11/1/10

SEDA, Alessandro Baricco


Ola a tod@s e feliz 2010!

O club de lectura ponse en marcha. A lectura que te propoñemos é SEDA do escritor italiano Alessandro Baricco. Pasa pola biblioteca, colle o teu exemplar e a disfrutar.
Podes deixar os teus comentarios segundo vaias lendo.

9 comentarios:

  1. Seda conta a historia de Hervé Jancuor, un comerciante de seda francés que, trala epidemia que asolaba en toda Europa e en Asia aos vermes de seda, vese obrigado a facer unha viaxe a Xapón, país onde daquela os estranxeiros non eran benvidos. Nestas viaxes, o protagonista namórase dunha rapaza de rasgos non orientais que esta con Hara Kei, o home que lle vende os ovos de verme a Hervé. Esta rapaza é moi misteriosa xa que non chega a falar en todo o libro, non fala francés, sempre vai con Hara kei e non é oriental.
    Na cuarta viaxe, Xapón atópase sumido nunha guerra civil entre os que apoiaban a apertura da fronteira aos estranxeitros e os que non. Hervé atoparase co pobo de Hara Kei destruído o atopará a este emigrando co seu pobo. Hara Kei ameaza a Hervé de morte se volve.

    Esta Historia é entretida e fácil de ler pero non se pode evitar a sensación ao final de baleiro, de que falta algo, como por exemplo saber algo sobre a estraña muller que vivía en Xapón, como quen era ou que facía vivindo con Hara Kei, xa que o único que manifestou en toda a obra foi unha nota que lle deu a Hervé, escrita en xaponés.

    Por último, cabe destacar que este final facilita que cada lector poida figurarse na súa mente unha historia distinta sobre esta rapaza.


    Martín Silva Bermúdez 2º BAch. B

    ResponderEliminar
  2. Óscar Garrido Fernández.

    Seda é un libro que recomendaría a calquera persoa.O autor conta esta historia de forma que non dá tempo a que o lector se aburra , xa que transcorre con velocidade.
    É unha historia interesante e apaixonante. Trata dun home chamado Hervé Joncour que dedica ó negocio da seda de vermes. Este home vive en Lavilledieu , un pobo de Francia. Nun principio, Hervé Joncour trae a seda de Turquía , pero unha especie de virus comeza a afectarlle a todos os vermes de Europa. Polo tanto, Herve Joncour, que estaba asociado con Valdaviou , outro dos protagonistas do libro , decide ir a Xapón para importar os vermes desta illa. Nun principio a política desta illa era que ninguén estranxeiro puidsea entrar nela. Isto pouco a pouco vai cambiando. Pese a todo isto, Joncour decide viaxar a Xapón para comprar os vermes. Alí coñece a Hara Kei, persoa importante do pobo no que Joncour recollía os vermes e que os proporcionava a Hervé. Alí Hervé fíxase nunha muller branca e ela fíxase nel.Estes pasan a ter unha especie de relación amorosa , aínda que se viran moi pouco e pese a que Hervé estaba casado. Un día estoupa a guerra en Xapón polo que ir alí faise máis difícil. Joncour decide ir e atópase con que a vila está destruída. Atopa a un neno que o dirixe bosque adentro , alí estaban Hara Kei e a muller branca.Hara Kei dille que non volva e que se esqueza do Xapón , xa que esa non era a súa guerra. Finalmente Joncour recibe unha segunda carta escrita en xaponés , pero descobre que non é da muller branca , senón que é da súa muller , traducida por unha xaponesa.
    A muller de Joncour morre e este, 20 anos despois tamén , levando unha vida infeliz, de tristeza e soidade.

    ResponderEliminar
  3. PATRICIA PEREIRA SANTOS 2ºb BACH


    Como característica definidora do texto diría que é diferente,estraña,nunca lera un libro destas características.
    O libro trata do amor incondicional que sente unha muller polo seu marido ,sen importarlle que este estivese namorado doutra.
    O protagonista,fillo de alcalde,dedicábase o comercio de ovos de seda.
    Como os ovos do seu pobo estragáranse debido a unha plaga, comeza o negocio co Xapón,onde coñece a muller dun importante empresario.
    Este queda prendida dela e cada vez que regresa desexa vela, apesar de estar casado.
    Trala morte da súa muller, descobre que ela lle escribíra unha carta na que se facía pasar pola súa namorada do Xapón. Polo que, aínda que tarde, se deu conta do amor incondicional que sentía a súa muller por el.

    Trátase dun libro sinxelo de ler, debido ó seu vocabulario simple e moi rápido.

    Eu recomendo esta lectura a todo o mundo que estea buscando algo fóra do habitual

    O que non me gustou do libro foi que, en cada viaxe que facía Hervé(o protagonista), cóntase por onde ía.Parece unha parte que se debería omitir.

    En xeral ,non estivo nada mal

    ResponderEliminar
  4. Anxo Cedeira García 2º Bach


    O libro recoméndoo a todos os alumnos e alumnas aos que lles guste a lectura, pero a partir dunha certa idade xa que, na parte final, describe con demasiados detalles a relación sexual entre o protagonista e unha muller occidental sen rasgos occidentais nunha carta que ó final fora escrita pola muller. Persoalmente gustoume o libro, máis que nada pola forma de escribir do autor. Ten un estilo sinxelo pero coidado, sen excesivo uso de recursos literarios. O libro conta as viaxes de Herve Joncour para mercar ovos de vermes de seda en Xapón. Nas viaxes namórase dunha rapaza sen "rasgos occidentais e con cara de rapariga".
    En conclusión, paréceme unha historia que merece a pena ler, incluso para os non afeccionados á lectura debido á súa brevidade e curta extensión.

    ResponderEliminar
  5. TANIA RODRÍGUEZ BRAGA 2º BACHARELATO.


    Por riba de todo, Seda é unha novela moi novidosa. Podería dicirse que é a típica historia de amor e desexo, e non obstante é moito máis ca iso. A descrición que o autor fai das viaxes, dos personaxes e dos sentimentos é realmente interesante e invitan a continuar descubrindo ese mundo que xira en torno aos vermes de seda. Ese é outro aspecto importante. A temática principal, o contexto elixido para relatar eses acontecementos.
    Realizando un comentario máis polo miúdo do desenvolvemento da acción,na miña opinión a historia ten o que eu chamaría un movemento bipolar que aparece representado por lugares e personaxes que se corresponden e que ao mesmo tempo resultan antagónicos. Xapón e Lavilledieu, a misteriosa rapaza que tanto atrae ao protagonista polo cadro de misterio que a envolve e por outra banda a súa muller Hélène que representa a vida tanxible, cotiá, sen complicacións... Hara Kei e Baldabiou.
    Se tivese que quedarme con algo de todo o libro sería coa postura da muller de Hervé Joncour. Esa preocupación continua por el, ese amor infinito e ese desexo de ser ela esa misteriosa muller que case enfeitizou o seu marido, a carta que escribe facéndose pasar por ela...
    Impresionoume o final, foi sen dúbida o que máis me gustou; descubrir que a verdadeira creadora da carta era a propia Hélène.

    ResponderEliminar
  6. Mara Barreira Villasanta 2º BACH

    O libro gustoume moito porque foi moi sinxelo de ler á vez que moi rápido.
    O que máis me sorprendeu, sen dúbida, foi descubrir que as cartas que recibía Hervé Joncour non eran da muller do Xapón que el pensaba,senón da súa propia muller,que como Madame Blanche dicía,a Héléne teríalle gustado ser esa muller que el desexaba tanto.
    Penso que o amor que Héléne sentía por Hervé era tan grande que nin sequera se amosou enfadada en ningún momento co seu marido,ela o único que quería era compracelo.
    O que non entendín moi ben foi cando Baldabieu marcha e Hervé Joncour queda a cargo das empresas, por que llas cede a ese home que tiña tres fillas? comenta que unha delas chamábase Inés, e resulta que se falaba de que Baldabieu marchara a Santa Inés,pero non sei se ten algo que ver.
    O final do libro foi un pouco triste coa morte de Héléne,a vida que leva Hervé Joncour é moi triste,pero como dixen antes,cada vez que lía algo sorprendíame máis que o anterior,sobre todo no final que é onde se sacan todas as conclusións.

    ResponderEliminar
  7. Jennifer Garzón Expósito

    A historia narrada pareceume bastante orixinal e o estilo do autor novidoso. As continuas repeticións, volvendo ao mesmo punto de partida, eran unha técnica que me resultou novidosa.
    En canto a historia de amor entre Hélène e Hérvé Joncour paréceme apaixonante a pesar da infidelidade cometida por el; o respecto e o amor son enigmáticos. Ela, a pesar de sentir que non era tan querida como a xaponesa que non tiña os rasgos orientais, foi capaz de compracer ó seu marido coa carta facéndose pasar pola aquela muller da que se namorara o seu marido.
    A historia dos vermes, a súa busca e a industria era un negocio do que non tiña constancia e parece un traballo dificultoso, aínda que puido manter a unha vila enteira no seu período de esplandor.
    O final da historia foi bastante triste pero a esencia de Hérvé veuse reflectida no detalle de ofrecer traballo cando se sentiu culpábel pola perda dos gusanos, cometeu erros pero a súa dedicación como o interese que amosaba cos paxaros, era entrañable.
    Finalmente recomendaríallo a unha persoa á que lle guste unha historia de amor apaixonante, sinxela a estrutura dos libros e rápida.

    ResponderEliminar
  8. Bernardino Alfonso Rodriguez

    Seda é un libro moi sinxelo de ler , xa que que é moi curto, as descricións dos ambientes nos que se desenvolve a acción é tan detallada que, ás veces, semella que podes tocar o que están describindo. É un libro de amor.
    Hervé Joncour era un soldado francés que por unha proposta de Baldaviou comezou a vender vermes de seda.
    Comezou indo ás costas africanas, pero debido a unha epidemia, tivo que ir a Xapón.
    Hara Key esperábao rodeado de vasalos e cunha muller nas súas pernas.
    Hervé Joncour fixo 4 viaxes a Xapón xa que quedou prendado dunha moza non oriental.
    Esta deulle unha carta mentres se bañaba e el levouna a traducir a madame Blanch, que era unha xaponesa que tiña un burdel,a carta poñía "regresade ou morrerei.
    Finalmente a muller de Herve Joncour (Helene)morre e, cando recibe unha segunda carta da moza non oriental, vai de novo a xunto de madame Blanche e esta dille que a súa muller xa fora a xunto dela antes de morrer para traducir a carta.

    ResponderEliminar
  9. Macarena Silva Leyenda

    A O libro Seda de Alessandro Baricco é moi sinxelo de ler , xa que é moi curto e a historia que conta fácil de seguir. Conta a historia dun home chamado Hervé Joncour que traballa con vermes de seda e encárgase de crialos e compralos, nunha época en que os vermes de seda no lugar donde vivía xa non producian os beneficios que buscaban, tivo que viaxar a Xapón. O seu xefe mandouno a el por ser o máis experimentado , viaxe que repite ata catro veces o longo do libro. Nas súas viaxes o home atopábase con Hara Key; cada vez que se atopaba na súa casa, vía unha muller moy fermosa e comezou a namorarse dela ata que unha noite tiveron un encontro amoroso. Hai que recalcar que Herver tiña unha muller en París chamada Helene, unha muller tal e como describe o autor moi fermosa e que facían unha parella normal. Na última viaxe a muller fixo todo o posible por que non se fora porque en Xapón estaban en guerra.Ccando chegou ao seu destino, viu todo o desastre.

    ResponderEliminar