5/3/11

Paula Carballeira no IES Primeiro de Marzo

         Un público totalmente entregado escoitou as engaiolantes historias de medo
dunha das mellores narradoras orais galegas, Paula Carballeira. Esta actriz,
tanto de teatro como de televisión(actúa en series como Libro de Familia) ten
publicados varios libros, sobre todo de literatura infantil e xuvenil. Destacan
entre as súas múltiples obras, a peza dramática Boas noites, I Premio Manuel
María de Literatura Dramática Infantil e o máis recente O lobishome de Candeán,
novela que espertou o interese dun gran número de lectores, entre eles do
alumnado do IES Primeiro de Marzo de Baiona.

4 comentarios:

  1. A visita de Paula Carballeira no noso centro foi moi entretida.
    Ao principio, sinceramente, pensei que sería moi aburrido ter que escoitar unha charla, pero a verdade é que Paula era moi divertida e pasounos o tempo voando.
    Gustáronme moito as historia que contou e todas as anécdotas da súa vida coma escritura, xa que lle puña un punto de humor.
    En definitiva, gustariame que fixeramos máis actividades deste tipo.

    Lenice Hilario Gómez

    ResponderEliminar
  2. A charla con Paula Carballeiro encantoume, é unha señora moi simpática e agradable .Ao principio pensei que a charla non seria nada amena pero a forma de ser desa autora fixoia moi interesante e divertida. Ela contábanos historias sobre os vampiro os lobishomes , etc. Ademais falounos sobre o Lobishome de Candeán un libro seu que lin e recomendoo, tamén nos falou sobre a súa carreira artística e literaria.
    Gustariame que máis autores viñesen o noso instituto e nos contasen as súas experiencias e nos recomendasen algún libros publicados por eles.
    Miriam Álvarez Lomba

    ResponderEliminar
  3. A presenza de Paula Carballeira no noso centro foi unha experiencia moi interesante, pois é un luxo contar con visitas de bos escritores coma ela no instituto. Ademáis foi moi entretida porque non se limitou a falar do libro 'O Lobishome de Candeán' que lemos no club de lectura senón que relatou historias entretidas e curiosidades do mundo do terror. Por outra banda causou moi boa impresión pola súa simpatía e soltura, respondendo asimesmo ás preguntas que lle fixemos. Foi unha mágoa ter tan pouco tempo para escoitala. Espero que poidamos asistir a máis eventos como o de Paula ou Zapico no futuro.

    Luís Vilar Fernández.

    ResponderEliminar
  4. O que se pode pensar coma algo aburrido e tedioso nun principio, unha charla dun libro, pódese converter nunha apaixonante historia relatada non só por unha escritora se non que por unha contacontos e actriz de recoñecido prestixio na pequena pantalla galega. Mediante as súas bromas e chistes foi avanzando a hora de charla sobre “ O lobishome de Candeán” na que tivemos a oportunidade de conversar e debatir con ela aspectos tanto xerais coma concretos das suas obras así coma tamén escoitar unha animada historia curta. En toda a exposición maniféstase a súa calidade de contacontos que fai que pase voando o tempo e que toque o timbre, xa se sabe que todo o bó remata pronto. É moi interesante a oportunidade que temos para falar cos autores das súas obras xa que podemos decatarnos que os escritores non son extraterrestres, xente doutros planetas, se non que, é xente normal e corrente coma todos nós. Gustaríame que se repetira con outros autores pero con mais tempo xa que quedan verdadeiramente en nada.

    Ángel Vidal Vidal

    ResponderEliminar