que máis me gustou do libro foi cando sofía e Rubén decidiron xuntarse e cando Jesica lle dixo a Sofía que ela tamén foi violada polo seu pai adoptivo durante dous anos.
    O libro recoméndoo por que fala de casos da vida que pasan e ten moita intriga .

    ResponderEliminar
  5. TAMARA SOLIÑO RODRÍGUEZ DE 2º DE BACHARELATO A.
    Paréceme un libro moi interesante e entretido de ler xa que trata temas da actualidade. Como se trata á muller e a violencia contra ela que se da agora en todas as partes do mundo. Animo a toda a xente a que lea este libro porque vale a pena.

    ResponderEliminar
  6. Alba Davila Santandrés 4º PDC

    Este libro gustoume porque é moi interensate, aínda que hai moitas traxedias como as violacións e os maltratos,pero aínda así gustoume. Recomendo que o leades, gustaravos.

    A parte que máis me chamou a atención foi cando unha rapaza chamada Jessica lle dixo a Sofía que ela tamén fora violada polo seu pai adoptivo durante dous anos .
    As partes que menos me gustaron da historia foron: cando a pobre Medusa, por ter sido violada, tivo que sufrir unha maldición e unha deformación da súa beleza e ver o seu pelo convertido en serpes,que foi o castigo que a a deusa Minerva lle impuxo. Tamén está a parte da violencia, os maltratos,que o sucedido saíse publicado nos periódicos e, por último, a parte na que a nai dun rapaz quere que quite a denuncia, a pesar de saber a violencia que o seu fillo exercera sobre Sofía .

    ResponderEliminar
  7. Patricia Dacosta Gonzalez 2º bacharelato
    O libro é moi interesante e entretido de ler.Fai como unha especie de reflexo do que lle pode ocurrer a unha rapaza violada.
    O mais chamativo do libro é como desenvolve a historia dende os distintos puntos de vista,tanto como a de Sofia, como os dos seus compañeiros de instituto.Tamen,é moi importante sinalar as atitudes dos seus pais que non se deixaron levar polos seus sentimentos de odio e rencor e déronlle todo o apoio a Sofia.
    Sen embargo,chama a atención a maneira que teñen algúns persoaxes como Mauricio,insinuando que "se unha rapaza vístese dun xeito determinado é porque quere provocar"dixando como culpable do ocorrido as rapazas.Aún por todas as demais insinuacións despetivas,Sofia saca o seu valor e o seu orgullo e loita contra todos estos comentarios,denunciando o ocurrido e non deixandose levar pola presión da sociedade.A violación,os insultos e o temor a ser rexeitada polos coñecidos, son un claro exemplo do debate interno que ten a rapaza violada e é o mesmo tempo un reflexo da actualidade.

    ResponderEliminar
  8. Ana González. 2ºBACH.

    Esta lectura foi moi amena. Gustoume moito xa que as protagonistas do son da nosa idade e é moi próximo a nós. A historia que trata pode concienciar a calquera xa que unha violación non é broma ningunha. Por desgraza a sociedade na que vivimos sinala, como nos conta no libro, as vítimas e non os verdugos.
    É unha historia moi triste e á vez bonita porque as protagonistas, Sofía e Lupe, teñen medo de enfrontarse ao seu problema ao que finalmente se enfrontan as dúas.
    Este libro recomendaríao porque presenta a vida normal de dúas rapazas de 18 anos, que un día se lle trunca. Sofía ten o apoio da súa familia, pola contra, a súa amiga non. Lupe un día decidiu retirar a denuncia contra o seu violador, Pedro. Sofía non compartía a mesma idea pero díxolle que o entendía que ela tamén sabía pola presión que estaban a pasar.
    Sofía namórase de Rubén, un rapaz da súa clase co que na festa de entroido estivo bailando. O rapaz sentiuse culpable da agresión xa que el dixéralle a Sofía que esperaba con ela a que conseguisen un taxi. Sofía quitoulle esa idea, os únicos culpables eran os agresores.
    Lupe namorouse do xinecólogo que as tratou o día da violación.

    ResponderEliminar
  9. Beatriz González Pérez 2ºA BACH

    A cabeza de Medusa conta a historia de Lupe e Sofía, dúas amigas que son vítimas dunha violación a noite de entroido . A partir dese momento a súa vida cambia radicalmente e téñense que enfrontar a todo tipo de críticas , comentarios ... que sobrelevaran coa axuda dos seus achegados . Paralelamente relátanse as historias de amor que xorden como consecuencia desa noite de troula , sendo a de Sofía e Rubén a principal .
    Recomendo a lectura deste libro porque me parece unha obra moi interesante e culta , xa que no transcurso da lectura aparecen mesturados textos traducidos do latín das " Metamorfoses " de Ovidio, así como textos periodísticos e incluso algunha cantiga . O meu episodio preferido do libro é cando ten lugar a celebración da festa de entroido , posto que nese momento aínda non se sabe como vai rematar a noite .
    A pesares de ser moi entretido , como xa citei antes , si que é certo que ás veces a autora utiliza un léxico un tanto difícil , cuxo significado tiven que procurar no dicionario .

    A obra pretende influír nos sentimentos do lector , mostrando as diferentes caras que teñen feitos tan horribles como unha violación , que ás veces non se denuncian por temor , vergoña ou por medo a represalias

    ResponderEliminar
  10. Patricia Dacosta González 2º bacharelato A

    A CABEZA DA MEDUSA é un libro moi interesante e entretido.
    O seu relato mostra a unha rapaza violada que quere intentar facer unha vida "normal" despois do sucedido.Intenta que non lle afecta á súa vida pero terá problemas no colexio e verase desanimada polo publicado nos periódicos.A protagonista Sofía ,xunto coa súa amiga lupe foron agredidas sexualmente por dous mozos descoñecidos tras unha noite de festa.
    O que me impactou foi a actitude dos pais, Elvira e Manuel, nunca perderon a serenidade e a compostura polo ocorrido e déronlle á súa filla moito apoio.
    O rechamante do libro foi a actitude da sociedade,insinuando dalgunha maneira que as responsables do acto foron as rapazas por ir vestidas dunha determinada maneira e facendo que pasara o ocorrido (unha visión un tanto machista). Pero o que realmente me chamou a atención foi como Sofía afrontou os feitos xa que nunca se deixou levar polo que pensasen as persoas.Recomendo este libro xa que é por dicilo dalgunha maneira un "reflexo" do que ocorre na actualidade coas rapazas agredidas e como son as súas vidas despois do ocorrido, mostrando o pensamento da sociedade.

    ResponderEliminar
  11. Montserrat Misa Durán 2ºA bacharelato

    O libro desconcertoume bastante, xa que me custou bastante lelo porque está escrito en galego lusista e non desvela como remata a trama. Tamén penso que dentro do tema que se trata, está moi ben buscada a información pero creo que a personaxe de Elvira (nai de Sofía) non é moi realista respecto a como se sentiría unha nai se violasen á súa filla. Así mesmo tampouco me parece acertada a actitude dos pais de Lupe, que non apoian á súa filla na continuidade da denuncia, así poñen en dúbida o realismo da violación e non frean as opinións da sociedade que non sabe a quen crer, se ós mozos que din que foi unha relación consentida ou ás rapazas. Tampouco desvela como rematan as historias de amor que xorden no libro nin responde ao misterio de quen escribiu as pintadas, se realmente foi Mauricio ou outro estudante do colexio. Esperaba que rematase doutra forma, de xeito máis claro.

    ResponderEliminar
  12. Eva Fernández Seijo 2ºA Bacharelato

    Pareceume un libro moi entretido, que te engancha dende o primeiro momento ainda a pesar de que na primeira liña xa che desvela o que vai suceder,o venres que ía ser violada...
    É facil de leer e o vocabulario é sinxelo.
    O tema da obra é a violación de duas rapazas novas,Sofía e Lupe, que despois dunha horrible noite de festa queren esquecer ese día queren seguir coa súa vida.

    ResponderEliminar
  13. Beatriz González Pérez 2º A Bach

    Na miña opinión este libro é innovador non polo tema que trata senón pola maneira na que o conta . O libro comeza desvelando a violación de Lupe e Sofía , sen embargo é intrigante ata a última páxina porque narra o calvario que viven as protagonistas por seren violadas e a marxinación social por parte dalgúns medios de comuncación e dalgúns compañeiros que denotan unha actitude totalemente machista . Gústame , que apareza mesturado co tema central ( a violación ) outros temas como o amor de Sofía e Rubén ou o pasado infeliz que agochaba Jessica . Mérece sen dubida o galardón que acadou e espero que o próximo libro do clube de lectura sexa tan entretido como este !

    ResponderEliminar
  14. A cabeza de Medusa é unha obra interesante. Non é como para considerala unha obra maestra, pero a forma de enfocar un tema tan presente na actualidade como é o caso das violacións resultoume moi fascinante: o feito de facer esa continua metáfora do que é a vida das dúas rapazas e do que supoñen esas violacións coa historia de Medusa, pois certamente gardan unha estreita relación.
    Outra cousa que resulta salientable da obra é que é moi dinámica; aparecen continuamente as noticias do xornal representadas como tal.. isto é como recortes da propia publicación ou imaxes adxuntas relacionadas co tema que dotan a historia de maior veracidade, case coma se se tratara dunha historia real.
    Pareceume tamén moi interesante o ambiente ou mellor dito, o mundo dos adolescentes creado pola autora; un mundo que é na realidade efectivamente tal como se mostra na obra; un mundo no que hay todo tipo de personas, neste caso todo tipo de adolescentes... os tópicos de sempre: o parruliño feo, o popular, o guapetón, os estudosos, os máis maduros, os máis inmaduros...tópicos si, pero que existen na vida real.
    Unha das cousas que mostra a hitoria e que eu resaltaría como ensinanza, xunto co feito de que débense denunciar todos os casos de violacións, non só por un mesmo senón por todas as persoas, é o feito de que ante as adversidades, as boas persoas, a pesar das súas diferencias, únense para loitar contra as inxustizas e finalmente a forza da amizade vence a calqueira adversidade, como ocorre finalmente no libro con Sofía, Lupe, Celia, Matías, Artur, Jessica e Rubén.


    Para rematar debo dicir que consideero A Cabeza de Medusa unha obra entretida e fácil de leer, coa que podes aprender moitas cousas de mitoloxía. Recoméndoa a todos os que estén interesados.



    Leyla.

    (Do blog de lingua castelá e literatura)
    Parabens por este espazo e polo club de lectura; paréceme unha actividade moi interesante.

    ResponderEliminar
  15. lin o libro e gustoume moito porque é un tema que sempre pasa. As violacións as mulleres son frecuentes por desgracia.
    Recomendollo a xente para que tamen saiba o que pasan as mulleres nas violacións.

    o blog esta moi ben presentado gustame e seguir pondo libros e cousas entretidas para o alumnado.

    ResponderEliminar