Xa tes na biblioteca exemplares do novo libro do club de lectura, agora é o turno da Literatura castelá e a proposta é Finis Mundi de Laura Gallego. Esperamos que vos guste.
Non esquezas deixar o teu comentario sobre o libro e participar na reunión do club de lectura.
¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA! ¡PARTICIPA!
Rubén Goce 4ª PDC
ResponderEliminarEste libro recoméndoo porque é moi divertido a medida que se vai lendo. O que custa mais é meterse na lectura ao principio. As primeiras páxinas son un pouco aburridas, pero unha vez que te vas metendo na lectura, gústache máis.
A parte máis divertida é cando encontran o segundo eixo e marchan a Britania no barco.
Aí pasan moitas aventuras interesantes.
A min resultoume entretido polas aventuras que tiveron que pasar Michel, Lucía, Mattius, Sirius e moitos máis.
Non me convenceu o final porque morre Michel, pero penso que está ben noutro sentido: polo que expresou Michel dando a súa vida pola dos demais. Non quería que se acabase o mundo.
É un bo libro.
Daniel Martínez Fernández 4PDC
ResponderEliminarFinis Mundi paréceme un libro moi interesante e entretido.
O principio é o menos interesante porque só se coñecen as personaxes e pouco máis. Cando se vai avanzando, vaise poñendo máis interesante e aumenta a intriga ata chegar ao final,que desde o meu punto de vista é o mellor do libro porque ten moita intriga e emoción.
Como xa dixen,a miña parte favorita é o final pola intriga é pola morte de michel para que a humanidade siga un milenio máis.
Sara Refojos Fernández 4ºPDC
ResponderEliminarGustoume moito o libro porque é moi interesante e ten moita intriga.
Agradoume principalmente o final porque o monxe se sacrificou coa súa vida para salvar todo o mundo e o xograr marcha coa nena Lucía.
O que menos me gustou foi cando lle atacaron os mouros e os Viquingos e cando o xograr desconfía de Lucía porque unha dama lle dixo que ela tamén pertencía á cofraría dos tres ollos.
Eu recomendo esta novela porque é moi interesante e ten moita intriga.