20/5/09

Novela negra



A última proposta deste curso é a novela negra. Podes elixir entre a novela de Domingo Villar A praia dos afogados ou algún dos títulos de Mary Higgins Clark.

4 comentarios:

  1. Iria Cortés 2º Bach

    Pareceume moi entretido e moi fácil de ler, ademais enganchoume dende o principio xa que as historias de intriga son as que máis me gustan.
    Ata o final non fun que de predicir que fora o asasino nin que tiña o carpinteiro na historia, e levei unha gran sorpresa ó descubrirse que non fora Arias xa que eu pensaba que ía ser el o asasino.
    Á parte da busca dun culpable para o "suicidio" de Xusto Castelo, o inspector vese noutra historia, a enfermidade do seu tío e a relación co seu pai. Intrígame moito que foi o que lle sucedeu con Alba para que non a chame.
    Pareceume moi interesante o personaxe de Estévez, xa que é moi distinto ao inspector Leo.

    Recomendaría o libro a calquera persoa xa que é moi faciliño, e ó estar ambientado en Panxón e Vigo transmite unha proximidade que se imaxina con moita máis claridade.

    ResponderEliminar
  2. Pareceume un libro moi interesante e entretido. Aínda que ó principio semella moi longo, despois a súa lectura non resulta complicada, e non se tarda moito tempo en ler xa que a súa historia engancha moito. Pareceume un argumento moi interesante, ademais o autor mantén a intriga ata o final.
    A min nunca me chamaran a atención este tipo de novelas pero esta é moi entretida, ademais como a trama transcorre en Panxón e os arredores, todos os lugares resultan familiares e fai que mostres un maior interese pola lectura

    Iria Lores 2º Bacharelato

    ResponderEliminar
  3. O libro gustoume moito principalmente polo tema, o afogamento dun home que está lonxe de ser un suicidio, porque permite levar a cabo as propias pescudas para intentar resolver o caso. Tamén me gustou a forma na que vai enlazando outras historias coma a do "Xurelo" e a desaparición de Rebeca Neiras xa que así amplíase o cadro dos sospeitosos. Paréceme entretida xa que continuamente aparecen novas pistas, coma a macana do capitán e aparición dunha chave no mar, a bolsa de sal do Rubio, a brida verde, etc; que desbaraxustan todas as sospeitas formadas facendo a historia impredicible.

    Por outra banda, a pesar de estar investigando o asasinato do Rubio tras ser atopado na praia e sen sinais da súa barca, que aparecerá máis adiante no fondo do mar entre unhas pedras; é unha historia con bastantes momentos graciosos debido ó aragonés que é moi bruto e estráñalle o costume dos galegos de respostar formulando outra pregunta, ademais das diferenzas entre el e Caldas. Que ocorra en Panxón gustoume porque facilita o coñecemento do terreo e a historia parece máis real.

    Tamén me resultou cómico que o inspector tivese algo de sona polo seu programa de radio, que non me pareceu moi entretido, e como lle molestaba que a xente asubiase a melodía que lle puñan cando pensaba, posto que a el desconcentrábao.

    Non me gustou demasiado o comezo dos capítulos, na miña opinión os varios significados do título do texto están demais. Tamén me chocou un pouco que a historia se desenvolva lentemente e pase en poucos días, debido á obsesión do inspector polo traballo, ó contrario que o aragonés, que se molesta cando ten que espertar cedo, para despois botarllo en cara a Caldás e con retranca.

    Recomendo o libro porque é moi entretido e pódese ir intentar descubrir ó culpable mentres Caldas e Estévez van interrogando a xente de Panxón, Aguiño...


    Monse Soliño, 2º bacharelato

    ResponderEliminar
  4. Iago Carneiro Hermida

    A novela escrita polo autor Domingo Villar gustoume moito xa que é unha novela que engancha dende o principio e estás desexando terminala para coñecer quen foi en realidade quen matou a Xurxo Castelo, o Rubio.

    Un dos aspectos que máis me gustou da obra foi a personalidade do inspector Leo Caldas, xa que é un personaxe intelixente e ademais encántalle a súa profesión. Outro aspecto que me encantou da novela foron as historias secundarias da novela como por exemplo a relación do inspector con Alba.

    Sen embargo, o que fai realmente atractiva a novela é o asasinato do Rubio e as voltas que lle dá o autor para que nunca saibas quen pode ser en realidade o asasino.

    En conclusión, recomendo a lectura desta novela a todo o mundo xa que é moi entretida e persoalmente foi unha das mellores novelas policiácas que lin.

    ResponderEliminar